Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a solicitude de aproveitamento das augas minero-medicinais e termais do manancial denominado Río Caldo, número 60, sito no concello de Lobios (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Ourense, dá a coñecerse que Gestión de Balnearios, S.L. solicitou o aproveitamento das augas minero-medicinais e termais do manancial denominado Río Caldo nº 60 sito no termo municipal de Lobios (Ourense), cun perímetro de protección do que a súa designación, para a zona máis ampla, está determinada pola unión dos seguintes vértices expresados en coordenadas xeogáficas:

XY

18º 6' 32,7145''41º 52' 36,8599''

28º 5' 32,0210''41º 52' 46,1115''

38º 5' 27,1844''41º 52' 4,7335''

48º 3' 44,4266''41º 49' 21,2714''

58º 6' 55,2849''41º 48' 52,5666''

68º 7' 45,9458''41º 48' 36,9040''

78º 9' 41,3128''41º 49' 23,3175''

88º 8' 30,6650''41º 50' 56,8889''

98º 7' 25,5842''41º 51' 40,7203''

As actividades que se pretendan levar a cabo nas respectivas zonas perimetrais estarán suxeitas ás limitacións que se establecen no Decreto 116/2001, do 10 de maio (DOG do 28-5-2001).

O que se fai público, para que os interesados e en particular os propietarios de terreos, bens e dereitos comprendidos no perímetro, poidan obxectar ante esta delegación provincial o que consideren no prazo de quince días.

Ourense, 13 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense