Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/22-2, 6006 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. en r/ Calvo Sotelo, 176.

Situación: Sarria.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV, con 0,02 km de lonxitude, conductor tipo R.H.Z., con orixe na L.M.T. a C.T. Calvo Sotelo e final no C.T. proxectada Calvo Sotelo nº 176. C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo