Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.618

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/64).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. Touriñao de Abaixo.

Situación: Betanzos.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al, de 776 m de lonxitude, coa orixe no apoio existente no tramo de liña desde C.T. Caraña de Arriba e C.T. Tiobre e final no C.T. Touriñao de Abaixo, para instalar. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 160 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Touriñao de Abaixo, con saída de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 16 m e aérea sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 984 m de lonxitude. Concello de Betanzos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña