Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada, do expediente sancionador 112/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de decembro de 2002, o conselleiro de Sanidade dictou resolución recaída no expediente sancionador nº 112/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Emilio Latorre Franco.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Emilio Latorre Franco o contido do referido recurso que figura como anexo para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do Contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á publicación desta cédula, segundo o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, da Coruña, ou nos servicios centrais, na Secretaria Xeral (Servicio Técnico Xurídico), situada no ter

ceiro andar do edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina da Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial ou nos servicios centrais da Consellería de Sanidade. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 24 de febreiro de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO:

Nº expediente: 112/2002.

Denunciado: Emilio Latorre Franco.

DNI/NIF: 33155233-C.

Último enderezo coñecido: avda. de Compostela, s/n. Padrón.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de pastelería, bolos, confeitería e repostería.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1 e 2.2º do R.D. 1945/1983 sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e o artigo 7, punto 6º e punto 7º do R.D. 2419/1978 sobre regulamentación técnico sanitaria de pastelería, bolos, confitería e repostería e o R.D. 2207/1995 sobre normas de hixiene relativas ós productos alimenticios.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300,51 euros. Trescentos euros con cincuenta e un céntimos.

Contido da resolución: desestimatoria.