Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.464

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SETE DE PONTEVEDRA

EDICTO (124/2001).

Jacinto José Pérez Benítez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número sete de Pontevedra

Fago saber que neste xulgado e co número 124/2001, tramítanse autos de divorcio por instancia de Manuel Crespo Agulla contra Orosia Iglesias García, nos que con data do 6 de xuño de 2002 se dictou sentencia, cun dictame que é do teor literal seguinte:

«Dictamino que declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído por Manuel Crespo Agulla e Orosia Iglesias García, o cinco de xaneiro de mil novecentos setenta e cinco en Marín (Pontevedra), con tódolos efectos legais, e en especial os seguintes:

1. A revogación de tódolos consentimentos e poderes que se outorgarán os litigantes.

2. Ámbolos dous conservarán a patria potestade sobre a filla menor, Lucía Irene, mantendo o demandante a garda e custodia.

3. Orosia Iglesias aboaralle a Manuel Crespo, en concepto de pensión de alimentos a favor da menor, a suma de setenta euros, cantidade que fará efectiva, en defecto de acordo, nos primeiros cinco días de cada mes, en doce mensualidades ó ano, actualizables de acordo coa variación experimentada polo índice de prezos ó consumo fixado polo INE con efectos do un de xaneiro de cada ano. Igualmente sufragará a metade dos gastos extraordinarios que se produzan durante a vida da rapaza, tales como operacións cirúrxicas, longas enfermidades e análogos, logo de notificación do feito xerador do gasto e o seu importe, caso de non ser aceptado, resolverá

o xulgado. Se fose preciso e así se acretidara adoptaranse as medidas de garantía que procedan.

4. Non se efectúa especial pronunciamento en materia de custas.

Comuníquese esta sentencia, unha vez firme, ás oficinas do rexistro civil no que consta a inscrición de matrimonio dos suxeitos a este preito.

Líbrese e únase certificación literal desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Recursos. Contra a anterior sentencia cabe intepoñer recurso de apelación ante este xulgado no prazo de cinco días, contados a partir da súa notificación, que será resolta pola Audiencia Provincial de Pontevedra».

E para que sirva de notificación en forma a Orosia Iglesias García, en situación de rebeldía procesual, expido este edicto en Pontevedra o 6 de xuño de 2002.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA