Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/6-2, 5992 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Pol.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, Mosteiro, 27270 Pol.

Denominación: L.M.T. aérea-subterránea e C.T. de 400 kVA en edificio prefabricado.

Situación: Pol-Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.A. a 20 kV, con 110 m de lonxitude, conductor tipo LA-56 con orixe en apoio da L.M.T.A. Derivación de media tensión Mosteiro-Suegos.

L.M.T.S. a 20 kV, con 96 m de lonxitude, conductor tipo R.H.Z.-1, con orixe en apoio L.M.T.A. proxectada e final en C.T. proxectado.

C.T. de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/420 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 23 de xaneiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo