Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 09 de abril de 2003 Páx. 4.499

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 8 de abril de 2003 pola que se establecen os servicios mínimos que cómpre manter en materia de transportes durante a folga xeral convocada para o 10 de abril de 2003.

Ante as convocatorias de folga xeral presentadas para o día 10 de abril de 2003, procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan consonte co artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio do lexítimo dereito de folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais da Comunidade.

Neste sentido, os servicios públicos de transporte, presentan un carácter esencial para a comunidade en canto mecanismo básico para o efecto de lle garantir á cidadanía o exercicio de dereitos fundamentais como os de libre circulación (artigo 19 da Constitución española-C.E.) e educación (artigo 27 da C.E.), así como o dereito ó traballo (artigo 35 da C.E.). A garantía dos referidos dereitos, causa por outra parte da quebra do principio de libre explotación no marco da economía de mercado do artigo 38 da C.E., esixe o establecemento e mantemento, aínda ante unha situación de folga, daqueles servicios públicos básicos que garantan a posibilidade dunha esencial mobilidade dos cidadáns.

Para tal fin, procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, se establezan os indicados servicios mínimos que permitan compaxina-lo exercicio lexítimo do dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade, seguindo os criterios fixados por aquel decreto; introdúcense, non obstante, certas modulacións coa fin de evitar calquera tipo de duplicidade nos servicios establecidos, respondendo mellor ó espírito daquel decreto e garantindo deste xeito a menor limitación do lexítimo exercicio do dereito de folga.

Respecto dos servicios concesionais, fíxanse os servicios mínimos que permitan garanti-las frecuencias e horarios precisos para os desprazamentos inescusables, recoñecendo a necesidade que xurdirá para os usuarios destes servicios de anticipar ou ratrasa-los seus horarios habituais; ademais, e partindo da base de que corresponde á Administración o control último das condicións concesionais, resulta evidente que a reducción de servicios a mínimos obriga a recompoñe-los cadros horarios para garantir uns servicios de ida e volta razoables entre as grandes cidades e desde e cara estas desde os demais núcleos de poboación.

Consonte co anterior, o listado de servicios mínimos redactouse con extremo rigor, limitándose nun dobre senso: por unha banda respecto dos tráficos regulares de transporte por estrada compartidos por varias empresas, determínase o nivel de servicios mínimos que correspondería a un só explotador; por outra parte, os treitos parciais quedan subsumidos polos servicios mínimos entre grandes cidades cando os horarios sexan compatibles.

A conxunción deste dobre criterio determina unha importante reducción respecto dos servicios mínimos establecidos en anteriores ocasións, pero representa, por outra banda, o nivel por debaixo do cal quebrarían desproporcionadamente os dereitos garantidos constitucionalmente á libre mobilidade, á educación ou ó traballo, sobre todo respecto daqueles sectores da poboación cautivos do transporte público, determinantes, pola súa parte, do propio sistema de titularidade pública deste transporte e do sistema concesional subseguinte.

Respecto dos servicios regulares de uso especial para transporte de traballadores, co fin de garanti-lo acceso e a saída dos postos de traballo naqueles servicios de carácter interurbano nos que a ausencia dunha previsión mínima quebraría toda posibilidade de acceso ó traballo, establécense os servicios mínimos afectantes a esta modalidade de transporte; sen embargo, limítanse os ditos servicios a aqueles que garantan esencialmente a posibilidade de acceder ó traballo, supondo unha importante perda na calidade do servicio ó se limitar a unhas determinadas franxas horarias, o que motivará a necesidade de adiantar ou retrasar significativamente as horas de entrada ou saída nos diferentes postos de traballo.

Respecto dos servicios regulares de uso especial para transporte de escolares, atendendo á dispersión poboacional existente en Galicia, resulta perentoria a obriga dunha significativa cantidade de desprazamentos interurbanos para o colectivo de alumnos do ensino obrigatorio, plasmada da propia porcentaxe de contratación desta modalidade de transporte que, para un 17% da poboación, representa un volume do 33% da contratación de todo o Estado. Conseguintemente, resulta esencial como garantía do dereito fundamental á educación recoñecido polo artigo 27 da C.E., a prestación da totalidade dos servicios interurbanos de transporte de escolares nos niveis de ensinanza obrigatoria.

Finalmente, cómpre establecer servicios mínimos que afectan singularmente a outras modalidades de transporte, e singularmente, para o transporte sanitario, para o transporte de mercadorías a centros específicos, e o transporte funerario, atendendo nos tres supostos referidos ás propias necesidades socias prestadas cos referidos modos de transporte, xunto co seu carácter inaprazable.

Consonte co anterior, fíxanse os seguintes servicios mínimos que cómpre durante a folga convocada para o día 10 de abril de 2003.

A) Servicios concesionais:

Concesión: V-0052; XG-001.

Concesionario: Francisco Candocia Villadóniga.

* Ferrol-praia de Frouxeira, por sedes:

Saídas de Ferrol: 9 e 20.15 h.

Saídas praia: 7.45 e 19.30 h

Concesión: V-0065: XG-002.

Concesionario: Empresa Freire, S.L.

* Lugo-Santiago de Compostela por N-547.

Saídas de Lugo: 6.00 e 19.30 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 9.00 e 20.00 h.

* Santiago de Compostela-aeropuerto da Lavacolla.

Saídas Santiago de Compostela: 7.45 e 19.45 h.

Saídas aeroporto: 7.15 e 19.00 h.

Concesión: V-0152; XG-007.

Concesionario: Hedegasa, S.L.

* Santiago de Compostela (r/ da Rosa)-O Milladoiro-As Galanas-Balcaide-Ameneiro-Casalonga-Firminstáns:

Saídas de Santiago de Compostela: 7.00, 8.00, 18.00, 19.00 e 20.00 h.

Saídas de Firminstáns: 7.30, 8.30, 18.30, 19.30 e 20.30 h.

* Santiago de Compostela (r/ A Rosa)-O Milladoiro-Magdalena-A Grela-Biduído de Abaixo-Raíces:

Saídas de Santiago de Compostela: 8.15 e 20.15 h.

* Raíces-Biduído de Abaixo-Biduído de Arriba-Paramuíño-Bentín-Magdalena-O Milladoiro-Santiago de Compostela (r/ A Rosa):

Saídas de Raíces: 7.45 e 19.45 h.

* Santiago de Compostela (r/ A Rosa)-O Milladoiro-Soláns-Luou:

Saídas de Santiago de Compostela: 7.45 e 18.45 h.

* Luou-San Xoán de Calo-Carballal-As Galanas-O Milladoiro-Santiago de Compostela (r/ A Rosa):

Saídas de Luou: 7.15 e 19.15 h.

* Santiago de Compostela (E. autobuses)-O Milladoiro-Solláns-Luou-Casal de Reis:

Saídas de Santiago de Compostela: 8.30 e 20.10 h.

Saídas de Casal de Reis: 7.50 e 19.00 h.

* Santiago de Compostela (E. autobuses)-Solláns-Luou-Espasande-Regoufe-A Silva:

Saída de Santiago de Compostela: 20.10 h.

Saída de Silva: 7.45 h.

Concesión: V-1110; XG-063.

Concesionario: Transportes Mosquera, S.L.

* Hortas-Santiago de Compostela.

Saídas Hortas: 8.00 h.

Saídas Santiago de Compostela: 18.05 h.

* Merés-Santiago de Compostela.

Saídas de Merés: 7.20 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 19.00 h.

Concesión: V-1129; XG-064.

Concesionario: Autocares Eliseo Pita, S.A.

* A Coruña-Sada por Fontán:

Saídas da Coruña: 8.30 e 20.30 h.

Saídas de Sada: 7.30 e 19.30 h.

Concesión: V-1598; XG-100.

Concesionario: Autos Grabanxa, S.L.

* Oza dos Ríos-Santiago de Compostela:

Saída de Oza dos Ríos: 6.45 h.

Saída de Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Mesía-Santiago de Compostela por Xanceda, Frades e C. de Beán:

Saída de Mesía: 7.45 h.

Saída de Santiago de Compostela: 18.00 h.

* Santiago de Compostela-Santiago de Compostela, por polígono do Tambre, Son de Arriba, Son de Abaixo e Vilares:

Saída de Santiago de Compostela: 8.30 h.

Concesión: V-2214; XG-203.

Concesionario: Orons Bus, S.L.

* A Coruña-Canzobre:

Saída de A Coruña: 20.00 h.

Saída de Canzobre: 6.40 h.

Concesión: V-3013; XG-338.

Concesionario: Modesto Riveiro Berdullas.

* Graña-A Amañecida-Santiago de Compostela:

Saída de Graña-A Amañecida: 7.15 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.10 h.

Concesión: V-7022; XG-396.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Santiago de Compostela-Ferrol, por Ordes, Mesón do Vento y Betanzos:

Saídas de Santiago de Compostela: 9.15 e 21.00 h.

Saídas de Ferrol: 8.30 e 18.30 h.

* Santiago de Compostela-Cambados-O Grove-A Toxa:

Saídas de Santiago de Compostela: 10.30 e 20.30 h.

Saídas da Toxa: 7.30 e 19.00 h.

* A Coruña-Vigo por A-9:

Saídas da Coruña: 8.00 e 20.00 h.

Saídas de Vigo: 10.30 e 20.30 h.

* A Coruña-Santiago de Compostela, por N-550:

Saídas da Coruña: 10.00 e 21.00 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 8.00 e 21.00 h.

* Santiago de Compostela-Vigo, por N-550:

Saídas de Santiago de Compostela: 12.00 e 20.00 h.

Saídas de Vigo: 8.00 e 20.00 h.

* A Coruña-Muros:

Saídas da Coruña: 12.00 e 19.00 h.

Saídas de Muros: 11.00 e 17.00 h.

* Santiago de Compostela-Noia:

Saída de Santiago de Compostela: 21.00 h.

Saída de Noia: 7.30 h.

* Santiago de Compostela-Ourense:

Saídas de Santiago de Compostela: 8.30 e 19.00 h.

Saídas de Ourense: 7.15 e 18.15 h.

* Ferrol-Santiago de Compostela-Vigo por A-9:

Saídas de Ferrol: 8.30 e 20.30 h.

Saídas de Vigo 7.30 e 19.30 h.

Concesión V-7026; XG-400.

Concesionario: Hermanos Ferrín, S.L.

* Santiago de Compostela-A Picaraña:

Saídas de Santiago de Compostela: 7.25 e 20.15 h.

Saídas de A Picaraña: 6.45 e 19.15 h.

* Santiago de Compostela-Casalonga:

Saídas de Santiago de Compostela: 7.30 e 20.00 h.

Saídas de Casalonga: 7.00 e 20.45 h.

* Santa Comba-Santiago de Compostela:

Saídas de Santa Comba: 7.30 e 18.00 h.

Saídas de Santiago de Compostela 9.30 e 19.30 h.

* Muxía-Santiago de Compostela:

Saída de Muxía: 7.15 h.

Saída de Santiago de Compostela: 18.00 h.

* Outes-Santiago de Compostela:

Saída de Outes: 7.30 h.

Saída de Santiago de Compostela: 18.00 h.

Concesión: V-7032; XG-406.

Concesionario: Empresa Gómez de Mesía, S.L.

* A Coruña-Vila de Cruces:

Saída da Coruña: 18.00 h.

Saídas de Vila de Cruces: 7.15 h.

Concesión V-7037; XG-411.

Concesionario: Autos S. Vázquez, S.L.

* A Coruña-Montouto:

Saídas da Coruña: 8.00 e 21.30 h.

Saídas de Montouto: 7.15 e 19.30 h.

* A Coruña-S. Pedro de Présaras:

Saídas da Coruña: 18.00 h.

Saídas de S. Pedro de Présaras: 7.00 h.

Concesión V-7041; XG-415.

Concesionario: Rías Altas, S.A.

* Ferrol-A Graña:

Saídas de Ferrol: 8.30 e 19.30 h.

Saídas de Graña: 8.00 e 20.00 h.

* Ferrol-Residencia-Catabois:

Saídas de Ferrol: 8.30 h.

Saídas de Catabois: 9.00 h.

* Ferrol-Cedeira por Castro:

Saídas de Ferrol: 9.30 e 20.00 h.

Saídas de Cedeira: 7.15 e 18.30 h.

* Ferrol-Doniños-San Xurxo de Mariña:

Saídas de Ferrol: 8.30 e 20.30 h.

Saídas de San Xurxo de Mariña: 7.50 e 19.00 h.

* Ferrol-Vilaboa, por Meiras:

Saída de Ferrol: 18.30 h.

Saída de Vilaboa: 19.30 h.

* Ferrol-residencia-San Mateo de Trasancos:

Saídas de Ferrol: 8.30 e 19.30 h.

Saídas de S. Mateo: 9.00 e 20.00 h.

* Ferrol-Covas:

Saídas de Ferrol: 8.30 e 20.30 h.

Saídas de Covas: 9.00 e 21.00 h.

Concesión: V-7050; XG-424.

Concesionario: Autocares Capela, S.L.

* Filgueiras-Fene-Ferrol:

Saídas de Filgueiras: 7.45 e 19.30 h.

Saídas de Ferrol: 8.30 e 20.15 h.

Concesión: V-1623; XG-104.

Concesionario: Empresa Seoane, S.L.

* Santiago de Compostela-San Cristovo de Merín:

Saídas de Santiago de Compostela: 19.30 h.

Saídas de S. Cristovo de Merín: 8.00 h.

Concesión: V-1981; XG-160.

Concesionario: Empresa Seoane, S.L.

* Ponte de Sarandón-Santiago de Compostela:

Saída de Ponte Sarandón: 7.35 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.30 h.

Concesión: V-3131; XG-349.

Concesionario: Autocares Salvado, S.A.

* Chorén-Barazón-Arzúa-A Coruña:

Saída de Chorén-Barazón: 6.15 h.

Saída da Coruña: 18.00 h.

Concesión: V-3263; XG-363.

Concesionario: Autos Bustelo, S.L.

* Rois-Santiago de Compostela:

Saídas de Rois: 7.00 e 20 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 8.00 e 21.00 h.

Concesión: V-2958; XG-334.

Concesionario: Trapsa, S.A.

* Ortoño-Santiago de Compostela:

Saídas de Ortoño: 7.00 e 19.15 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 7.05 e 20.15 h.

Concesión: V-1682; XG-112.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* A Coruña-Suevos:

Saídas da Coruña: 7.55 e 20.55 h.

Saídas de Suevos: 7.25 e 19.25 h.

* A Coruña-Boedo:

Saídas da Coruña: 8.00 e 19.15 h.

Saídas de Boedo: 9.00 e 20.30 h.

Concesión: V-7045; XG-419.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Lema-A Coruña:

Saídas de Lema: 6.00 h.

Saídas da Coruña: 19.00 h.

Concesión: V-7058; XG-432.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Anzobre-A Coruña:

Saída de Anzobre: 8.00 h.

Saída da Coruña: 19.30 h.

* A Coruña-Muxía:

Saída de Muxía: 7.30 h.

Saída da Coruña: 18.00 h.

* A Coruña-Muros:

Saída de Muros: 6.45 h.

Saída da Coruña: 18.30 h.

* A Coruña-Fisterra:

Saídas da Coruña: 9.00 e 19.45 h.

Saídas de Fisterra: 7.00 e 19.45 h.

* A Coruña-Camariñas:

Saída da Coruña: 18.30 h.

Saída de Camariñas: 6.30 h.

* A Coruña-Malpica de Bergantiños:

Saída de Malpica: 6.50 h.

Saída da Coruña: 19.05 h.

* A Coruña-Corme:

Saída da Coruña: 20.20 h.

Saída de Corme: 8.00 h.

* A Coruña-Carballo:

Saídas de Carballo: 7.05 e 19.45 h.

Saídas da Coruña: 8.00 e 20.00 h.

* Grixoa-Santiago de Compostela:

Saída de Grixoa: 6.20 h.

* Fisterra-Santiago de Compostela:

Saída de Fisterra: 9.00 h.

Salida de Santiago de Compostela: 8.00 h.

Concesión: V-7026/1; XG-400.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Aguiño-Rianxo-Santiago de Compostela:

Saída de Aguiño: 8.00 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.00 h.

* Ribeira-Araño-Santiago de Compostela:

Saídas de Ribeira: 7.30 e 19.00 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 8.00 e 21.00 h.

Concesión: V-7030; XG-404.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Ferrol-A Coruña (por autoestrada):

Saídas de Ferrol: 7.30 e 18.30 h.

Saídas da Coruña: 7.30 e 19.30 h.

* Ferrol-A Coruña (polas Pías, A Gallada e Pe-

drido):

Saídas de Ferrol: 7.00 e 19.00 h.

Saídas da Coruña: 9.00 e 21.00 h.

* Ferrol-A Coruña (por Neda, A Gallada e Pedrido):

Saídas de Ferrol: 8.00 e 20.00 h.

Saídas da Coruña: 8.00 e 20.00 h.

* Ferrol-As Somozas (por Ferreira):

Saídas de Somozas: 6.40 h.

* Ferrol-Mugardos:

Saídas de Ferrol: 8.00 e 19.00 h.

* Ferrol-Ares:

Saídas de Ferrol: 6.30 (parador) e 19.30 h.

Saídas de Ares: 7.50 h.

* Ferrol-Ares-Mugardos:

Saídas de Mugardos: 8.35, 18.35 e 20.30 h.

* Chanteiro-Ferrol:

Saída de Chanteiro: 7.30 h.

* A Coruña-Ourense (por Melide):

Saída da Coruña: 8.00 h.

Saída de Ourense: 8.00 e 19.00 h.

* Ferrol-A Coruña-Lalín-Ourense:

Saída de Ferrol: 8.30 h.

* A Coruña-Sobrado (por A-9, Montesalgueiro e A Castellana):

Saída da Coruña: 18.00 h.

Saída de Sobrado: 7.45 h.

* A Coruña-Betanzos (por A-9):

Saída da Coruña: 19.30 h.

Saída de Betanzos: 19.00 h.

* A Coruña-Betanzos:

Saídas da Coruña: 7.00 (pol. Bergondo), 8.00, 19.00 e 21.00 h.

Saídas de Betanzos: 7.00, 8.00, 19.00 e 21.00 h.

* Ponte de Pedra-Miño-Betanzos-A Coruña:

Saída de Ponte de Pedra: 7.00 h.

* A Coruña-Viveiro (polas Pontes de García Rodríguez):

Saída de Viveiro: 6.30 h.

Saída da Coruña: 18.00 h.

* A Coruña-Viveiro (por Pedrido, Laraxe e As Pías):

Saída da Coruña: 6.30 h.

Saída de Viveiro: 19.30 h (por Betanzos).

* Ferrol-Viveiro:

Saída de Ferrol: 19.00 h.

* Ortigueira-Ferrol:

Saída de Ortigueira: 6.45 h.

Concesión: V-7006; XG-380.

Concesionario: Autocares Antonio Vázquez, S.A.

* Paderne-A Coruña:

Saída de Paderne: 6.45 h.

Saída da Coruña: 19.30 h.

Concesión: V-7007; XG-381.

Concesionario: Autos Cal Pita, S.A.

* A Coruña-Sta. Cruz-Arillo-Rialta-Sada:

Saídas da Coruña: 7.25 e 19.25 h.

Saídas de Sada: 7.25 e 20.25 h.

* A Coruña-Oleiros:

Saídas da Coruña: 8.10 e 20.10 h.

Saídas de Oleiros: 7.40 e 20.40 h.

* A Coruña-San Pedro:

Saídas da Coruña: 7.00, 8.00, 8.30, 8.45, 18.00, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00 e 20.30 h.

Saídas de San Pedro: 7.30, 8.00, 8.30, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00, 20.30 e 20.45 h.

Concesión: V-7034; XG-408.

Concesionario: Automóviles Sigrás Carral, S.A. (Asicasa).

* A Coruña-S. Vicente de Vigo:

Saídas da Coruña: 8.55 e 20.55 h.

Saídas de S. Vicente de Vigo: 8.40 e 20.45 h.

* A Coruña-Cerceda:

Saída da Coruña: 19.30 h.

Saída de Cerceda: 6.30 h.

* Orro-Alvedro-Culleredo-A Coruña:

Saída de Orro: 8.20 h.

Saída da Coruña: 18.30 h.

* A Coruña-Vilaboa-Sigrás:

Saídas da Coruña: 6.15, 7.15, 8.15, 18.45, 19.45 e 20.45 h.

Saídas de Sigrás: 7.45, 8.45, 19.15 e 20.15 h.

* A Coruña-Cambre:

Saídas da Coruña: 7.00, 8.00, 8.30, 19.00, 20.00 e 20.30 h.

Saídas de Cambre: 7.30, 8.30, 19.30 e 20.30 h.

Concesión: V-7027; XG-401.

Concesionario: Autos Carballo, S.A.

* Carballo-Santiago de Compostela:

Saídas de Carballo: 9.15 e 19.15 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 7.30 e 19.00 h.

* A Laracha-Santiago de Compostela:

Saída da Laracha: 7.00 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.30 h.

Concesión: V-7002; XG-376.

Concesionario: Labacolla, S.A.

* A Coruña-aeropuerto da Lavacolla:

Saída da Coruña: 18.00 h.

Saída de aeropuerto: 20.15 h.

Concesión: V-7053; XG-427.

Concesionario: Tranvías del Ferrol, S.A.

* Porto-Neda.

Saídas de Porto: 6.25; 7.40; 8.30; 18.10; 18.50; 19.30 e 19.50 h.

Saídas de Neda: 6.00; 7.00; 8.00; 8.40; 18.00; 18.40; 19.20 e 20.20 h.

* Porto-Pena de Embade.

Saída de Porto: 8.05 h.

Saída de Pena de Embade: 18.20 h.

* Porto-Residencia.

Saídas de Porto: 6.45; 7.50; 8.50; 18.20; 19.20 e 20.20 h.

Saídas da Residencia: 6.00; 7.20; 8.20; 18.00; 18.50 e 20.50 h.

* Porto-A Faisca.

Saidas de Porto: 7.35; 8.35; 18.00 e 19.35 h.

Saídas da Faisca: 7.10; 8.05; 18.05 e 19.05 h.

* Canido-Porto-A Graña.

Saídas de Canido: 8.00; 19.00 e 21.00 h.

Saídas de A Graña: 8.30; 19.30 e 21.30 h.

* Correos-O Pilar-Caranza.

Saídas de Correos: 7.00; 7.40; 8.10; 8.40; 18.10; 18.40; 19.10; 19.40; 20.10 e 20.40 h.

Saídas de Caranza: 6.45; 7.30; 8.00; 18.00; 18.30; 19.00; 19.30; 20.20 e 20.30 h.

* Correos-Caranza-Residencia.

Saídas de Correos: 6.40; 8.15; 18.15 e 20.15 h.

Saídas da residencia: 6.20; 7.45; 18.00 e 19.45 h.

Concesión: V-0089; XG-003.

Concesionario: Goméz de Castro, S.A.

* Lugo-Monterroso:

Saída de Lugo: 7.30 e 20.40 h.

Saída de Monterroso: 8.30 e 22 h.

Concesión: V-0193; XG-009.

Concesionario: Mourenza e Pardo, S.L.

* Palas de Rei-Uceira-Lugo:

Saídas de Palas de Rei: 7.00 h.

Saída de Lugo: 13.55 h.

Concesión: V-0302; XG-013.

Concesionario: Autocares Trigo, S.L.

* Fonteo-Rixoán-Lugo:

Saídas de Fonteo: 7 h.

Saídas de Lugo: 19.15 h.

Concesión: V-1078; XG-061.

Concesionario: Autobuses Urbanos de Lugo, S.A.

* Lugo-Nadela:

Saída de Lugo: 8.40 e 19.40 h.

Saída de Nadela: 9.00 e 20.15 h.

* Lugo-Rábade:

Saída de Lugo: 7.30 e 18.30 h.

Saída de Rábade: 7.50 e 20.15 h.

* Vilachá-Adai-Lugo:

Saída de Vilachá: 7.55 h.

Saída de Lugo: 7.15 h.

* Friol-Lugo:

Saída de Friol: 7.15 h.

Saída de Lugo: 13.55 h.

Concesión: V-1498; XG-090.

Concesionario: Eleuterio López y Cía, S.L.

* Lugo Ourense:

Saída de Lugo: 8.00 e 19.00 h.

Saída de Ourense: 7.00 e 18.30 h.

Concesión: V-2006; XG-168.

Concesionario: González de la Riva, S.L.

* Lugo-Navia de Suarna:

Saída de Lugo: 18.30 h.

Saída de Navia: 7.30 h.

* Lugo-Pedrafita do Cebreiro:

Saída de Lugo: 13.15 h.

Saída de Pedrafita: 9 h.

Concesión: V-2320; XG-217.

Concesionario: Transportes Úbeda Tierra Llana, S.L.

* Vián-Arneiro-Lugo:

Saída de Vián: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.15 h.

Concesión: V-2722; XG-290.

Concesionario: Domingo González López.

* Lugo-Sobrado por Pereirama e Miranda:

Saída de Lugo: 19.30 h

Saída de Sobrado: 7.30 h.

Concesión: V-3061; XG-346.

Concesionario: Vigo Álvarez, S.L.

* Lugo-San Martín de Corbelle:

Saída de Lugo: 13.30 e 20.00 h.

Saída de S. Martín de Corbelle: 7.30 e 18.05 h.

Concesión: V-3284; XG-370.

Concesionario: Empresa Trigo, S.L.

* Santalla-Lugo:

Saída de Santalla: 6.45 h.

Saída de Lugo: 19.15 h.

Concesión: V-7035; XG-409.

Concesionario: Autocares Darriba, S.L.

* Riotorto-Lugo:

Saída de Riotorto: 7.00 h

Saída de Lugo: 19.30 h.

* Cadavedo-Lugo:

Saída de Cadavedo: 7.15 h.

Saída de Lugo: 13.30 h.

Concesión: V-7040; XG-414.

Concesionario: Autos Lozano, S.L.

* Vilalba-Lugo:

Saída de Vilalba: 6.45 h.

Saída Lugo: 13.30 h.

Concesión: V-7046; XG-420.

Concesionario: Empresa Portomarín, S.A.

* Sarria-Lugo:

Saída de Sarria: 7.45 e 18.15 h.

Saída de Lugo: 8.45 e 18.15 h.

* Lugo-Ferrol por Cuíña:

Saída de Lugo: 6.00 h.

Saída de Ferrol: 18.15 h.

Concesión: V-7051; XG-425.

Concesionario: Lafercar, S.L.

* Cotá-Vilalvite-Lugo: 7.20 h.

Saída de Cotá-Vilalvite: 7.20 h.

Saída de Lugo: 19 h.

Concesión : V-7063; XG-437.

Concesionario: Hervei, S.L.

* Lugo-A Fonsagrada:

Saída de Lugo: 7,15 e 18.30 h.

Saída da Fonsagrada: 7.45. e 18.15 h.

* Lugo-Neira de Rei:

Saída de Lugo: 19.45 h.

Saída de Neira de Rei: 7.15 h.

Concesión: V-7016; XG-390.

Concesionario: Empresa Monforte, S.A.

* Lugo-Portomarín:

Saída de Lugo: 13.30 e 19.50 h.

Saída de Portomarín: 7.25 h.

* Lugo-Escairón:

Saída de Lugo: 18.35. h.

Saída de Escairón: 7.00 h.

* Lugo-Baralla:

Saída de Lugo: 18.35 h.

Saída Baralla: 7.15 h.

* Monforte de Lemos-Santiago de Compostela:

Saída de Monforte de Lemos: 7.50 h.

Saída Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Pedrafita-Lugo:

Saída de Pedrafita: 7.00 h.

Saída de Lugo: 19.20 h.

* O Barco de Valdeorras-Ourense:

Saída do Barco: 8.00 h.

Saída de Ourense: 18.00 h.

* O Barco-Lugo:

Saída do Barco: 6.35 h.

Saída de Lugo: 18.00 h.

Concesión V-3044; C-LU-114.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Lugo-A Coruña (por N-6):

Saídas de Lugo: 8.00 e 20.30 h.

Saídas da Coruña: 8.00 e 18.30 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Mondoñedo, Vilalba e autovía):

Saída da Coruña: 13.55 h.

Saída de Ribadeo: 18.15 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Meira e Lugo):

Saída de Ribadeo: 8.45 h.

Saída da Coruña: 18.15 h

* Lugo-Viveiro (por Gaibor, Vilalba e Foz):

Saída de Viveiro: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.00 h.

* Lugo-Viveiro (por Foz):

Saída de Lugo: 9.15 h.

Concesión: V-1663; XG-108.

Concesionario: Arriva Noroeste, S.L.

* Ferrol-Lugo:

Saída de Ferrol: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.30 h.

* Vilalba-Baamonde-Cabra-Guitiriz-Parga-Baamonde-Lugo:

Saída de Vilalba: 7.00 h.

Concesión: V-3048; XG-343.

Concesionario: Autos A. González, S.L.

* Ourense-Sta.Mariña-Rioseco-Maceda-Xunqueira de Espadanedo:

Saída de Xunqueira: 7.30 h.

Saída de Ourense: 12.45 h.

* Ourense-Ourense por Zamorana-A Fábrica-Quintela-San Xés-Rioseco e Solveira (circular).

Saídas de Ourense: 10.00 e 18.30 h.

Concesión: V-7064; XG-438.

Concesionario: Auto Industrial, S.A.

* O Porriño-Vigo.

Saídas do Porriño: 7.00, 18.00 e 21.00 horas.

Saídas de Vigo: 7.00, 18.00 e 21.00 horas.

* Ourense-Ribadavia-A Cañiza-Vigo:

Saídas de Ourense: 7.00 h.

Saídas de Vigo: 9.00 e 19.30 h.

* Ourense-Vigo por A-52:

Saídas de Ourense: 10.30 e 20.30 h.

Saídas de Vigo: 8.00 e 20.30 h.

* San Paio-Ourense-Vigo:

Saída de San Paio: 8.00 h.

* Chantada-A Barrela-Cea-O Carballiño-Ribadavia-Vigo:

Saída de Chantada: 7:00 h.

Saída de Vigo: 8.00 h.

* Ourense-Maside-O Carballiño-Soutelo de Montes-Pontevedra:

Saídas de Ourense: 7.00 e 19.30 h.

Saídas de Pontevedra: 7.00 e 19.30 h.

* Doade-Ribadavia-Ourense:

Saída de Doade: 6.30 h.

Saída de Ourense: 13.45 h.

* Monforte de Lemos-Os Peares-Ourense-Pontevedra:

Saída de Monforte de Lemos: 07.45 h.

* Ourense-Os Peares:

Saída dos Peares: 8.00 h.

Saída de Ourense: 19.30 h.

Concesión: V-7043; XG-417.

Concesionario: Auto Industrial, S.A.

* Ourense-O Carballiño por Ribadavia:

Saída do Carballiño: 7.00 h.

Saída de Ourense: 12.45 h.

* Ourense-O Carballiño por Cea:

Saída do Carballiño: 8.00 h.

Saída de Ourense: 13.00 h.

* Ourense-Trasalva por Tamallancos e Amoeiro:

Saídas de Trasalva: 7.15 e 20.15 h.

Saídas de Ourense: 13.30 e 19.30 h.

* Ourense-Ourense (circular) por Quintela, Cabeanca e Vilar:

Saída de Ourense: 10.00 h.

Concesión: V-3269; XG-365.

Concesionario: Empresa Villalón, S.A.

* Feces de Abaixo-Verín-Xinzo de Limia-Allariz-Ourense:

Saídas de Feces de Abaixo: 10.15 h.

Saídas de Ourense: 7.50 h.

* Verín-Xinzo de Limia-Ourense por A-52:

Saída de Ourense: 10.00 h.

Saída de Verín: 13.30 h.

* Randín-Ponteliñares-Vilar de Santos-Xinzo de Limia-Ourense:

Saída de Randín: 7.00 h.

Saída de Ourense: 12.00 h.

* Maceda-Baños de Molgas-Xunqueira de Ambía-Salgueiros-Venda do Río-Ourense:

Saída de Maceda: 7.10 h.

* Ourense-Taboadela-Allariz-Xunqueira de Ambía-Baños de Molgas-Maceda.

Saída de Ourense: 19.15 h.

* Sobradelo-Xunqueira de Ambía-Allariz-Taboadela-Ourense:

Saída de Sobradelo: 7.30 h.

Saída de Ourense: 13.30 h.

* Ourense-Venda do Río-Salgueiros-Xunqueira de Ambía-Abeleda-Guamil-Baños de Molgas:

Saída de Ourense: 11.00 h.

Saída de Baños de Molgas: 10.00 h.

* Celanova-A Bola-Allariz-Gundiás-Taboadela-Ourense.

Saída de Celanova: 7.15 h.

* Ourense-Taboadela-Gundiás-A Merca-Podentes-Celanova.

Saída de Ourense: 12.45 h.

* Ourense-Campus Universitario-As Lagoas Allariz:

Saídas de Allariz: 7.15, 19.15 e 21.15 h.

Saídas de Ourense: 7.50, 19.00 e 22.00 h.

* Ourense-polígono-Barreiros.

Saída de Ourense: 7.30 h.

Saída Polígono-Barreiros: 13.00 h.

* Verín-Ourense-Santiago de Compostela:

Saída de Ourense: 19.00 h.

Saída de Verín: 8.00 h.

* Feces de Abaixo-Ourense-Vigo:

Saída de Feces: 8.30 h.

Saída de Vigo: 15 h.

Concesión: V-3274; XG-366.

Concesionario: Aguas de Incio, S.A.

* Viana do Bolo-A Pobra de Trives-Castro Caldelas-Ourense:

Saída de Viana do Bolo: 6.00 h.

Saída de Ourense: 18.00 h.

* A Pobra de Trives-Castro Caldelas-Ourense:

Saída da Pobra de Trives: 11.15 h.

Saída de Ourense: 10.30 h.

* Sacardebois-Parada de Sil-Luíntra-Loñoa-Faramontaos-Pereiro de Aguiar-Ourense:

Saída de Sacardebois: 6.30 h.

Saídas de Ourense: 12.30 h.

Concesión: V-7060; XG-434.

Concesionario: Anpián, S.A.

* Ourense-Maceda-Xinzo de Limia:

Saída de Ourense: 6.45 h.

Saída de Xinzo de Limia: 18.00 h.

* Ourense-Maceda-Viladerrei:

Saída de Ourense: 18.30 h.

* Ourense-Maceda-Laza-Verín:

Saída de Verín: 6.55 h.

* Ourense-Celanova-Bande-Lobios-Entrimo:

Saídas de Entrimo: 7.00 e 19.30 h.

Saídas de Ourense: 7.55 e 19.30 h.

* Barrio-Xinzo de Limia-Ourense:

Saída de Barrio: 7.15 h.

Saída de Ourense: 12.50 h.

* Rial-Rante-San Cibrao-Ourense:

Saída de Rial: 7.30 h.

Saída de Ourense: 19.00 h.

* San Lourenzo-Gomesende-Quintela de Leirado-Matamá-Cerdal-Celanova-A Merca-Ourense.

Saída de San Lourenzo: 6.45 h.

Saída de Ourense: 11.00 h.

* Ponte Barxas-Arnoia-Ribadavia-Ourense:

Saídas de Ponte Barxas: 6.55 e 18.00 h.

Saídas de Ourense: 7.15 e 18.00 h.

* Ribadavia-Cartelle-Outomuro-A Manchica-Ourense:

Saída de Ribadavia: 6.50 h.

Saída de Ourense: 13.00 h.

* Ourense-A Valenzá-Barbadás-Sobrado-Loiro-Ourense-Monterrei-Ourense:

Saídas de Ourense: 7 e 13.30 h.

Concesión: V-7067; XG-441.

Concesionario: Autos Gómez, S.L.

* Os Peares-A Peroxa-Gueral-Cambeo-Ourense:

Saída dos Peares: 7.00 h.

Saída de Ourense: 12.55 h.

* Besteiros-Mirallos-A Peroxa-Vilarchao-Ourense:

Saída de Besteiros: 7.00 h.

Saída de Ourense: 12.55 h.

* A Peroxa-Barra de Miño-Belesar-Rivela-Ourense:

Saída da Peroxa: 7.30 h.

Saída de Ourense: 12.55 h.

Concesión: V-7054; XG-428.

Concesionario: Autocares Alfer, S.A.

* Castro de Carballedo-Río-Vilamarín-Ourense:

Saída de Castro de Carballedo: 7.20 h.

Saída de Ourense: 12.55 h.

* Fontefiz-Belesar-Ourense:

Saída de Fontefiz: 7.30 h.

Saída de Ourense: 13.00 h.

* Gundiás-Sabadelle-Ourense:

Saída de Gundiás: 7.35.

Saída de Ourense: 11.45 h.

* Ourense-Moreiras-Sanatorio Psiquiátrico de Toén:

Saídas de Ourense: 7.20 e 21.20 h.

Saídas sanatorio: 8.10 e 22.10 h.

Concesión: V-1530; XG-092.

Concesionario: Empresa Toén, S.L.

* Santo Tomé-Toén-Ourense:

Saída de Santo Tomé: 7.30 h.

Saída de Ourense: 13.10 h.

* Trelle-Ourense:

Saídas de Trelle: 8.00 e 22.00 h.

Saídas de Ourense: 7.30 e 21.30 h.

* Ourense-Sanatorio de Piñor-Piñor:

Saídas de Ourense: 6:00 e 20.30 h.

Saídas do sanatorio: 6.30 e 21.10.

* Piñor-Parada-Ourense:

Saída de Ourense: 10.45 h.

Concesión: V-0224; XG-010.

Concesionario: Autos González, S.L.

* Ponte-Cornoces-Ourense:

Saídas de Ponte: 7.30 e 19.45 h.

Saídas de Ourense: 6.45 e 19.00 h.

Concesión: V-0387; XG-020.

Concesionario: Autocares Manuel García Castro, S.L.

* Caroi-Pontevedra:

Saídas de Pontevedra: 20 h.

Saídas de Caroi: 7.15 h.

Concesión: V-0448; XG-026.

Concesionario: Ángel Cuíñas, S.L.

* Cambados-Pontevedra por Oubiña e Mosteiro:

Saídas de Cambados: 8.15 h.

Saídas de Pontevedra: 11.15 e 19.30 h.

* Cambados-Pontevedra por Sisán e Caticovas:

Saídas de Cambados: 7.15 h.

Saídas de Pontevedra: 18.30 h.

* Cambados-Pontevedra por Sisán e Ribadumia:

Saídas de Pontevedra: 8.00 h.

Saídas de Cambados: 11.30 e 19.00 h.

* Cambados-Pontevedra por Sisán e Penente:

Saídas de Cambados: 7.00 h.

* Seixiños-Pontevedra por Padrenda, Mosqueiro e Leiro:

Saídas de Seixiños: 7.34 h.

Saídas de Pontevedra: 12.30 e 20.30 h.

* Cambados (Fefiñáns)-Pontevedra por Ponte Arnelas:

Saídas de Cambados (Fefiñáns): 6.45 h.

Saídas de Pontevedra: 10.30 h.

Concesión: V-0453; XG-027.

Concesionario: Autos Arcade, S.L.

* Pazos de Borbén-Pontevedra:

Saídas de Pazos: 8.00 h.

Saídas de Pontevedra: 18.50 h.

* O Viso-Pontevedra pola Mela, Rial e Montesiña:

Saídas do Viso: 7.30 h.

Concesión: V-0461; XG-028.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Cuntis-Pontevedra:

Saídas de Cuntis: 7.25 h.

Saídas de Pontevedra: 8.30 e 21.00 h.

* Amil-Pontevedra:

Saídas de Amil: 7.50 h.

* San Clemente-Pontevedra:

Saídas de San Clemente: 7.45 h.

Concesións: V-0497; XG-031 e V-0580; XG-038.

Concesionario: Autos González, S.L.

* Redondela-Vigo, pola N-550:

Saídas de Redondela: 6.15, 7.00, 7.25, 8.25, 18.25, 19.15 e 20.25 h.

Saídas de Vigo: 6.55, 7.40, 8.00, 8.30, 9, 18.30, 20 e 20.30 h

* Fornelos de Montes-Redondela-Vigo:

Saídas de Fornelos: 7.30 h.

Saídas de Vigo: 11.45 e 18.50 h.

Concesión: V-0527; XG-034.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Antas-Vigo:

Saídas de Antas: 6.00 h.

Saídas de Vigo: 13 e 18.50 h.

Concesión: V-0533; XG-035.

Concesionario: Autocares Manuel García Castro, S.L.

* Avión-Pontevedra:

Saídas de Avión: 7.00 h.

* Berducido-Pontevedra:

Saídas de Berducido: 7.15 h.

Saídas de Pontevedra: 18.30 h.

* A Lama-pol. industrial-Pontevedra:

Saídas da Lama: 8.30 h.

* A Lama-Pontevedra por Montecelo:

Saídas de Pontevedra: 20 h.

Concesión: V-2431; XG-232.

Concesionario: Autocares Lucho, S.L.

* Mos-Vigo:

Saídas de Mos: 7.45 h.

Saídas de Vigo: 20.20 h.

* Torroso-Vigo:

Saídas de Torroso: 8.45 h.

Concesión: V-2432; XG-233.

Concesionario: Empresa Vda. de J. Domínguez, S.L.

* Mosende-Vigo (Bouzas):

Saídas de Mosende: 7.45 h.

Saídas de Vigo (Bouzas): 12.40 e 19.05 h.

* Torneiros-Vigo (Bouzas) pola Florida:

Saídas de Torneiros: 6.50 h.

Concesión: V-2613; XG-269.

Concesionario: Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L.

* Pontevedra-Acuña:

Saídas de Pontevedra: 19.15 h.

* Pontevedra-Navalexo:

Saídas de Pontevedra: 20.45 h.

* Pontevedra-Monteporreiro:

Saídas de Pontevedra: 7.30, 8.00, 8.30, 9.00, 18, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00 e 21.00 h.

Saídas de Monteporreiro: 7.00, 7.30, 8.00, 8.30, 9.00, 18.00, 18.30, 19.00, 19.30, 20.00, 20.30 e 21.00 h.

* Praza de España-Praza de España (Circular):

Saídas de Praza de España: 8.00, 8.30, 9.00, 18.00, 18.30, 19.00, 19.30 e 20.00 h.

* Postemirón de Arriba-Monteporreiro:

Saídas de Postemirón de Arriba: 8.00 h.

Saídas de Monteporreiro: 18.30 h.

* Acuña-A Xunqueira:

Saídas de Acuña: 7.46 h.

Saídas de A Xunqueira: 18.45 h.

Concesión: V-2999; XG-337.

Concesionario: Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L.

* Castelo-Pontevedra:

Saídas de Castelo: 8.00 e 18.55 h.

Saídas de Pontevedra: 18.30 e 19.30 h.

* Atalaia-praza de España-A Xunqueira:

Saídas de Atalaia: 8.15 h.

Concesión: V-3216; XG-360.

Concesionario: Donado Campos, S.L.

* Cruces-Vigo:

Saídas de Cruces: 7.00 h.

Saídas de Vigo: 18.15 h.

* Lalín-Pontevedra por Silleda:

Saídas de Lalín: 7.30 h.

Saídas de Pontevedra: 13.15 h.

* Lalín-Pontevedra por Chapa:

Saídas de Lalín: 7.00 h.

Saídas de Pontevedra: 11.20 e 19.10 h.

* Beariz-Santiago de Compostela:

Saídas de Beariz: 7.00 h.

* Santiago de Compostela-Codeseda:

Saídas de Santiago de Compostela: 12.30 h.

* A Estrada-Santiago de Compostela:

Saídas da Estrada: 7.00 e 19.45 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 7.45 e 20.15 h.

Concesión: V-7014; XG-388.

Concesionario: Empresa Ojea, S.A.

* A Cañiza-Vigo:

Saídas da Cañiza: 11.45 h.

Saídas de Vigo: 8.00 h.

* Ribadavia-Vigo:

Saídas de Ribadavia: 7.20 h.

* Couto-Vigo:

Saídas de Vigo: 12.00 h.

* Valeixe-Vigo:

Saídas de Valeixe: 7.20 e 18.20 h.

Saídas de Vigo: 13.30 e 19.00 h.

* Ribarteme (S. Xosé)-Vigo por Leirado:

Saídas de Vigo: 11.00 h.

* Ribarteme (S. Xosé)-Vigo, por Taboexa:

Saídas de Ribarteme: 7.55 h.

Concesión: V-7047; XG-421.

Concesionario: Viajes Melytour, S.L.

* Ponte Internacional-Mosende-A Garrida-Vigo:

Saídas de Ponte Internacional: 6.20 h.

* Ponte Internacional-Mosende-Cuvi-Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Ponte Internacional: 7.30 h.

Saídas Vigo: 19.30 h.

* Vigo-A Garrida-Gondomar-Morgadáns-Couso-Tomiño-Fornelos:

Saídas de Vigo: 13.55 e 19.45 h.

* Fornelos-Tomiño-Couso-Gondomar-A Garrida-O Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Fornelos: 6.45 h.

* Vigo-Puxeiros-Cuvi:

Saídas de Vigo: 8.00, 9.00, e 18.00 h.

Saídas de Cuvi: 18.00, 20.00 e 21.00 h.

Concesión: V-7033; XG-407.

Concesionario: Autobuses de Pontevedra, S.A.

* Pontevedra-Marín por Cantoarea:

Saídas de Pontevedra: 6.40, 7.00, 7.25, 7.40, 7.55, 8.10, 8.25, 8.40, 8.55, 18.10, 18.25, 18.40, 18.55, 19.10, 19.25, 19.40, 19.55, 20.10, 20.40 e 20.55 h.

Saídas de Marín: 7.00, 7.15, 7.30, 7.45, 8.00, 8.30, 8.45, 9.00, 18.00, 18.15, 18.30, 18.45, 19.00, 19.15, 19.30, 19.45, 20.00, 20.15, 20.30, e 20.45 h.

Concesión: V-0430; XG-024.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Vilagarcía de Arousa-Vigo (Bouzas):

Saídas de Vilagarcía de Arousa: 8.40 h.

Saídas de Vigo (Bouzas): 12.15 h.

Concesión: V-2289; XG-210.

Concesionario: Empresa Cuíña, S.L.

* Silleda-Pontevedra:

Saídas de Silleda: 7.00 h.

* Quireza-Campo Lameiro-Pontevedra:

Saídas de Quireza: 6.45 h.

Saídas de Pontevedra: 18.15 h.

Concesión: V-7038; XG-412.

Concesionario: Transportes José Núñez Barros, S.A.

* Empalme de Romai-Pontevedra (por San Mauro):

Saídas de Empalme de Romai: 7.15 h.

* A Illa de Arousa-Pontevedra (por Ponte do Terrón):

Saídas de Faro (A Illa): 7.00 h.

Saídas de Pontevedra: 13.00 h.

* A Illa de Arousa-Pontevedra (por Ponte Arnelas):

Saídas de Faro (A Illa): 7.45 h.

Saídas de Pontevedra: 11.00 h.

* Vilagarcía de Arousa-Pontevedra:

Saídas de Vilagarcía de Arousa: 7.00 e 7.20 h.

Saídas de Pontevedra: 8.00 e 21.00 h.

Concesión: V-3050; XG-344.

Concesionario: Empresa Lázara, S.A.

* Monterroso-Santiago de Compostela:

Saídas de Monterroso: 7.45 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 10.00 h.

* Silleda-Santiago de Compostela:

Saídas de Silleda: 6.40 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 19.30 h.

* Bandeira-Santiago de Compostela:

Saídas de Bandeira: 9.45 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Ponteledesma-Santiago de Compostela (por Baiuca e Vila de Paz):

Saídas de Ponteledesma: 7.50 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Ponteledesma-Santiago de Compostela (por Camporrapado):

Saídas de Ponteledesma: 7.50 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 18.30 h.

Concesión: V-1293; XG-077.

Concesionario: Viguesa de Transportes, S.A.

* Alto de Encarnación-Vigo-Canido:

Saídas de Alto de Encarnación: 21.52 h.

Saídas de Canido: 7.25 h.

Concesión: V-2115; XG-182.

Concesionario: Viguesa de Transportes, S.A.

* Santo Estevo de Negros-Bouzas (Vigo):

Saídas de Santo Estevo de Negros: 6.45 e 9.00 h.

Saídas de Bouzas: 19.15 h.

Concesión: V-0684; XG-043.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Campo Lameiro-Santiago de Compostela:

Saídas de Campo Lameiro: 7.15 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Santa María de Luou-Santiago de Compostela:

Saídas de Santa María de Luou: 8.00 h.

Saídas de Santiago de Compostela: 18.15 h.

Concesión: V-7066; XG-440.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Ponte Internacional-Tui-Pontevedra:

Saídas de Ponte Internacional: 7.30 e 19.30 h.

Saídas de Pontevedra: 9.30 e 19.30 h.

Concesión: V-1157; XG-067.

Concesionario: Gómez de Castro, S.A.

* Vigo-Pontevedra-Lugo:

Saídas de Lugo: 7.00 e 19.30 h.

Saídas de Vigo: 7.00 e 18.15 h.

* Lugo-Palas de Rei-Antas:

Saídas de Lugo: 13.00 h.

Concesión: V-7023; XG-397.

Concesionario: Transportes La Unión, S.A.

* Marín-Cangas-Vigo por A-9.

Saídas de Marín: 6.15 h.

Saídas de Vigo: 10.30 h.

* Marín-Cadrelo-A Fraga-Moaña-Vigo por A-9.

Saídas de Marín: 7.30 h.

Saídas de Vigo: 12.00 h.

* Pontevedra-Couso polo Alto de Dorrón e Armenteira.

Saídas de Pontevedra: 12.30 e 19.15 h.

Saídas de Couso: 9.45 h.

* Pontevedra-Cangas por Bueu.

Saídas de Pontevedra: 20.30 h.

* Pontevedra-O Grove por Vilalonga e A Toxa.

Saídas de Pontevedra: 7.45 e 21.10 h.

Saídas do Grove: 7.15 e 19.00 h.

* Pontevedra-San Xoán de Poio-Vilariño.

Saídas de Pontevedra: 7.20 e 19.30 h.

Saídas de Vilariño: 7.45 e 19.45 h.

* Pontevedra-San Vicente do Mar-San Vicente pola Lanzada.

Saídas de Pontevedra: 9.00 h.

Saídas de San Vicente: 6.45 h.

* Pontevedra-Soutonovo por San Xoán de Poio.

Saídas de Pontevedra: 7.00 e 20.10 h.

Saídas Soutonovo: 7.30 e 20.10 h.

* Cangas-Pontevedra por Moaña.

Saídas de Cangas: 7.10 e 20.30 h.

Saídas de Pontevedra: 6.45 e 18.20 h.

* Pontevedra-Vilalonga polo Alto de Dorrón-Meaño-Xil-Cruce Castrelo.

Saídas de Pontevedra: 12.00 e 19.30 h.

Saídas de Vilalonga: 7.20 h.

* Pontevedra-Montecelo (residencia).

Saídas de Pontevedra: 7.30, 8.35 e 18.30 h.

Saídas de Montecelo: 8.15, 9.00, 18.00, 19.10 e 19.30 h.

* San Vicente-Vigo pola A-9.

Saídas de San Vicente: 6.45 h.

* O Grove-Portonovo-Vigo, pola A-9.

Saídas do Grove: 6.50 h.

Saídas de Vigo: 21.15 h.

* Santo Adrián-Cruce Vilaboa-Pontevedra (inst. da Xunqueira).

Saídas de Santo Adrián: 7.40 h.

Saídas de Pontevedra (inst. da Xunqueira: 18.30 h.

* Cangas-Bueu-Marín-Pontevedra (inst. da Xunqueira).

Saídas de Cangas: 7.45 h.

Saídas de Pontevedra (inst. da Xunqueira): 13.35 e 18.30 h.

* Pontevedra-Os Praceres (colexio).

Saídas de Pontevedra: 8.45 h.

* Pontevedra-Marín-Mogor (colexio e instituto).

Saídas de Pontevedra: 8.00 h.

Saídas de Mogor (colexio e instituto): 18.00 h.

* Portonovo-Pontevedra (inst. da Xunqueira).

Saídas de Portonovo: 7.45 e 8.00 h.

Saídas de Pontevedra (inst. da Xunqueira): 18.30 h.

* Pontevedra-Príncipe Felipe (instituto).

Saídas de Pontevedra: 8.35 h.

Saídas do Príncipe Felipe (instituto): 12.55 h.

* Portonovo-Campelo-Pontevedra (inst. Torrente Ballester).

Saídas de Portonovo: 7.45 e 7.50 h.

* Santo Adrián-Vilaboa-Pontevedra (inst. Torrente Ballester).

Saídas de Santo Adrián: 7.45 h.

Saídas de Pontevedra: 18.30 h.

Concesión: V-0377; XG-019.

Concesionario: Autobuses de Pontevedra, S.A.

* Pontevedra-cruzamento de Santo André de Xeve por Bora.

Saídas de Pontevedra: 7.30 e 18.30 h.

Saídas de cruce de San Andrés de Xeve: 8.00 h.

* Pontevedra-Cruce Santa Mª de Xeve por Lérez e Berducido.

Saídas de Pontevedra: 7.20, 19.15 e 20.30 h.

Saídas de Sta. Mª de Xeve: 7.00, 7.45 e 21.00 h.

* Pontevedra-Fontáns por Lérez e Sta. Mª de Xeve.

Saídas de Pontevedra: 6.40 e 20.30 h.

Saídas de Fontáns: 7.00 e 7.35 h.

* Pontevedra-Figueirido.

Saídas de Pontevedra: 7.20, 18.30 e 19.45 h.

Saídas de Figueirido: 7.00, 19.00 e 20.10 h.

* Pontevedra-Marcón-(Pazos)-Pintos.

Saídas de Pontevedra: 7.20 e 19.45 h.

Saídas de Pintos: 7.20 e 20.15 h.

Concesión: V-7008; XG-382.

Concesionario: Automóviles de Tuy, S.A.

* Camposancos-Vigo por Torrón:

Saídas de Camposancos: 8.20 h.

Saídas de Vigo: 13.30 h.

* A Guarda-Vigo por Eiras e Taborda:

Saídas de Vigo: 19.30 h.

* A Guarda-Vigo polo Rosal e Torrón:

Saídas de Vigo: 19.00 h.

* A Guarda-Vigo polo Rosal, Baiona e Nigrán:

Saídas de Guarda: 7.00 h.

Saídas de Vigo: 19 h.

* Baiona-Vigo por Nigrán:

Saídas de Baiona: 8.00, 8.30, 18.00, 18.30, 19.30, 20.00 e 21.00 h.

Saídas de Vigo: 7.00, 7.45, 8.30, 9.00, 18.30, 19.30, 20.00 e 21.00 h.

* Baiona-Vigo por Panxón e Canido:

Saídas de Baiona: 7.00, 9.00 e 19.00 h.

Saídas de Vigo: 8.00, 18.00 e 20 h.

* Baiona-Vigo pola Ramallosa, Camos e Nigrán:

Saídas de Baiona: 6.15 e 20.20 h.

Saídas de Vigo: 9.00 e 21.30 h.

* Baiona-Vigo por Sabarís, Nigrán e Chandebrito:

Saídas de Baiona: 6.20 h.

* Baiona-Vigo por Sabarís, Nigrán, Chandebrito, A Tarela e Nigrán:

Saídas de Vigo: 19.30 h.

* Baredo-Vigo:

Saídas de Baredo: 6.50 h.

Saídas de Vigo: 11.30 e 20.30 h.

* Gondomar-Vigo por Nigrán:

Saídas de Gondomar: 6.00 e 19.00 h.

Saídas de Vigo: 18.00 e 20.00 h.

* Gondomar-Vigo por Lourido e Panxón:

Saídas de Gondomar: 8.00 e 20.00 h.

Saídas de Vigo: 7.00, 19.00 e 21.00 h.

Concesión: V-2310; XG-215.

Concesionario: Empresa Raúl, S.A.

* O Porriño-O Meixoeiro-Cabral-Vigo:

Saídas do Porriño: 7.30, 8.30, 18.30 19.30 e 20.30 h.

Saídas de Vigo: 7.30, 8.30, 18.30, 19.30 e 20.30 h.

* Os Valos-O Porriño-O Meixoeiro-Cabral-Vigo:

Saídas dos Valos: 9.00 h.

* Vigo-O Meixoeiro-O Porriño-Ponteareas-Salvaterra:

Saídas de Vigo: 8.30 h.

* A Cañiza-Ponteareas-O Porriño-O Meixoeiro-Vigo:

Saídas da Cañiza: 7.40 h.

Saídas de Vigo: 12.30 h.

* Mondariz-Mondariz Balneario-Ponteareas-O Porriño-O Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Mondariz: 6.25 h.

Saídas de Vigo: 11.30 e 19.45 h.

* Maceira-Vigo:

Saídas de Maceira: 7.30 h.

Saídas de Vigo: 10.30 h.

* As Neves-Alxán-Salceda-Vacaría-O Porriño-Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Vigo: 11.30 e 18.30 h.

* Tortoreos (instituto)-Vigo:

Saídas de Tortoreos (instituto): 6.05 h.

Saídas de Vigo: 19.30 h.

* Salvaterra-Rañada-Arantei-Pousa-Salceda-Vacaría-O Porriño-O Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Salvaterra: 6.45 h.

Saídas de Vigo: 12.30 e 20.00 h.

* Mondariz-Pontevedra:

Saídas de Mondariz: 8.00 h.

Saídas de Pontevedra: 11.45 h.

* Mondariz-Ponteareas-Cruce Rebullón-Cuvi-cruzamento Gorxal-O Meixoeiro (institutos)-Vigo:

Saídas de Mondariz: 7.45 h.

Saídas de Vigo: 13.45 h.

* Salvaterra-Grixó-Vacaría-O Casal-Budiño-Abelenda-Cuvi-O Meixoeiro-Vigo:

Saídas de Vigo: 20.45 h.

* Vigo-O Meixoeiro-Atios-Budiño-Vacaría-variante PO-410-Salvaterra:

Saídas de Vigo: 6.30 h.

* Salvaterra-Ponteareas-O Porriño-Puxeiros-O Mei-

xoeiro-Vigo:

Saídas de Salvaterra: 18.50 h.

B) Servicios regulares de uso especial para transporte de traballadores:

Tódolos servicios nas expedicións anteriores nas 9.00 h. e posteriores ás 18.00 horas.

C) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares:

Terán que se manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nos niveis de ensino obrigatorio, nas expedicións normalmente establecidas, de luns a venres lectivos.

D) Outras modalidades:

Coa fin de garanti-los esenciais servicios de atención sanitaria, deberase mante-la totalidade do transporte de toda clase de mercadorías para e desde os establecementos sanitarios.

Para o efecto de garanti-lo esencial dereito de asistencia sanitaria, deberase manter a totalidade dos servicios de transporte sanitario.

Finalmente, polas necesidades sociais inemprazables que atende esta modalidade de transporte, deberase mante-la totalidade dos servicios de transporte funerario.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda