Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de aprobación da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/25-2, 5917 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de aprobación da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Caspicón, Valdomar, Casdevil e Laxiña.

Situación: A Peroxa, Nogueira de Ramuín, Pantón e Carballedo.

Descricións técnicas: R.B.T.A. á Granxa, A Laxiña, Casdemoure e O Vao con 851 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo