Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/17-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a infor

mación pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. r/ Marcelino Suárez, 28, nova Praza de Abastos.

Situación: O Barco de Valdeorras.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo non prefabricado de 400 kVA, R/T 15.000/380-220 V en baixo de edificio, alimentado por liña subterránea a 15 kV de 6 m, derivada desde a L.M.T. subterránea ó C.T. Franco II e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Caixa de Aforros, con entrada e saída no C.T. r/ Marcelino Suárez, 28.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 11 de febreiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense