Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.522

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 7 de abril de 2003 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios esenciais relativos á sanidade na Comunidade Autónoma de Galicia, durante as dúas folgas convocadas o día 10 de abril, de dúas horas nas xornadas de traballo do día 10 de abril, formalizada polas organizacións sindicais UGT e CIG; e na folga prevista a partir das 22 horas de día 9 de abril e ata as 22 horas do día 10 de abril de 2003 formalizada polas organizacións sindicais CNT e CGT.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1998, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia santaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocadas as folgas seguintes:

-Polas organizacións sindicais Unión Xeral de Traballadores de Galicia (UGT-Galicia) e Confederación Intersindical Galega (CIG), que afecta o conxunto das actividades públicas e privadas do sector sanitario de Galicia, cun horario para os traballadores a quendas:

1. Primeira quenda: as dúas últimas horas da quenda (desde as 13 ata as 15 horas).

2. Segunda quenda: as dúas primeiras horas da quenda (desde as 15 ata as 17 horas).

3. Terceira quenda e resto de quendas: as dúas primeiras horas da quenda (desde as 22 ata as 24 horas).

Para os traballadores con xornadas de traballo continuadas, a folga desenvolverase durante as dúas últimas horas da xornada; para os traballadores con

xornadas de traballo partidas, a folga desenvolverase durante as dúas últimas horas da xornada de tarde.

-Polas organizacións sindicais Confederación Nacional de Trabajo (CNT) e a Confederación General de Trabajo (CGT) de Galicia que afecta ó conxunto das actividades públicas e privadas do sector sanitario de Galicia no horario de 24 horas que van desde as 22 horas do día 9 de abril ata as 22 horas do día 10 de abril de 2003, outorgada audiencia ó comité de folga, o conselleiro,

DISPÓN:

Artigo 1º

As folgas xerais de vintecatro e de dúas horas, convocada a primeira desde as 22 horas do día 9 de abril de 2003 ata as 22 horas do día 10 de abril, e a segunda de dúas horas por quenda de traballo do mesmo día 10 de abril, en horario descrito anteriormente, afectando o persoal dos centros con prestación asistencial seguintes: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, C.H. Juan Canalejo-Marítimo de Oza, C.H. Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos, Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela, Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol, F.P. Hospital de Barbanza, Instituto Galego de Medicina Técnica, Hospital Juan Cardona, Empresas de Transporte Sanitario Programado, Centro de Transfusións de Galicia, Centro Oncolóxico de Galicia, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, F.P. Virxe da Xunqueira, F.P. Hospital do Salnés, C.H. Xeral-Calde, Hospital Comarcal de Monforte de Lemos, Hospital Comarcal da Costa (Burela), Xerencia de Atención Primaria de Lugo,

C.H. de Ourense, Hospital do Barco de Valdeorras, Xerencia de Atención Primaria de Ourense, F.P. Hospital de Verín, Hospital do Meixoeiro, C.H. de Pontevedra, C.H. Xeral-Cíes, Hospital Nicolás Peña, Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (Área Norte e Área Sur), Hospital da Cruz Vermella de Vigo, POVISA, e demais centros e institucións sanitarias privadas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán entenderse condicionadas ó mantemento dos servicios mínimos segundo os criterios que se dispoñen nesta orde, que comprenden ámbalas dúas convocatorias de folga.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la axeitada cobertura dos servicios esenciais de asistencia sanitaria nos centros sanitarios, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible a doentes hospitalizados, así como a atención urxente e permanente ós usuarios, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, poden establecerse os seguintes criterios

rectores na determinación do persoal necesario para o mantemento dos servicios esenciais:

Criterios rectores:

I. Servicios mínimos que garantan o persoal necesario para a cobertura da atención urxente e permanente e as emerxencias do 061. (Anexo I).

II. No transporte sanitario programado:

1. Unha cobertura do 100% respecto á atención urxente.

2. Unha cobertura do 100% dos traslados desde as urxencias do hospital para ingresos no servicio correspondente.

3. 100% dos servicios de transporte para diálise.

4. 100% do transporte de pacientes ingresados para ingreso noutros hospitais.

5. 100% de pacientes hospitalizados para realización de probas diagnósticas.

6. Os traslados para tratamentos oncolóxicos, altas hospitalarias, consultas externas, probas en pacientes ambulatorios e rehabilitación cubriranse en caso de que o paciente necesite padiola, cadeira de rodas ou requira apoio terapéutico.

III. No Centro de Transfusións de Galicia os servicios mínimos necesarios para o mantemento do abastecemento sanguíneo en toda a Comunidade Autónoma. (Anexo II).

IV. Nas institucións sanitarias públicas e privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para a prestación de asistencia sanitaria, os criterios de determinación do persoal para a cobertura dos servicios mínimos será a seguinte:

A) Persoal facultativo dependente de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxica inaprazable no seu ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Cobertura da actividade cirúrxica dos doentes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida dos mesmos ou agraven o seu estado de saúde.

III. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos doentes hospitalizados e as altas clínicas.

IV. No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos doentes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos doentes desprazados.

V. Garatirase a dispensación de medicamentos e de productos sanitarios, que ó criterio do facultativo sexan necesarios.

VI. Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiren ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarias.

B) Persoal facultativo dependente das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase con base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

C) Persoal sanitario non facultativo de atención especializada:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que requiran intervención cirúrxicas inaprazables no ingreso.

-Atención ós paritorios.

II. Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos doentes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III. No ámbito de consultas estableceranse mínimos nun dobre ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

IV. No ámbito dos servicios centrais, garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós doentes hospitalizados que, a criterio do facultativo, sexan necesarios.

V. Garantirase a dispensación de medicamentos e productos sanitarios.

VI. Unidades especiais: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes.

D) Persoal sanitario non facultativo dependentes das xerencias de atención primaria:

I. Cobertura do 100% da actividade urxente.

II. Os servicios mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención, prestarán asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación. A determinación dos efectivos realizarase en base nos tramos seguintes:

-En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce profesionais: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 profesionais: 4 efectivos.

E) Persoal non sanitario de atención especializada e atención primaria:

I. Urxencias: o 100% do persoal non sanitario.

II. Área de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó de domingos ou festivos.

III. Área de admisión de atención primaria:

a) Atención primaria:

-En centros con catro ou menos facultativos: 1 efectivo.

-En centros con cinco a oito facultativos: 2 efectivos.

-En centros con nove a doce facultativos: 3 efectivos.

-En centros con máis de 13 facultativos: 4 efectivos.

b) Atención especializada:

Servicio de admisión e arquivo de atención especializada: un número equivalente ó de domingos ou festivos.

IV. Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó doente que o requira, cun mínimo dun efectivo por centro e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

V. Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención ó doente que o requira, cun mínimo dun efectivo e ata un máximo do 50% dos efectivos en cada quenda.

VI. Servicios de mantemento: un número equivalente ós domingos ou festivos.

VII. Servicio de lavandería e lencería: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

VIII. Limpeza: ata o 50% dos efectivos en cada quenda.

IX. Hostalería: un número mínimo igual ós domingos ou festivos, ou ben un 60% dos efectivos en cada quenda, en función do tamaño das prestacións dependentes de hostalería en cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio, servirase, con carácter xeral, un único menú ós doentes que non requiran dieta médica especial.

X. Conductores: o mesmo número de efectivos cos domingos ou festivos, cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

XI. Servicios administrativos:

-Información: o número de profesionais necesarios para garanti-la debida información ós pacientes.

-Persoal: o número imprescindible para garanti-las incidencias e xestións derivadas da folga e como máximo ata o 40% dos efectivos en cada quenda.

-Subministracións: o número imprescindible para garanti-los pedidos urxentes e ata un máximo do 25% dos efectivos en cada quenda.

-Almacén: un número imprescindible para a xestión do almacén e ata un 25% dos efectivos en cada quenda.

-Contabilidade: un número imprescindible para as xestións urxentes e ata un 25% dos efectivos en cada quenda.

XII. Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente ós domingos ou festivos.

Efectivos:

A determinación dos profesionais necesarios con base nos criterios anteriores farase en cada centro por categoría profesional e a súa fixación debe estar adecuadamente motivada. A xustificación debe constar no expediente de determinación de mínimos de cada centro e debe exteriorizarse axeitadamente para xeral coñecemento dos destinatarios. Deberá quedar constancia no expediente os factores ou criterios dos cales a súa ponderación conduce a determina-las prestacións mínimas.

Os profesionais necesarios para a cobertura dos servicios mínimos deberán ser publicados nos taboleiros de anuncios de cada centro, con antelación ó inicio da folga.

Con tales premisas, no anexo III desta resolución, determínanse por grupos profesionais e institucións sanitarias públicas, e privadas con poboación vinculada, o número de efectivos de servicios mínimos para cubri-las xornadas de folga. As empresas ou centros non contidos en dita relación determinarán os servicios mínimos de acordo co disposto no artigo 6 desta orde.

Os efectivos determinados para a cobertura da folga que abarca as xornadas de traballo do día 10 de abril servirán para cubri-la xornada de folga de dúas horas de duración nesas mesmas xornadas por mor da súa concorrencia no mesmo tempo que fai innecesaria a deteminación separada de servicios mínimos.

Artigo 2º

A designación nominal, que deberá recaer nos profesionais de xeito rotatorio, será determinada polo director-xerente do centro e notificada ós profesionais designados.

O profesional designado como servicio mínimo que dará cobertura ás dúas folgas que desexe exerce-lo seu dereito de folga, xa sexa na xornada completa de folga como na xornada de dúas horas, poderá insta-la substitución da súa designación por outro profesional que voluntariamente acepte o cambio de maneira expresa.

Artigo 3º

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo, así como os expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro, serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1º do Real decreto Lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Artigo 6º

As empresas privadas autorizadas pola Consellería de Sanidade, que prestan servicios no ámbito da sanidade de Galicia, deberán fixa-lo persoal necesario para garanti-la prestación de recoñecida e inaprazable necesidade de acordo cos criterios e demais disposicións determinados nesta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2003.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias (1*)12+2(1*)12+2(1*)9

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias997

Persoal non sanitario

Servicios centrais6

Outros (2*)7+4 (2*)7+3 (2*)5+(2*)

Outros (3*)206206200

1(*) Ós doce traballadores da quenda de mañá hai que sumar outros dous, un deles na quenda de 10 a 15 horas e outro de 10 a 18 horas.

Ós doce traballadores da quenda da tarde hai que engadir outros dous, un deles en quenda de 15 a 23 horas e outro de 18 a 1 horas.

2(*) Persoal indirecto da Central de Coordinación (telemárketing). Ós sete traballadores da quenda de mañá hai que engadir outros catro, un deles en quenda de 8 a 16 horas, dous de 10 a 16 horas, e un máis de 10 a 17 horas. Ós sete traballadores da quenda de tarde débese engadir outros tres, dous deles de 16 a 24 horas, e un máis de 17 a 24 horas. Ós cinco traballadores da quenda de noite hai que sumar outros dous de 22 a 2 horas.

3(*) Persoal indirecto das bases (técnicos de transporte sanitario e pilotos). Suman un total de 406 persoas: nas 100 ambulancias hai 2 quendas de 2 persoas cada unha, total 400; nos 2 helicópteros hai 3 persoas en cada quenda, total 6 persoas.

ANEXO II

Fundación Centro de Transfusións de Galicia

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Responsables área2

Hemodoazón1016

Persoal sanitario non facultativo

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Control calidade11

HLA21

Criobioloxía11

Procesamento211

Fraccionamento331

Hemodoazón1725

Persoal non sanitario

Administración71

Promoción1

Hemodoazón79

ANEXO III

Provincia da Coruña

Centro: Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias1096

Área cirúrxica522929

Área clínica452121

Servicios centrais241412

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias191916

Área cirúrxica25139

Área hospitalaria223158115

Servicios centrais462812

Consultas12

Unidades especiais544537

Persoal non sanitario

Urxencias886

Área cirúrxica121

Área hospitalaria312517

Servicios centrais1084

Outros61565

Centro: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias786

Área cirúrxica403333

Área clínica753737

Servicios centrais251111

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias323123

Área cirúrxica792912

Área hospitalaria164127102

Servicios centrais531910

Consultas620

Unidades especiais846657

Persoal non sanitario

Urxencias10108

Área cirúrxica852

Área hospitalaria141111

Servicios centrais98597

Centro: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias432

Área cirúrxica191313

Área clínica1588

Servicios centrais1133

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias666

Área cirúrxica633

Área hospitalaria514133

Servicios centrais1044

Consultas123

Unidades especiais1277

Persoal non sanitario

Urxencias448

Área cirúrxica21

Área hospitalaria64

Servicios centrais54326

Centro: Fundación Pública Hospital da Barbanza.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias443

Área cirúrxica444

Área clínica322

Servicios centrais433

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias775

Área cirúrxica554

Área hospitalaria1497

Servicios centrais222

Consultas220

Unidades especiais

Persoal non sanitario

Urxencias111

Outros620

Centro: Hospital Xeral Juan Cardona.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias111

Área cirúrxica444

Área clínica332

Servicios centrais222

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias333

Área cirúrxica222

Área hospitalaria383616

Servicios centrais222

Unidades especiais66

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal non sanitario

Urxencias1

Área cirúrxica1

Área hospitalaria921

Servicios centrais16141

Outros43

Centro: Fundación Pública Virxe da Xunqueira.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias322

Área cirúrxica81+(3*)(4*)

Área clínica4(1*)(1*)

Servicios centrais11(1*)

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias642

Área cirúrxica7+(1*)4+(4*)1+(5*)

Área hospitalaria1286

Servicios centrais321+(1*)

Consultas22

Unidades especiais1

Persoal non sanitario

Urxencias1

Área hospitalaria

Servicios centrais5(2*)(2*)

Outros**1191+(1*)

* Localizados

* Empresas externas

Centro: Centro Oncolóxico de Galicia.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias111

Área cirúrxica110

Área clínica210

Servicios centrais400

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias000

Área cirúrxica100

Área hospitalaria443

Servicios centrais621

Consultas210

Unidades especiais420

Persoal non sanitario

Urxencias000

Área cirúrxica000

Área hospitalaria220

Servicios centrais1150

Outros100

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo773342

Persoal sanitario non facultativo603244

Persoal non sanitario502520

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo632712

Persoal sanitario non facultativo742510

Persoal non sanitario59204

Centro: Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (Área da Coruña).

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo1465822

Persoal sanitario non facultativo1284917

Persoal non sanitario823813

Centro: Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo-Área clínica1

Persoal non facultativo-Consultas

Persoal non sanitario-Área hospitalaria1

Provincia de Lugo

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias786

Área cirúrxica131313

Área clínica2699

Servicios centrais2387

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias12129

Área cirúrxica666

Área hospitalaria775749

Servicios centrais42158

Consultas141

Unidades especiais543623

Persoal non sanitario

Urxencias778

Área cirúrxica21

Área hospitalaria19157

Servicios centrais430

Outros*70335

Centro: Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias222

Área cirúrxica999

Área clínica222

Servicios centrais665

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias333

Área cirúrxica644

Área hospitalaria101010

Servicios centrais555

Consultas000

Unidades especiais210

Persoal non sanitario

Urxencias222

Área cirúrxica110

Área hospitalaria211

Servicios centrais11102

Centro: Hospital da Costa de Burela.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias332

Área cirúrxica111111

Área clínica622

Servicios centrais822

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias442

Área cirúrxica632

Área hospitalaria161611

Servicios centrais832

Consultas800

Unidades especiais777

Persoal non sanitario

Urxencias333

Área cirúrxica

Área hospitalaria53

Servicios centrais3

Outros1792

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo1543727

Persoal sanitario non facultativo1393727

Persoal non sanitario1492311

Provincia de Ourense.

Centro: Complexo Hospitalario de Ourense.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias764

Área cirúrxica3813+7

localizadas

13+7

localizadas

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Área clínica4814+2

localizadas

11+3

localizadas

Servicios centrais235+2

localizadas

4+3

localizadas

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias141413

Área cirúrxica271916

Área hospitalaria14710478

Servicios centrais55189

Consultas15-

Unidades especiais302722

Persoal non sanitario

Urxencias151411

Área cirúrxica933

Área hospitalaria381410

Servicios centrais46124

Outros93536

Centro: Hospital do Barco de Valdeorras.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias222

Área cirúrxica844

Área clínica544

Servicios centrais443

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias443

Área cirúrxica444

Área hospitalaria12127

Servicios centrais763

Consultas700

Unidades especiais422

Persoal non sanitario

Urxencias322

Área cirúrxica110

Área hospitalaria421

Servicios centrais2281

Centro: Xerencia de Atención Primaria de Ourense.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite(*)

Persoal facultativo1383827

Persoal sanitario non facultativo1243223

Persoal non sanitario772114

(*): os mínimos refírense ó persoal asignado desde as 0 ata as 8 horas, e de 22 ata as 24 horas, sen que corresponda á mesma persoa.

Centro: Fundación Hospital Verín.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias221

Área cirúrxica111

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Área clínica766

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias542

Área cirúrxica222

Servicios centrais433

Unidades hospitalización884

Persoal non sanitario

Servicios centrais11

Outros76

Provincia de Pontevedra

Centro: Hospital do Meixoeiro.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias100%100%100%

Área cirúrxica19**

Área clínica16**

Servicios centrais22**

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias776

Área cirúrxica1664

Área hospitalaria474733

Servicios centrais52125

Consultas14--

Unidades especiais888

Persoal non sanitario

Urxencias675

Área cirúrxica421

Área hospitalaria1174

Servicios centrais102

Outros55252

Persoal contratas

Limpeza22201

Alimentación1819

Centro: Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias73Gardas

Área cirúrxica32GardasGardas

Área clínica29GardasGardas

Servicios centrais19GardasGardas

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias151522

Área cirúrxica393358

Área hospitalaria574682

Servicios centrais332315

Consultas200

Unidades especiais9814

Persoal non sanitario

Urxencias6912

Área cirúrxica442

Área hospitalaria22207

Servicios centrais430

Outros55328

Persoal empresas concertadas:

Limpeza:

Mañá: 53.

Noite: 2.

Cociña:

Mañá: 9.

Tarde: 8.

Servicio móbil:

Mañá: 2.

Tarde: 2.

Electromedicina:

Mañá: 2.

Tarde: 2.

Centro: Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Urxencias643

Área cirúrxica20Persoal de gardaPersoal de garda

Área clínica28Persoal de gardaPersoal de garda

Servicios centrais17Persoal de gardaPersoal de garda

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias141310

Área cirúrxica262317

Área hospitalaria1048064

Servicios centrais53196

Consultas111-

Unidades especiais402620

Persoal non sanitario

Urxencias9107

Área cirúrxica432

Servicios centrais42-

Outros1117912

Centro: Hospital Nicolás Peña.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Área clínica211

Servicios centrais400

Persoal sanitario non facultativo

Área cirúrxica000

Área hospitalaria14137

Servicios centrais600

Unidades especiais

(p.g.d.p.c.mama)

100

Persoal non sanitario

Área hospitalaria222

Servicios centrais100

Outros

(administración/recepción/p.g.d.p.c.mama)

911

Centro: Fundación Pública Hospital Salnés.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Urxencias333

Área cirúrxica444

Área clínica222

Servicios centrais322

Persoal sanitario non facultativo

Urxencias654

Área cirúrxica444

Área hospitalaria1187

Servicios centrais222

Persoal non sanitario

Urxencias111

Área hospitalaria1

Servicios centrais*1294

* Inclúense ademais dos servicios centrais propios as empresas externas.

Centro: Hospital da Cruz Vermella de Vigo.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo

Área clínica111

Persoal sanitario non facultativo

Área hospitalaria764

Servicios centrais

Persoal non sanitario

Área hospitalaria104

Centro: Xerencia de Atención Primaria Pontevedra-Vigo. Área de Pontevedra.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo572736

Persoal sanitario non facultativo562232

Persoal non sanitario443422

Centro: Xerencia Atención Primaria Vigo.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categoría/servicioMañáTardeNoite

Persoal facultativo623113

Pesoal sanitario non facultativo57289

Persoal non sanitario54290

Centro: Policlínico Vigo, S.A. (Povisa) Vigo-Pontevedra.

Servicios de hostalería.

CafeteríaSen servicios mínimos

AutoservicioSen servicios mínimos

AlmacénUn almaceneiro

CociñaPersoal de domingos

LimpezaPersoal de domingos

Limpeza nefroloxíaPersoal habitual

Limpeza urxencias-UCOPersoal habitual

Limpeza UVIPersoal habitual

Limpeza clínica de díaPersoal habitual

Limpeza quirófanoPersoal habitual

CamareirasPersoal de domingos

Lencería Sen servicios mínimos

Enfermería.

Plantas de hospitalizaciónPersoal dos domingos

NefroloxíaPersoal habitual

Hospital de día de quimioterapiasPersoal habitual

Consultas ambulatorias50% do persoal habitual

Quirófano e post-operatorioPersoal habitual

MatronasPersoal habitual

Urxencias-UCOPersoal habitual

UVIPersoal habitual

Clínica ColónSen servicios mínimos

QueimadosPersoal habitual

Servicios de CangasSen servicios mínimos

HADOPersoal habitual

Clínica de díaPersoal habitual

Servicios centrais.

LaboratorioPersoal de sábados

BacterioloxíaSen servicios míninos

Anatomía patolóxicaUn técnico

FarmaciaUnha enfermeira en quimio e unha auxiliar

RehabilitaciónPersoal de domingos

LogopediaSen servicios mínimos

Radioloxía xeral Persoal de domingos

MamografíasUn técnico mañá e tarde

EcografíasSen servicios mínimos

TACUn técnico mañá e tarde

RMNUn técnico mañá e tarde

RadioterapiaPersoal habitual

Medicina nuclearPersoal habitual

Administrativos.

AdministraciónSen servicios mínimos

PersoalDous administrativos

ComprasSen servicios mínimos

Citas telefónicasSen servicios mínimos

Secretaría clínicaSen servicios mínimos

ArquivoDous administrativos de mañá e tarde

UCASUn administrativo de mañá e tarde

1ª plantaDous administrativos de mañá e un de tarde

Policlínica interiorUn administrativo de mañá e tarde

2ª plantaUn administrativo de mañá e tarde

Recepción centralUn administrativo de mañá e tarde e unha quenda partida

Dirección xeralUn administrativo

LaboratorioSen servicios mínimos

RaiosUn administrativo de mañá

BibliotecaSen servicios mínimos

Servicios xerais.

MantementoPersoal de domingos

Control de visitasPersoal de domingos

TelefonistasPersoal de domingos

InformáticaUn informático a quenda partida

MicroinformáticaUn microinformático a quenda partida

OrdenanzasSen servicios mínimos

Servicios médicos.

Plantas de hospitalizaciónPersoal de sábados

NefroloxíaPersoal habitual

Consultas ambulatorias50% do persoal habitual

Quirófano e post-operatorioPersoal habitual

Urxencias-UCOPersoal habitual

UVIPersoal habitual

QueimadosPersoal habitual

HADOPersoal habitual

Clínica de díaPersoal habitual

LaboratorioPersoal de sábados

Anatomía patolóxicaPersoal de sábados

FarmaciaPersoal de sábados

Radioloxía xeralPersoal de sábados

RadioterapiaPersoal habitual

Medicina nuclearPersoal habitual

(Estos servicios foron pactados co comité de empresa do centro).

Vigo, Ourense e Santiago de Compostela

Medtec, S.A.

Número de efectivos de servicios mínimos

Categ./servicioNoiteMañáTarde

Cardioloxía1 médico localizado1 médico1 médico localizado

intervencionista1 ATS localizado2 ATS1 ATS localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Cirurxía cardíaca2 cirurxiáns localizados2 cirurxiáns2 cirurxiáns localizados

(quirófano)1 ATS instrumentista localizado1 ATS instrumentista1 ATS instrumentista localizado

1 ATS perfusionista localizado1 ATS perfusionista1 ATS perfusionista localizado

1 ATS circulante localizado1 ATS circulante1ATS circulante localizado

1 auxiliar de clínica localizado1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica localizado

1 auxiliar sanitario localizado1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario localizado

1 administrativo (cardioloxía cirurxía)

1 coordinador ATS

Reanimación2 ATS3 ATS3 ATS

2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica2 auxiliares de clínica

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Diagnóstico por1 médico localizado1 médicos1 médico

imaxe1 técnico localizado1 técnico1 técnico

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Número de efectivos de servicios mínimos

Categ./servicioNoiteMañáTarde

Medicina

nuclear

1 auxiliar de clínica1 médico

1 técnico

1 ATS

1 auxiliar sanitario

Medicina1 médico

nuclear. Ourense1 técnico

1 ATS

1 administrativo

1 auxiliar sanitario

Radiofísica2 físicos1 físico

Radioterapia1 médico3 médicos2 médicos

3 técnicos (aceleradores)5 técnicos (aceleradores)4 técnicos (aceleradores)

2 ATS (aceleradores)1 ATS (aceleradores)

1 administrativo1 administrativo

1 auxiliar de clínica1 auxiliar de clínica

1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario1 auxiliar sanitario

Estructura administrativa1 administrativo (recepción)1 administrativo (recepción)

(Vigo)1 administrativo (apoio)1 administrativo (apoio)

ANEXO IV

A) Provincia da Coruña.

-Clínica Tilve, S.L.

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 5.

-Instituto Médico Cirúrxico San Rafael, S.A.

Persoal facultativo: 43.

Persoal sanitario non facultativo: 95.

Persoal non sanitario: 70.

-Sanatorio Nuestra Señora de la Esperanza.

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 17.

Persoal non sanitario: 14.

-Hospital Santa Teresa.

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 67.

Persoal non sanitario: 59.

-Sanatorio Cirúrxico Modelo, S.A.

Persoal facultativo: 23.

Persoal sanitario non facultativo: 52.

Persoal non sanitario: 22.

-Instituto Policlínico La Rosaleda.

Persoal facultativo: 15+1 localizado.

Persoal sanitario non facultativo: 31.

Persoal non sanitario: 21.

B) Provincia de Lugo.

-Policlínico Lucense, S.A. (Polusa).

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 39.

Persoal non sanitario: 17.

-Centro Residencial y Rehabilitador San Rafael.

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 22.

Persoal non sanitario: 23.

-Sanatorio Nosa Sra. dos Ollos Grandes.

Persoal sanitario: 114.

Persoal non sanitario: 46.

C) Provincia de Ourense.

-Centro Médico El Carmen.

Persoal facultativo: 15+ 9 localizados.

Persoal sanitario non facultativo: 37+4 localizados.

Persoal non sanitario: 13.

D) Provincia de Pontevedra.

-Sanatorio Marescot, S.L.

Persoal facultativo: 3.

Persoal sanitario non facultativo: 8.

Persoal non sanitario: 6.

-Sanatorio Nuestra Señora de la Merced, S.L.

Persoal facultativo: 6.

Persoal sanitario non facultativo: 16.

Persoal non sanitario: 21.

-Centro Médico El Castro Vigo, S.A.

Persoal facultativo: 25.

Persoal sanitario non facultativo: 37.

Persoal non sanitario: 27.

-Hospital Domínguez.

Persoal facultativo: 21.

Persoal sanitario non facultativo: 61.

Persoal non sanitario: 27.

-Clínica Fátima.

Persoal facultativo: 20.

Persoal sanitario non facultativo: 69.

Persoal non sanitario: 47.

-Centro Médico Pintado.

Persoal facultativo: 22.

Persoal sanitario non facultativo: 10.

Persoal non sanitario: 11.

-Fremap Centro de Rehabilitación.

Persoal facultativo: 7.

Persoal sanitario non facultativo: 8.

Persoal non sanitario: 4.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL