Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio ambiental, a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución do proxecto modificado do Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros, situado nos concellos de Forcarei, Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense). (Expediente 00/3-0 EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Sistemas Energéticos Candán, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

Estudio ambiental, autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións que comprende o proxecto modificado do Parque Eólico Ameixeiros-Testeiros.

Peticionario: Sistemas Energéticos Candán, S.A..

Enderezo: avda. do Cruceiro, 201 A; 15705 Santiago de Compostela.

Lugar: Forcarei, Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense).

Localización das posicións dos aeroxeradores:

V(567.198,923, 4.711.635,096),

V(567.149,935, 4.711.780,282),

V(567.083,228, 4.711.909,048),

V(567.073,815, 4.712.102,165),

V(567.000,400, 4.712.229,647),

V(564.698,313, 4.715.005,872),

V(564.624,839, 4.715.082,031),

V(563.972,243, 4.712.886,219).

Características técnicas do proxecto modificado do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 8.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 5,28 MW.

-Tipo de aeroxerador: G47-660 de Gamesa Eólica.

-Producción neta anual estimada: 2.948 horas/ano.

Faise público para coñecemento xeral que se poderá examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas, nesta dirección xeral sita no edificio administrativo San Caetano - bloque 5 - 4ª planta, 15781 (Santiago de Compostela) o ben nas delegacións provinciais da Con

sellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, no prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio.

O estudio ambiental correspondente ás instalacións do proxecto do Parque Eólico Ameixeiras-Testeiros poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra e Ourense e concellos de Forcarei, Lalín (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ou delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Ourense, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o dito prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas