Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.478

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto mediante concurso público, da contratación de consultoría e asistencia para a redacción dun plan de xestión de residuos acuícolas de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto:

a) Descrición do obxecto: redacción dun plan de xestión de residuos acuícolas de Galicia.

b) Prazo de execución: seis meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cen mil euros/100.000 A.

5. Garantía provisional:

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 95 70 36 e 981 54 40 76.

e) Telefax: 981 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2301

7. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, edificio administrativo San Caetano, 5-2º, Santiago de Compostela, 15781, ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo quinto día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que este día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2003.

P.D. (Resolución 30-4-2002)

Alba Paz Boubeta

Subdirectora xeral de Xestión Administrativa

e Usos do Litoral