Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.442

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De acordo co previsto no artigo 99 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

13 e 19 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE do 9 de agosto), e de conformidade co establecido na Orde do 8 de setembro de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se aproba o modelo de convocatoria conxunta e bases comúns polas que se rexerán os concursos ordinarios para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE nº 216, do 9 de setembro), na Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto), e demais normativa concordante, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Publica-las bases comúns, así como os méritos de determinación autonómica e específicos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

P.D. (Orde 12-2-2003)

Manuel Eduardo Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local

Bases comúns

Primeira.-Postos.

Ofrécense neste concurso os postos vacantes reservados a funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional naquelas corporacións que aprobaron as bases específicas e nas que os presidentes efectuaron a convocatoria de concurso.

Segunda.-Participación.

1. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional, así como os funcionarios non integrados nas actuais subescalas, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios da Administración local a que se refire a disposición transitoria primeira, 1, do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar ós postos que se ofrecen, nos termos seguintes:

-Os secretarios de primeira, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

-Os secretarios de segunda, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

-Os secretarios de terceira, a postos reservados á subescala de secretaría intervención.

-Os secretarios de concellos a extinguir, ás secretarías de concellos con poboación que non exceda dos 2.000 habitantes.

-Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención.

-Os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se encontren en expectativa de nomeamento están obrigados a concursar á totalidade de postos ofertados na súa subescala e categoría. Tamén o están os que se encontren en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesasen na situación de servicios especiais e non tivesen reserva de praza, e os que promocionasen á categoría superior nos termos do artigo 24.2º do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non transcorrese o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5º do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios nas situacións de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3º c) e d) da Lei de medidas para a reforma da función pública, se non transcorrese o prazo de dous anos desde o paso a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera Administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma Corporación ou se encontren nos supostos do artigo 20.1º f), da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de quince días naturais a partir da publicación conxunta deste concurso no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte nel dirixirán á Corporación local do posto a que concursan, a seguinte documentación:

-Solicitude de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

-Documentación acreditativa do coñecemento da lingua e dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base cuarta desta resolución, así como os específicos de cada posto nos termos que se indican no anexo I.

2. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán solicitude e documentación acreditativa do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica en tódalas corporacións en que soliciten postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos

presentarán en idéntico prazo de 15 días naturais orde de prelación de adxudicacións ante a Subdirección Xeral de Función Pública Local (Rexistro de Entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas; praza de España 17; 28071 Madrid). A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, e único, así mesmo, se se concursa a unha ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, da que o único obxecto é evita-la adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada Corporación local.

No suposto de solicitarse postos en corporacións locais do País Vasco, os concursantes remitiranlles ás deputacións forais respectivas copia da folla de prelación.

3. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme os modelos que se achegan nos anexos II e III.

4. Os requisitos esixidos, así como os méritos deberán reunirse na data da publicación da correspondente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Cuarta.-Coñecemento de linguas propias e méritos de determinación autonómica.

Méritos de determinación autonómica da Comunidade Autónoma de Galicia.

(Decreto 136/1997, do 5 de xuño de 1997).

1. Méritos.

Os méritos correspondentes ó coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia ós que, de conformidade co establecido no artigo 99.1º da Lei 7/1985, do 2 de abril, se atribúe o 10% da puntuación total posible nos concursos para a provisión de postos de traballo de funcionarios da Administración local con habilitación de carácter nacional, son os seguintes:

-Experiencia profesional: consistente no exercicio de funcións na Administración autonómica ou nas entidades locais de Galicia que impliquen o coñecemento das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

-Cursos de formación e perfeccionamento superados, homologados ou recoñecidos pola Escola Galega de Administración Pública, e que teñan por obxecto a aprendizaxe das especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia.

-Actividade docente: dirixida ó ensino das materias sobre organización territorial e normativa de Galicia, réxime local, urbanismo e réxime económico-financeiro das entidades locais en cursos organizados pola EGAP ou en colaboración con esta.

-Publicacións: en materias relativas ás especialidades de organización territorial e da normativa de Galicia.

2. Valoración de méritos.

A proporción que corresponde a cada unha das clases de méritos expresados no artigo anterior, dentro da porcentaxe do 10% da puntuación total posible asignada para o coñecemento das especialidades autonómicas, que é de 3 puntos, é a seguinte:

-Experiencia profesional: ata un 30% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

-Cursos de formación e perfeccionamento: ata un 50% do total de puntos que, na puntuación total, correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas, en función do nivel académico do curso.

-Actividade docente: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

-Publicacións: ata un 10% do total de puntos que na puntuación total correspondan ó 10% atribuído ós méritos polos coñecementos das especialidades autonómicas.

3. Regras para a puntuación de méritos.

Experiencia profesional: os servicios prestados valoraranse da seguinte forma:

-Servicios prestados en postos de traballo do mesmo grupo ou superior de funcionarios que o correspondente á subescala á que se concursa: 0,02 puntos/mes.

-Servicios prestados en postos de traballo asignados ó grupo de funcionarios inmediatamente inferior á subescala á que se concursa: 0,01 puntos/mes.

Máximo: 0,90 puntos.

-Cursos de formación e perfeccionamento: a valoración dos cursos, con exclusión dos que formen parte dos procesos selectivos correspondentes, efectuarase da forma seguinte:

Teranse en conta, unicamente, os cursos impartidos pola EGAP ou, en colaboración con esta, polas universidades, centros de ensino superior ou outros órganos competentes en materia de formación e perfeccionamento dos funcionarios, sempre que sexan homologados pola EGAP, para efectos deste artigo.

A puntuación de cada curso, dentro da escala de 0,10 a 1,5, será establecida pola EGAP en función da relación da materia impartida coas funcións reservadas ós funcionarios con habilitación nacional, o grao de dificultade do curso, o número de horas lectivas e o sistema de avaliación.

As convocatorias dos cursos formuladas pola EGAP indicarán a puntuación outorgada para os efectos deste precepto.

Para o suposto de que a puntuación dos cursos non estivese determinada nas súas convocatorias, a valoración farase exclusivamente respecto daqueles cursos nos que a materia impartida teña relación coas fun

cións reservadas ós funcionarios con habilitación de carácter nacional, da forma seguinte:

-Cursos con certificado de asistencia: 0,10 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de ata 40 horas: 0,20 puntos por curso.

-Cursos con certificado de aproveitamento de máis de 40 horas: 0,40 puntos por curso.

Non se valorarán os diplomas relativos á celebración de xornadas, seminarios, simposios e similares.

Máximo: 1,5 puntos.

-Actividade docente: valorarase cun máximo de 0,30 puntos, a razón de 0,01 puntos por hora impartida en cursos, excluiranse as xornadas, seminarios, simposios ou similares.

-Publicacións de monografías ou artigos sobre materias relativas ás especialidades da organización territorial e da normativa de Galicia. Por cada monografía: 0,10 puntos; por cada artigo 0,05 puntos. A puntuación máxima será de 0,30 puntos. Só se valorarán as monografías ou artigos aparecidos en publicacións con ISBN ou ISSN.

4. Acreditación de méritos.

Os concursantes acreditarán os méritos que aleguen mediante a presentación do certificado correspondente ou a copia do título debidamente compulsada.

5. Valoración dos méritos polos tribunais.

O tribunal de valoración do concurso comprobará e valorará os méritos alegados de acordo coas regras e as puntuacións establecidas neste decreto.

Quinta.-Méritos específicos.

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se detallan no anexo I.

Sexta.-Valoración de méritos.

1. O tribunal de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria, excluíndo a quen non os reúna. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

-Méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais aprobada na data desta resolución sen que sexa posible acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-Méritos específicos, ata un total de 7,50 puntos, e méritos de determinación autonómica, ata un total de 3 puntos, con base na documentación acreditativa achegada polos concursantes.

2. O tribunal poderá celebrar, se o prevé a convocatoria específica respectiva, entrevista con concursante ou concursantes que considere conveniente, para a concreción dos méritos específicos ou de determinación autonómica. A data e hora de celebración da entrevista seralles notificada ós afectados polo tribunal polo menos con seis días de antelación á súa realización.

3. En caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal daralle prioridade na proposta de adxudicación a aquel que obtivese maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña máis alta puntuación. De persistir este, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nas alíneas a), b), c), d) e e) pola dita orde, do artigo 15.1º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia, o empate resolverase con base na orde de prelación no proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Efectuadas polo tribunal a exclusión, puntuación final e priorización de concursantes, elevará ó Pleno da Corporación proposta de resolución comprensiva de tódolos non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos.

Oitava.-Resolución.

1. A Corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración.

2. A dita resolución será motivada con referencia ó cumprimento das normas regulamentarias e das bases de convocatoria. En todo caso deberán quedar acreditadas, como fundamentos da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos candidatos e comprender, por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos.

3. A resolución do concurso será remitida á Dirección Xeral da Función Pública dentro dos trinta días naturais seguintes ó de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

4. As corporacións locais do País Vasco, en lugar da resolución do concurso, formularán propostas de nomeamento e remitiranas á respectiva institución foral dentro dos 30 días naturais seguintes ó da data de finalización do prazo de presentación de instancias.

5. As institucións forais do País Vasco procederán á resolución do concurso e á súa remisión ó órgano competente da Comunidade Autónoma, que a enviará á Dirección Xeral da Función Pública.

Novena.-Coordinación de nomeamentos.

1. A Dirección Xeral da Función Pública, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectua-la coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, con adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e á puntuación obtida en cada un dos postos afectados.

2. Respecto dos postos do País Vasco, o órgano competente da Comunidade Autónoma e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples en postos adxudicados simultaneamente a un mesmo concursante no País Vasco e noutras comunidades autónomas.

Décima.-Formalización de nomeamentos.

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral da Función Pública procederá a formaliza-los nomeamentos, ó seu envío ás comunidades autónomas e á súa publicación, no prazo dun mes, no Boletín Oficial del Estado.

Décimo primeira.-Prazo para a toma de posesión.

1. O prazo de toma de posesión nos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade, ou dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en localidade distinta.

2. Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó de cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución de nomeamentos no Boletín Oficial del Estado. Se o destino obtido comportase o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita publicación.

3. Se no momento da publicación de nomeamento non se producise a xubilación á que se refire o artigo 11 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, o prazo de cesamento no posto de orixe diferirase ó momento en que esta teña lugar.

4. O cómputo de prazos de toma de posesión iniciarase cando finalicen os permisos ou licencias que, se é o caso, se lles concedesen ós interesados.

5. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións en que teña que cesar e tomar posesión o concursante, poderase diferi-lo cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta deste acordo á Dirección Xeral da Función Pública.

Décimo segunda.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

Os concursantes non poderán renunciar ó concurso nin ó posto que sexa adxudicado a partir do momento en que os tribunais eleven proposta de resolución ó Pleno correspondente.

As adxudicacións de postos no concurso terán carácter voluntario e non xerarán, en consecuencia, dereito ningún ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo terceira.-Cesamento e toma de posesión.

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depende-lo funcionario da correspondente Corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes serán comunicadas á Dirección Xeral de Función Pública e á Comunidade Autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo cuarta.-Recursos.

Os actos administrativos dos tribunais de valoración poderán ser impugnados conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co establecido no artigo 114 e na disposición adicional novena da citada lei, os actos do presidente da Corporación e os do director xeral da Función Pública na súa actividade de coordinación poñen fin á vía administrativa.

ANEXO I

BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE REXERÁN OS CONCURSOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS A FUNCIONARIOS DE ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL

Secretarías de 1ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Carballo (A Coruña).

Entidade: Carballo.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 1.994,43 euros anuais.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

Iniciación: 0,25 puntos.

Perfeccionamento: 0,50 puntos.

Máximo total polo coñecemento do idioma galego: 0,50 puntos.

Acreditarase mediante a presentación da correspondente certificación expedida pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, ou certificado oficial de validación.

2. Coñecementos urbanísticos:

Título de técnico urbanista expedido polo Instituto Nacional de Administración Pública: 2 puntos.

Máximo de puntos: 2 puntos.

Acreditarase mediante a presentación de copia compulsada do título correspondente expedido polo INAP.

3. Formación e perfeccionamento:

Só se valorarán os cursos que se acrediten e que estean referidos ós dez anos inmediatamente anteriores á data de publicación do concurso ordinario no Boletín Oficial del Estado.

O máximo de puntos que se pode obter neste epígrafe é de 1,50 puntos.

3.1. Pola realización de cursos de formación ou perfeccionamento sobre dereito urbanístico, coa excepción dos necesarios para a obtención do título de técnico urbanista, impartidos polo INAP, órganos competentes en materia de formación das comunidades autónomas, entidades locais ou colexios oficiais de funcionarios da Administración local.

-Cursos entre 20 e 60 horas lectivas de duración: 0,10 puntos por curso.

-Cursos de máis de 60 ata 100 horas lectivas: 0,25 puntos por curso.

-Cursos de máis de 100 horas lectivas: 0,50 puntos por curso.

Máximo de puntuación computable no punto 3.1.: 1 punto.

3.2. Pola realización de cursos de formación ou perfeccionamento nos que o contido estea directamente relacionado co posto de traballo que se convoca, excluíndo os valorados no punto 3.1., impartidos polo INAP ou órganos competentes en materia de formación das comunidades autónomas:

-Cursos entre 20 e 60 horas lectivas: 0,10 puntos por curso.

-Cursos de máis de 60 e ata 100 horas lectivas: 0,25 puntos por curso.

-Cursos de máis de 100 horas lectivas: 0,50 puntos por curso.

Máximo de puntuación computable no punto 3.2.: 0,50 puntos.

A acreditación dos méritos do punto 3 realizarase mediante a presentación dos títulos, diplomas ou certificados deles, expedidos polas entidades organizadoras, ou copia compulsada daqueles.

4. Docencia:

Exercicio da docencia en cursos impartidos polo INAP, órganos competentes en materia de formación das comunidades autónomas ou por entidades locais ou federacións de municipios no marco dos plans de formación continua dirixidos a persoal das corporacións locais e que versen sobre urbanismo, contratación, procedemento administrativo, persoal ou patrimonio. Valoraranse 0,25 puntos por cada curso. Puntuarase unha soa vez no mesmo curso impartido en máis dunha ocasión.

Máximo de puntuación que se pode obter neste epígrafe: 0,75 puntos.

A acreditación dos méritos do punto 4 realizarase coa presentación dos correspondentes certificados, ou copias compulsadas deles, expedidos pola entidade organizadora do curso.

5. Experiencia:

O máximo de puntos que se pode obter é de 3 puntos.

5.1. Ter formado parte, como representante de entidades locais, de órganos consultivos e preparatorios das comisións provinciais de Urbanismo (ou órgano equivalente segundo a Comunidade Autónoma) durante un período mínimo de 6 meses.

Por cada período completo de seis meses: 0,50 puntos.

Máximo de puntos que poden obter neste punto: 1,50 puntos.

5.2. Pola dirección ou xefatura en entidades provinciais ou supramunicipais dos servicios de asesoramento dirixidos ás entidades locais durante un período mínimo de 1 ano.

Por cada ano: 0,50 puntos.

Máximo de puntos que poden obter neste epígrafe: 1,50 puntos.

A acreditación dos méritos do punto 5 realizarase coa presentación dos correspondentes certificados, nomeamentos ou designacións pola correspondente entidade local.

Os méritos xerais serán acreditados pola Dirección Xeral da Función Pública. Os méritos autonómicos e específicos serán acreditados polos concursantes mediante documentos orixinais, copias compulsadas deles ou certificacións orixinais. As copias serán compulsadas polo centro emisor do documento ou polo centro onde sexan presentadas, podendo recadarse formalmente dos interesados as aclaracións ou, se é o caso, a documentación adicional que se considere necesaria para a comprobación dos méritos alegados.

6. Puntuación mínima:

De conformidade co dereito que a esta Corporación lle concede o artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, para ser incluído na proposta de nomeamento o candidato deberá alcanza-la puntuación mínima do 25 por 100 do total posible (7,50 puntos).

7. Entrevista e gastos:

O tribunal poderá considerar necesaria a realización de entrevista cos concursantes para efectos de concreción dos méritos; neste caso, non lles aboará a Corporación axudas de custo nin gastos de desprazamento ós concursantes, e serán por conta deles. Para estes efectos notificaraselles ós interesados, alomenos con seis días de antelación, a data, a hora e o lugar da súa realización.

8. Participación:

Non poderán participar no concurso os funcionarios ós que se refire o número 3 do artigo 18 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo.

9. Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte no concurso será de quince días naturais a partir da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Xunto coa solicitude, dirixida ó Concello de Carballo, presentarase declaración xurada de non estar comprendido nalgunha das circunstancias a que se refire a base oitava e a documentación xustificativa dos requisitos requiridos e dos méritos de determinación autonómica e específicos alegados.

10. No non previsto nestas bases observarase o determinado nas normas legais mencionadas nelas, na súa normativa de desenvolvemento e no resto da lexislación local.

Concello de Culleredo (A Coruña).

Entidade: Culleredo.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 16.101,29 euros anuais.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes ó da publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñocemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,25 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

c) Curso de especialización da linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Máximo total coñecemento do idioma galego: 1,50 puntos.

2. Diploma de técnico urbanístico expedido polo INAP: 3 puntos.

3. Curso de dirección e xerencia pública na Administración local, expedido polo INAP (227 horas lectivas aproximadamente): 3 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos: os méritos alegados acreditaránse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

4. Entrevista:

O tribunal de avaliación poderá acorda-la realización dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o consideren necesario, resolvendo, se é o caso, o aboamento dos gastos de desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Ribadeo (Lugo).

Entidade: Ribadeo.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 21.927,12 euros/anual.

Baremo

Méritos específicos:

1. Actividade docente e investigadora:

a) Actividade docente en escola oficial de Administración pública en linguaxe administrativa local

galega, Lei 30/1992, e a súa incidencia no réxime local: 0,75 puntos por curso impartido.

b) Actividade docente en universidade pública galega en cursos de especialización de Administración local: 0,75 puntos por curso impartido.

Por actividade investigadora no INAP ou escola de Administración pública dunha comunidade autónoma logo de convocatoria pública: 0,5 puntos.

Máximo por este epígrafe: 2,5 puntos.

2. Experiencia profesional:

a) Experiencia profesional: de funcións de secretaría como funcionario con habilitación de carácter nacional na subescala de secretaría por un período de sete anos ou máis: 1 punto.

b) Dirección de publicacións expedidas por centros oficiais no ámbito local: 0,5 puntos.

Máximo por este epígrafe: 1,5 puntos.

3. Cursos:

a) Por ter asistido ós cursos impartidos polo INAP ou escola oficial das comunidades autónomas, universidades públicas ou FEMP, nas materias específicas que se relacionan e puntúan:

-Urbanismo: materia de xestión e control urbanístico en Galicia, de 70 horas lectivas ou máis: 0,7 puntos.

-Medioambiente: réxime xurídico e xestión ambiental das corporacións locais, de 50 horas ou máis: 0,5 puntos.

-Contratación: contratación administrativa local, de 40 horas lectivas ou máis: 0,4 puntos.

-Dereito público autonómico de Galicia para persoal de Administración local, con aproveitamento de 70 horas ou máis: 1 punto.

-Dirección de Administración pública: curso de directivo da Xunta de Galicia, de 150 horas ou máis: 1,5 puntos.

-Cursos organizados por universidades internacionais: sobre cuestións de réxime local e de financiamento de comunidades autónomas e entes locais, de 30 horas ou máis: 0,30 por curso.

-Accións formativas organizadas pola FEMP en materia de Goberno e Administración local e de entes locais e a UE: normativa, financiamento, transferencia de coñecemento e redes de cooperación, de 20 horas ou máis: 0,2 puntos por curso.

Máximo por este epígrafe: 4 puntos.

b) Coñecemento suficiente da lingua galega:

De acordo co establecido nos artigos 20.2º do Real decreto 731/1993 e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación co disposto na Lei 5/1988, do 21 de xuño, da Xunta de Galicia, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega; debe acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación ou perfeccionamento de galego para funcionarios de Administración pública expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Acreditación dos méritos específicos:

a) Actividade docente:

Copia ou certificación de nomeamento como profesor do curso, expresivo de data e horas lectivas.

b) Exercicio de funcións como secretario:

Certificado da entidade local.

Copia do nomeamento polo Ministerio para as Administracións Públicas.

c) Cursos ou xornadas organizados polo INAP ou escolas oficiais das CC.AA.:

Copia compulsada da certificación de asistencia, expedida polo presidente do INAP ou director do instituto ou escola de Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Cursos organizados por universidades:

Copia compulsada da certificación expedida polo director do curso co visto e prace do secretario xeral da universidade.

e) Actividade investigadora:

Copia compulsada da resolución da presidencia ou dirección do INAP ou escola oficial, da adxudicación da axuda á investigación.

4. Puntuación mínima para concursar ó posto: 25% da puntuación total.

5. Non se prevé a realización de entrevista.

Vicesecretaría vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Monforte de Lemos (Lugo).

Entidade: Monforte de Lemos.

Posto: vicesecretaría xeral.

Clase: 1ª.

Subescala: secretarios de Administración local.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico anual: 13.851,95 euros.

Baremo

1. Bases específicas:

Estas bases específicas rexerán o concurso ordinario para a provisión definitiva do posto de traballo de vicesecretaría sinalado, conxuntamente coas bases establecidas polo Ministerio para as Administracións Públicas, mediante a Orde do 7 de setembro de 1994, e sendo de aplicación o disposto no Decreto 136/1997, do 5 de xuño, da Xunta de Galicia.

2. Méritos específicos: non se establecen.

3. Entrevista: non se esixe.

4. Puntuación mínima: non se esixe.

Intervencións de 1ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Culleredo (A Coruña).

Entidade: Culleredo.

Posto: intervención.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 16.109,29 euros anuais.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,25 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

c) Curso de especialización da linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 1 punto.

Máximo total coñecemento do idioma galego: 1,50 puntos.

2. Curso homologado de acceso ó Rexistro Oficial de Auditores de Contas: 3 puntos.

3. Cursos específicos de formación relacionados coas funcións que se van desempeñar, expedidos por centro oficial ou homologado, de máis de 200 horas de duración: 3 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos: os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais, expedidos por centros oficiais ou debidamente homologados.

4. Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

5. Entrevista:

O tribunal de avaliación poderá acorda-la realización dunha entrevista para os efectos da concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que o consideren necesario, resolvendo, se é o caso, o aboamento dos gastos do desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Ribadeo (Lugo).

Entidade: Ribadeo.

Posto: intervención.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 21.927,12 euros/anuais.

Baremo

Méritos específicos:

1. Actividade docente e investigadora:

a) Actividade docente en escola oficial de Administración pública en fiscalización e intervención do gasto no réxime local: 0,75 puntos por curso impartido.

b) Actividade docente en universidade pública galega en cursos de especialización de Administración local: 0,75 puntos por curso impartido.

Por actividade investigadora no INAP ou escola de Administración pública dunha comunidade autónoma, logo de convocatoria pública: 0,5 puntos.

Máximo por este epígrafe: 2,5 puntos.

2. Experiencia profesional:

a) Experiencia profesional: de funcións de intervención como funcionario con habilitación de carácter nacional na subescala de intervención por un período de 7 anos ou máis: 1 punto.

b) Publicacións expedidas por centros oficiais no ámbito local, con ISBN: 0,5 puntos.

Máximo por este epígrafe: 1,5 puntos.

3. Cursos:

a) Por ter asistido ós cursos impartidos polo INAP ou escola oficial das comunidades autónomas, nas materias específicas que se relacionan e puntuan:

-Contratación. Contratación administrativa local, de 40 horas lectivas ou máis: 0,4 puntos.

-Dereito público autonómico de Galicia para persoal de Administración local, con aproveitamento de 70 horas ou máis: 1 punto.

-Dirección de Administración pública. Curso de directivo da Xunta de Galicia, de 150 horas ou máis: 1,5 puntos.

-Contabilidade. Curso de contabilidade das entidades locais de 100 horas ou máis: 1 punto.

-Cursos organizados por universidades internacionais sobre cuestións de réxime local e de financiamento de comunidades autónomas e entes locais, de 30 horas ou máis: 0,30 por curso.

-Accións formativas organizadas pola FEMP en materia da UE: normativa, financiamento, transferencia de coñecemento e redes de cooperación, de 20 horas ou máis: 0,20 puntos por curso.

Máximo por este epígrafe: 4 puntos.

b) Coñecemento suficiente da lingua galega.

De acordo co establecido nos artigos 20.2º do Real decreto 731/1993 e 5.1º da Orde do 7 de xullo de 1993, en relación co disposto na Lei 5/1988, do 21 de xuño, da Xunta de Galicia, establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega; deberá acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación ou perfeccionamento de galego para funcionarios de Administración pública, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

4. Acreditación dos méritos específicos:

a) Actividade docente:

Copia ou certificación do nomeamento como profesor do curso, con expresión de data e horas lectivas.

b) Exercicio de funcións como interventor:

Certificación da entidade local.

Copia do nomeamento polo Ministerio para as Administracións Públicas.

c) Cursos ou xornadas organizados polo INAP ou escolas oficiais das CC.AA.:

Copia compulsada da certificación de asistencia, expedida polo presidente do INAP ou director do instituto ou escola de Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Cursos organizados por universidades:

Copia compulsada da certificación expedida polo director do curso co visto e prace do secretario xeral da universidade.

4. Puntuación mínima para concursar ó posto: 25% da puntuación total.

5. Non se prevé a realización de entrevista.

Secretarías 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Ames (A Coruña).

Entidade: Ames.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 15.361,21 euros.

Cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento de idioma galego:

a) Curso de iniciación ó idioma galego acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: 0,50 puntos.

b) Curso de perfeccionamento do idioma galego acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: 1 punto.

Unicamente se puntuará o curso de maior nivel.

2. Cursos:

a) Curso de urbanismo impartido pola EGAP ou outro organismo público da Comunidade Autónoma galega, con posterioridade á entrada en vigor da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia ou, se é o caso, da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural

de Galicia: ata 50 horas lectivas: 1 punto. De máis de 50 e menos de 100 horas lectivas: 1,50 puntos. De máis de 100 horas lectivas: 2 puntos.

b) Curso sobre xestión de axudas financiadas con fondos comunitarios para corporacións locais impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

c) Curso de informática para secretarios de Administración local impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

d) Curso sobre os modos de xestión dos servicios públicos nas entidades locais, impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

e) Curso sobre xestión e administración do persoal nas entidades locais impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

f) Curso sobre contabilidade pública local impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

g) Curso sobre prevención de riscos laborais impartido pola EGAP, INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de ata 20 horas lectivas: 0,25 puntos. De máis de 20 horas lectivas: 0,50 puntos.

A puntuación máxima por este epígrafe non poderá pasar de 5 puntos.

3. Servicios:

a) Por servicios prestados como secretario/a de concellos: 0,25 puntos por ano ata un máximo de 1,50 puntos. Soamente se computarán anos enteiros.

Os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais expedidos polos organismos correspondentes ou fotocopias autenticadas.

4. O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la Corporación é de 7,50, en virtude do establecido no artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

5. O tribunal poderá acorda-la realización de entrevista persoal para os efectos de concreción dos méritos de acordo co artigo 17.2º do Real decreto 1732/1994, de 24 de maio.

As axudas de custo aboaranselles ós membros do tribunal de acordo co Real decreto 462/2002, do 24 de maio.

Concello de Bueu (Pontevedra).

Entidade: Bueu.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Nivel de complemento de destino: 27.

Complemento específico: 15.608,57 euros.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

-Iniciación: 0,75 puntos.

-Perfeccionamento: 1,50 puntos.

Máximo total de puntos polo coñecemento do idioma galego: 1,50 puntos.

2. Servicios prestados en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional na subescala de secretaría ou secretaría-intervención (en propiedade, comisión de servicios, interino, nomeamento provisional), en concellos costeiros:

-Por cada ano completo de servicio: 1,2 puntos.

-Nas fraccións inferiores a un ano, por cada mes completo: 0,20 puntos.

Máximo total de puntos: 2,50 puntos.

3. Cursos de perfeccionamento:

-Por ter realizado curso de práctica xurídica en calquera das universidades do territorio nacional, cunha duración mínima de 200 horas: 1 punto.

-Cursos de réxime xurídico e procedemento administrativo das corporacións locais, organizado polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 25 horas: 0,5 puntos.

-Curso de asistencia e técnica xurídica organizado polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 50 horas: 0,5 puntos.

A acreditación destes méritos efectuarase cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Por reunir tódolos requisitos enunciados nos puntos 1, 2 e 3, na súa máxima puntuación: 1 punto.

Puntuación mínima para concursar ó posto: 7,50 puntos.

4. Entrevista: o tribunal de avaliación poderá acorda-la realización dunha entrevista para os efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que consideren necesario, resolvendo, de se-lo caso, o aboamento dos gastos do desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Entidade: Cambados.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 16.355,82 euros.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Experiencia profesional:

a) Polo desempeño de función en secretarías xerais de concellos pertencentes á mesma categoría que a do posto que se vai cubrir: 0,5 puntos por ano completo, ata un máximo de 1,5 puntos.

b) Polo desempeño de funcións en postos reservados a habilitados nacionais de concellos que foron sede de mancomunidades de municipios, cando estas xestionasen plans e programas cofinanciados pola Unión Europea: 0,5 puntos por ano completo, ata un máximo de 1,5 puntos.

c) Polo desempeño de postos en calquera Administración pública, distintos ós reservados especificamente a habilitados nacionais, pero cunhas funcións que garden relación directa co ámbito local: 0,5 puntos por ano completo, ata un máximo de 1 punto.

2. Cursos de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia de xestión do persoal ó servicio das entidades locais, impartidos polas escolas oficiais de formación de funcionarios das administracións públicas: cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 50 e 100 horas: 2 puntos. Se supera as 100 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de asistencia xurídica municipal, impartidos polas escolas oficiais de formación de funcionarios das administracións públicas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 50 e 100 horas: 2 puntos. Se supera as 100 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso en materias relacionadas co dereito autonómico de aplicación nas entidades locais, impartidos polas escolas oficiais de formación de funcionarios das administracións públicas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 50 e 100 horas: 2 puntos. Se supera as 100 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos. Por cada curso, distintos dos enumerados anteriormente, dirixidos ó persoal ó servicio das entidades locais, impartidos polas escolas oficiais de formación de funcionarios das administracións, cun mínimo de 10 horas de duración cada un: 0,2 puntos ata un máximo de 1 punto.

3. Actividade docente:

Por ter impartido cursos de formación dirixidos a persoal das administracións públicas galegas, en disciplinas relacionadas co dereito público que sexa de aplicación nos concellos: 0,05 puntos por hora de docencia, ata un máximo de 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la Corporación é de 7,50 en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

4. Puntuación mínima para concursar:

Fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 35% da puntuación máxima para outorgar pola Corporación na baremación total dos méritos (7,50 puntos).

5. Entrevista persoal:

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración cos concursantes dunha entrevista para concreción dos méritos específicos alegados naqueles supostos individualizados en que así o considere necesario. En tales casos, notificaraselles ós concursantes afectados a data, a hora e o lugar de realización desta.

Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Entidade: Vilanova de Arousa.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 11.405,64 euros.

A praza non está cuberta por titular que deba xubilarse nos 6 meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Grao de coñecemento do idioma galego:

a) Iniciación ó galego, ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

(En caso de acreditarse varios cursos dos indicados, terase en conta só o de maior puntuación).

Só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación

Universitaria, e deben acreditarse cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Curso de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia urbanística, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de procedemento administrativo impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso realizado en materia de contratación local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos: por cada curso de perfeccionamento para funcionarios de Administración local, distintos dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas de duración cada un: 0,5 puntos. Cun mínimo de 60 horas de duración cada un: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la Corporación é o de 7,50 en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

3. Puntuación mínima para concursar. Fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

4. Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Intervención 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Abegondo (A Coruña).

Entidade: Abegondo.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 11.922,48 euros.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galega:

a) Iniciación ou básico de linguaxe administrativa: 0,25 puntos.

b) Perfeccionamento ou medio de linguaxe administrativa: 0,50 puntos.

c) Especialización de linguaxe administrativa: 0,75 puntos.

d) Máximo total de coñecemento do idioma galego: 0,75 puntos.

Só se terá en conta o de maior puntuación.

2. Servicios prestados en postos de intervención reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional da subescala de intervención-tesourería en entidades locais co posto de intervención de clase 2ª ou superior.

a) Durante un período mínimo de dous anos: 2 puntos.

b) Por cada ano adicional: 0,50 puntos.

c) Non se computarán os períodos inferiores ó ano.

d) Máximo total por servicios prestados: 2,50 puntos.

3. Por impartición de docencia en materias orzamentaria e de contabilidade pública local:

a) Docencia en centros públicos con competencias en materia de formación de funcionarios. Por participación en cursos de 30 horas ou máis: 0,09 puntos por hora impartida.

b) Máximo total por docencia: 3,50 puntos.

4. Por asistencia a cursos específicos de formación impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública, ou escolas ou institutos oficiais de Administración pública das distintas comunidades autónomas en materias relacionadas co exercicio das funcións do posto de traballo:

a) Por cada curso de 30 horas ou máis: 0,25 puntos.

b) Por cada curso de 60 horas ou máis: 0,50 puntos.

c) Máximo total por asistencia a cursos: 0,75 puntos.

Medios de acreditación e valoración dos méritos.

1. Coñecemento do idioma galego: só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

2. Por servicios prestados: mediante certificación de servicios prestados expedida polo secretario xeral da entidade local correspondente, na que se fará consta-la clasificación da intervención do concello de acordo coas provisións do artigo 2 do Real decreto 1732/1994.

3. Por impartición de docencia: mediante certificación expedida polo director ou responsable da entidade ou centro, na que se fará consta-lo número total de horas do curso e o número de horas impartidas polo interesado.

4. Por asistencia a cursos específicos de formación: mediante copia compulsada do diploma ou título correspondente no que deberá consta-lo número de horas do curso.

Puntuación mínima para concursar: non se esixe puntuación mínima.

Concello de Ames (A Coruña).

Entidade: Ames.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 3.712,74 euros.

Baremo

1. Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación ó idioma galego acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingúística da Xunta de Galicia: 0,50 puntos.

b) Curso de perfeccionamento do idioma galego acreditado mediante certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia: 1 punto.

Soamente se puntuará o curso de maior nivel acreditado.

2. Servicios:

a) Por desempeño do posto de interventor en concellos durante os últimos cinco anos ininterrompidamente: 1,50 puntos.

b) Por cada ano de servicios prestados como interventor en concellos con orzamento inferior a 6.000.000 de euros: 0,25 puntos. De máis de 6.000.000 de euros e menos de 12.000.000 de euros: 0,75 puntos. De máis de 12.000.000 de euros: 1 punto. A puntuación máxima por este concepto será de 1 punto.

3. Cursos:

a) Por cada curso realizado en materia de contabilidade pública local, impartido pola EGAP, INAP, ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 40 horas: 1 punto. Entre 50 e 80 horas: 1,5 puntos. De máis de 100 horas: 2 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia tributaria, impartido pola EGAP, INAP, ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 40 horas: 1 punto. Entre 50 e 80 horas: 1,5 puntos. De máis de 100 horas: 2 puntos.

Os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados ou diplomas orixinais expedidos polos organismos correspondentes ou fotocopias autenticadas.

4. O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la Corporación é de 7,50, en virtude do establecido no artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

5. O tribunal poderá acorda-la realización de entrevista persoal para os efectos de concreción dos méritos de acordo co artigo 17.2º do Real decreto 1732/1994, do 24 de maio.

As axudas de custo aboaránselles ós membros do tribunal de acordo co Real decreto 462/2002, do 24 de maio.

Concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Entidade: Vilanova de Arousa.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 11.405,64 euros.

Non será cuberta con titular que deba xubilarse nos seis meses seguintes á publicación desta convocatoria.

Baremo

Méritos específicos:

1. Grao de coñecemento do idioma galego:

a) Iniciación ó galego, ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

(En caso de acreditarse varios cursos dos indicados, terase en conta só o de maior puntuación).

Só se lles concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e deben acreditarse cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Curso de perfeccionamento:

a) Por cada curso realizado en materia de contabilidade pública e local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas, 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia tributaria, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso realizado en materia de contratación local, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto. Entre 40 e 60 horas: 2 puntos. Se supera as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos: por cada curso de perfeccionamento para funcionarios de Administración local, distinto dos enumerados anteriormente, impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas de duración cada un: 0,5 puntos. Cun mínimo de 60 horas de duración cada un: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la Corporación é o de 7,50, en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

3. Puntuación mínima para concursar: fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

4. Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Adxunto á intervención

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Tomiño.

Entidade: Tomiño.

Posto: adxunto á intervención.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico anual: 14.250,43 euros.

Baremo

Méritos específicos:

a) Polo desempeño en postos de traballo reservados á subescala intervención-tesourería, xa sexa co carácter interino, provisional, accidental ou comisión de servicios, durante un período mínimo de tres anos. Este mérito valorarase ata un máximo de 3,5 puntos segundo as regras seguintes:

-Por cada ano: 0,5 puntos.

-Nas fraccións inferiores ó ano, por cada mes completo: 0,05 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificado expedido polas entidades nas que fosen prestados os servicios, indicando a subescala do postos de traballo.

b) Coñecemento do idioma galego:

-Ter realizado, acadando a cualificación de apto, o curso básico de lingua galega para o persoal das corporacións locais: 0,2 puntos.

-Ter realizado, acadando a cualificación de apto, o curso medio de lingua galega para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

-Ter realizado, e coa acreditación de aptitude, o curso de especialización en linguaxe administrastiva galega para a Administración local: 1 punto.

Para efectos de valoración, tomarase en conta unicamente a puntuación do curso de maior nivel.

Estes méritos acreditaranse mediante título ou certificación validados ou expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou pola Escola Galega de Administración Pública, ou centros oficiais.

c) Cursos de formación e perfeccionamento:

-Por cada curso de formación e perfeccionamento, en materia de contabilidade pública, tributaria ou de fiscalización interna das entidades locais, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 30 horas: 0,20 puntos. Máis de 40 horas: 0,50 puntos.

-Outros cursos: por cada curso de formación e perfeccionametno distintos dos enumerados anteriormente, impartido polo INAP, EGAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cunha duración de 30 horas: 0,30 puntos. Máis de 40 horas: 0,50 puntos.

Este epígrafe c) valorarase ata un máximo de 1,5 puntos.

Neste epígrafe os méritos alegados acreditaranse cos correspondentes certificados expedidos pola INAP, EGAP ou órganos competentes das comunidades autónomas, ben orixinais ou fotocopias cotexadas.

d) Pola licenciatura en dereito: 1,5 puntos.

Este mérito acreditarase mediante a presentación do título, ben orixinal ou fotocopia cotexada.

e) Puntuación mínima para concursar:

En virtude do disposto no artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, establécese que a puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% (7,5 puntos) do total acadable pola suma de méritos xerais, específicos e de determinación autonómica, de tal maneira que os concursantes que obteñan unha puntuación inferior serán excluídos da proposta que o tribunal de valoración eleve ó presidente da Corporación.

f) Entrevista persoal:

Non se prevé a realización de entrevistas cos concursantes.

Secretarías 3ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Begonte (Lugo).

Entidade: Begonte.

Posto:secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 24.527,72 euros.

Baremo

Méritos específicos:

1. Titulacións:

Licenciado en dereito: 1,50 puntos.

Acreditación: mediante documento orixinal ou copia compulsada do título.

2. Cursos de formación e perfeccionamento:

-Valoraranse os cursos relativos ás materias que a seguir se indican, conforme os seguintes criterios:

a) Cursos de 20 horas lectivas ou máis: 0,30 puntos por curso.

b) De máis de 30 ata 60 horas lectivas: 0,40 horas.

c) De máis de 60 ata 100 horas lectivas: 0,50 puntos.

d) Máis de 100 horas lectivas: 0,60 puntos.

-Cando non sexa posible acreditar unha determinada carga lectiva, para que poida ser valorado un curso esixirase a acreditación fidedigna do programa de materias desenvolvido.

-Soamente se valorarán os cursos impartidos por administracións públicas (Administración xeral do Estado, comunidades autónomas e Administración local), centros e escolas públicas dedicadas especificamente á formación de funcionarios públicos (EGAP e INAP, etc.).

-Os cursos deberán terse concluídos antes da data de aprobación destas bases.

-Materias sobre as que deben versa-los cursos:

Formación económico-financieira, contabilidade pública e auditoría.

Contratación administrativa.

Urbanismo.

Dereito público galego.

Participación en cursos de directivo público.

A puntuación máxima por este epígrafe será de 3,75 puntos.

3. Actividade docente:

Valorarase a actividade docente como profesor en cursos da Escola Galega de Administración Pública, ou noutras institucións, centros ou escolas públicas de formación de funcionarios, destinados a funcionarios da Administración local, con 0,50 puntos por curso en que fose profesor, cun máximo por este concepto de 2 puntos.

Este mérito acreditarase mediante orixinal do nomeamento como profesor ou copia compulsada del.

4. Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,10 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 0,25 puntos.

Estes méritos non se computarán acumulativamente e acreditaranse mediante orixinal ou copia compulsada do certificado acreditativo.

Concello de Forcarei (Pontevedra).

Entidade: Forcarei.

Posto: secretaría.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: pendente de asignación.

Baremo

Méritos específicos:

1. Coñecemento do idioma galego:

a) Curso de iniciación: 0,25 puntos.

b) Curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

A puntuación máxima polo coñecemento do idioma galego será de 0,50 puntos. Só se terá en conta o curso de maior puntuación.

2. Cursos:

Pola obtención do diploma de directivo ou curso sobre funcións directivas, concedido por unha Administración pública, INAP, ou escola oficial de formación das comunidades autónomas, cunha duración mínima de 150 horas lectivas: 1 punto.

3. Experiencia docente:

a) Por impartir docencia universitaria en calquera universidade pública española cun mínimo de 100 horas lectivas, baixo calquera modalidade de contratación como profesor asociado, invitado, etc., concederase a seguinte puntuación segundo as áreas:

-En materia de dereito administrativo: 3,5 puntos.

-En materia de dereito constitucional, laboral ou financeiro: 2,5 puntos.

-En materia de dereito civil, penal, e outras: 2 puntos.

A puntuación máxima pola experiencia docente universitaria será de 3,5 puntos.

b) Cursos impartidos organizados por calquera Administración pública, INAP, escola oficial de formación das comunidades autónomas, ou universidades distintas da formación académica, sobre materias relacionadas directamente co posto que se vai desempeñar, tales como procedemento administrativo, contratación administrativa, réxime local, función pública, contabilidade pública, dereito financeiro ou laboral, etc., por hora de docencia impartida: 0,1 puntos.

A puntuación máxima pola experiencia docente por cursos impartidos será de 2,5 puntos.

4. Modo de acreditación dos méritos específicos:

Mérito 1: certificación ou diploma ou copia debidamente cotexada deles, expedidos ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou comisión coordinadora para a normalización lingüística.

Méritos 2 e 3: presentación de títulos ou certificacións en orixinal ou fotocopia debidamente cotexada.

5. Puntuación mínima:

En virtude do previsto no artigo 14.2º do Real decreto 1732/1994, establécese que a puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é de 25% (7,5) puntos do total que resulte da suma dos méritos xerais, específicos e de determinación autonómica, de tal maneira que os concursantes que

obteñan unha puntuación inferior serán excluídos da proposta que o tribunal de valoración eleve ó presidente da Corporación.

Agrupación A Rúa-Petín.

Entidade: Agrupación A Rúa-Petín.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: terceira.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 3.873,36 euros.

Baremo

Méritos específicos:

1. Servicios prestados:

Por servicios prestados como secretario-interventor na mesma categoría ou subescala que a praza convocada, con nomeamento provisional ou definitivo, en municipios ou agrupacións de municipios, durante os dous últimos anos e por un período mínimo de seis meses, segundo o seguinte cadro:

-En agrupacións de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia nas que un ou máis dos municipios agrupados sexa de máis de 3.500 habitantes: 1 punto.

-En agrupacións de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia nas que un ou máis dos municipios agrupados sexa de máis de 4.500 habitantes: 2 puntos.

-En agrupacións de municipios da Comunidade Autónoma de Galicia nas que un ou máis dos municipios agrupados sexa de 5.000 ou máis habitantes: 7,5 puntos.

-En municipios da Comunidade Autónoma de Galicia de máis de 3.500 habitantes: 0,50 puntos.

-En municipios da Comunidade Autónoma de Galicia de máis de 4.500 habitantes: 1 punto.

Para os efectos da puntuación destes servicios prestados, os puntos de distintas agrupacións de municipios ou municipios non son acumulables, e os puntos computables serán os da agrupación de municipios ou municipio con maior puntuación.

A valoración dos méritos por servicios prestados pretende a adecuación dos aspirantes a unha experiencia mínima e recente nunha agrupación de municipios da nosa Comunidade Autónoma con características similares á que se convoca, con poboación e servicios para a súa categoría importantes, directamente relacionados coas características do posto de traballo e as súas funcións correspondentes.

Os servicios prestados nas agrupacións de municipios ou municipios coas características que se indican, deberán acreditarse mediante certificación de servicios prestados e certificado onde conste o número de habitantes do municipio ou agrupación de municipios, especificando, neste caso, a poboación de cada municipio e o período traballado nos dous últimos

anos, indicando se foi desempeñado con carácter provisional ou definitivo.

Tribunais

Secretarías de 1ª

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Carballo.

Presidente: Manuel Varela Rey, alcalde do Concello de Carballo, ou concelleiro en quen delegue.

Suplente: Juan Carlos Castro Pombo, tenente de alcalde.

Vocais con posesión de título superior:

-Titular: María Amparo Taboada Gil, oficial maior da Deputación Provincial da Coruña.

-Suplente: Álvaro García López.

-Titular: José María Vázquez Barca, tenente de alcalde.

Suplente: María Dolores Antelo Varela, tenente de alcalde.

-Titular: Máximo Rodríguez Guitérrez, secretario do Concello de Ourense.

-Suplente: Teresa Morán Calero, xefa de Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña.

-Titular: Pedro Pereira Casás.

Suplente: José María Álvarez González.

Secretario: o secretario da Corporación ou funcionario que o substitúa.

O tribunal queda cualificado como de categoría primeira para os efectos previstos no Real decreto 236/1988, do 4 de marzo.

* Concello de Culleredo.

Presidente: Julio Sacristán de Diego, alcalde-presidente do Concello de Culleredo, ou persoa en quen delegue.

Suplente: Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá, ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Titular: Ana Cacharrón Castelos, secretaria do Concello de Pontedeume.

Suplente: Sergio Peña María Ramón, secretario provincial da Delegación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos na Coruña.

-Javier Varela Tejedor, xefe do Gabinete da Alcaldía do Concello de Culleredo.

Suplente: Roberto Babío Fernández, xefe Sección Xestión Orzamentaria do Concello de Culleredo.

-Justa Mª León Fajardo, xefa Servicio Xestión Administrativa do Concello de Culleredo.

Suplente: Mª Nieves Fuentes Bermejo, asesora xurídica do Concello de Culleredo.

Secretaria: África González-Baylin López, funcionaria da Administración Local con habilitación de carácter nacional.

Suplente: Manuel Roel Hernández-Serrano, funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

* Concello de Ribadeo (Lugo).

Presidente: José Carlos Rodríguez Andina, alcalde do concello.

Suplente: José Duarte Díaz, concelleiro.

Vocais:

1º vocal. Titular: Francisco Javier Jiménez Miralles, vicesecretario da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Francisco Cacharro Gosende, vicesecretario do Concello de Monforte de Lemos.

2º vocal. Titular: José Naveira González, secretario-interventor do Concello do Bolo.

Suplente: Manuel Díaz López, secretario provincial da Delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en Lugo.

Secretario: titular: Sara Martínez Álvarez, secretaria do Concello de Viveiro.

Suplente: Luis María Fernández del Olmo, secretario do Concello de Foz.

Vicesecretaría Xeral

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Monforte de Lemos.

-Un representante da Administración do Estado que nomeará a Subdelegación do Goberno en Lugo, entre funcionarios de carreira do grupo A.

-Titular: Francisco Javier Jiménez Miralles, vicesecretario da Deputación Provincial de Lugo.

-Suplente: Rafael López Charques, xefe de Servicio da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

-Un funcionario con habilitación de carácter nacional de subescala de secretaría, categoría superior, designado polo Colexio Provincial de Secretarios, Interventores e Depositarios de Lugo.

-O secretario da Corporación que, ademais das súas atribucións como vocal no tribunal, asumirá as funcións de secretario deste órgano colexiado.

Por cada membro titular do tribunal designarase un suplente. No caso do secretario da Corporación, o suplente será designado pola Alcaldía entre funcionarios de habilitación nacional da subescala de secretaría, categoría superior.

Intervención de 1ª

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Culleredo (A Coruña).

Presidente: Julio Sacristán de Diego, alcalde-presidente do Concello de Culleredo, ou persoa en quen delegue.

Suplente: Alicia Ferreiro Varela, concelleira de Persoal, Réxime Interior e Seguridade Cidadá, ou persoa en quen delegue.

Vocais:

-Titular: Pablo Omar Pedreira García, interventor do Concello do Barco de Valdeorras.

Suplente: Javier Alonso Moraleja, xefe de Servicio da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado na Coruña.

-Javier Varela Tejedor, xefe do Gabinete da Alcaldía do Concello de Culleredo.

Suplente: Roberto Babío Fernández, xefe Sección Xestión Orzamentaria do Concello de Culleredo.

-Justa Mª León Fajardo, xefa Servicio Xestión Administrativa do Concello de Culleredo.

Suplente: Mª Nieves Fuentes Bermejo, asesora xurídica do Concello de Culleredo.

Secretaria: África González-Baylin López, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Suplente: Manuel Roel Hernández-Serrano, funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

* Concello de Ribadeo (Lugo).

Presidente: José Carlos Rodríguez Andina, alcalde do concello.

Suplente: José Duarte Díaz, concelleiro.

Vocais:

1º vocal. Titular: José Ferreiro Fernández, interventor da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: José Manuel Pardellas Rivera, viceinterventor da Deputación da Coruña.

2º vocal. Titular: Manuel Castiñeira Castiñeira, secretario-interventor do Concello de Begonte.

Suplente: Rafael López Charques, xefe de Servicio da Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en Lugo.

Secretaria: Sara Martínez Álvarez, secretaria do Concello de Viveiro.

Suplente: Luis María Fernández del Olmo, secretario do Concello de Foz.

Secretarías de 2ª

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Ames (A Coruña).

Presidente: José Astray Lorenzo, alcalde-presidente do Concello de Ames, ou concelleiro no que delegue.

Suplente: José Ramón Agra Romero, tenente alcalde do Concello de Ames.

Vocais:

-Titular: Mercedes Fernández González, secretaria do Concello de Bergondo.

Suplente: Juan Martínez Casanueva Viqueira, secretario provincial da Delegación de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña.

-Titular: Manuel Martín Gómez, profesor asociado de mercantil-2 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Suplente: Ángel Fernández-Albor y Baltar, profesor titular de dereito mercantil da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: titular: Francisco Javier Castiñeira Izquierdo, secretario xeral do Concello de Santiago de Compostela.

Suplente: Albino Otero Iglesias, interventor do Concello de Santiago de Compostela.

* Concello de Bueu (Pontevedra).

Presidente: Tomás Barreiro Sotelo, alcalde do Concello de Bueu, ou concelleiro en quen delegue.

Suplente: Elena Estévez Freire, concelleira de Persoal do Concello de Bueu.

Vocais:

Titular: Miguel Santirso Fernández, interventor do Concello de Bueu.

Suplente: Ana del Cerro del Río, secretaria do Concello de Redondela.

Titular: Jaime Sixto García, adxunto a Tesourería do Concello de Bueu.

Suplente: Beatriz del Cerro del Río, secretaria do Concello do Rosal.

Titular: José Luis Mato Rodríguez, secretario do Concello de Mos.

Suplente: Beatriz López-Chaves Castro, asesora xurídica do Concello de Bueu.

Titular: Virgina Fraga Díaz, secretaria do Concello de Silleda.

Suplente: José Antonio Gómez García, secretario Delegación provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

* Concello de Cambados (Pontevedra).

Presidente: José Manuel Cores Tourís, presidente da Corporación.

Suplente: Rosa Oubiña Solla, primeira tenente alcalde.

Vocais:

-Titular: José Antonio Gómez Pedreira, secretario do Concello de Touro.

Suplente: Carlos Carid Fernández, xefe de Servicio de Xestión de persoal da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Designados pola Corporación:

Titular: José Luis Mato Rodríguez, secretario do Concello de Mos.

Suplente: Ana Cacharrón Castelo, secretaria do Concello de Pontedeume.

Titular: Manuel Paz Rodríguez, secretario do Concello de Culleredo.

Suplente: Eduardo Portela Fernández, secretario do Concello do Porriño.

Titular: José Antonio Domínguez Padín, concelleiro.

Suplente: Fernando Pombo Rodríguez, concelleiro.

Secretario: José Luis Mato Rodríguez, secretario do Concello de Mos.

* Concello de Vilanova de Arousa.

Presidente: Gonzalo Durán Hermida, alcalde do concello.

Suplente: Julio Varela Núñez, primeiro tenente alcalde.

Vocais:

-Titular: Eduardo Portela Fernández, secretario do Concello do Porriño.

Suplente: José María Picallo Búa, secretario provincial da Delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

-Designados pola Corporación:

Titular: Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Mª Dolores Franco Mateo, secretaria do Concello de Ribadumia.

Titular: María Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Suplente: Mª del Carmen Merino Moina, secretaria do Concello de Meis.

Titular: José Juan Durán Hermida, concelleiro delegado de Persoal.

Suplente: José Moares Miguens, concelleiro.

En representación dos grupos políticos da oposición, os concelleiros que seran designados por eles como titular e suplente.

Actuará como secretario do tribunal Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario do Concello de Sanxenxo.

Intervención de 2ª

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Abegondo (A Coruña).

Presidente:

Titular: José A. Santiso Miramontes, alcalde do Concello de Abegondo.

Suplente: Manuel Gómez Rico, tenente de alcalde do Concello de Abegondo.

Vocais:

Titular: José María Pérez Alvariño, interventor do Concello de Cambre.

Suplente: César Concheiro Ceide, secretario da delegación provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.

Titular: Juan Suárez Ramos, interventor do Concello de Arteixo.

Suplente: José A. Rueda de Valenzuela, interventor do Concello de Ribeira.

Titular 1: José Mª López Rosende, secretario do Concello de Abegondo.

Suplente 1: Mª del Rosario Vázquez Fernández, interventora do Concello de Bergondo.

Titular 2: Manuel Roel Hernández-Serrano, tesoureiro do Concello de Arteixo.

Suplente 2: Marcial Rodríguez Toajas, interventor do Concello de Sada.

Secretario. Actuará como secretario o vocal primeiro nomeado por proposta do órgano competente do concello, José Mª López Rosende ou, se é o caso, Mª del Rosario Vázquez Fernández.

* Concello de Ames (A Coruña).

Presidente: José Astray Lorenzo, alcalde-presidente do Concello de Ames, ou concelleiro en quen delegue.

Suplente: José Ramón Agra Romero, tenente de alcalde do Concello de Ames.

Vocais:

Titular: José María Pérez Alvariño, interventor do Concello de Cambre.

Suplente: Consuelo Cancelada Fraga, xefa de Servicio de Réxime Interior do Sergas na Coruña.

Titular: Manuel Martín Gomez, profesor asociado de mercantil-2 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en representación do profesorado oficial.

Suplente: Ángel Fernández-Albor y Baltar, profesor titular de dereito mercantil da Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: titular: Rosa Ana Prado Queipo, secretaria do Concello de Negreira.

Suplente: Beatriz Oveja Villafáñez, secretaria do Concello de Tordoia.

* Concello de Vilanova de Arousa.

Presidente: o da Corporación, Gonzalo Durán Hermida.

Suplente: Julio Varela Núñez, primeiro tenente alcalde.

Vocais:

-Titular: Modesto Solla Sanz, interventor do Concello de Redondela.

Suplente: Castor Conde Balado, funcionario da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en Pontevedra.

-Designados pola Corporación:

Titular: Antonio Graña Gómez, viceinterventor da Deputación Provincial de Pontevedra.

Suplente: Manuel Bereijo Crego, interventor do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Titular: Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario do Concello de Sanxenxo.

Suplente: Mª Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Titular: José Juan Durán Hermida, concelleiro delegado de persoal.

Suplente: José Moares Miguens, concelleiro.

En representación dos grupos políticos da oposición, os concelleiros que sexan designados por eles como titular e suplente.

Secretario: Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario do Concello de Sanxenxo.

Adxunto á intervención

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Tomiño.

-Presidente: o alcalde de Tomiño, José Luis Fernández Lorenzo, ou concelleiro en quen delegue.

-Suplente: o primeiro tenente alcalde do Concello de Tomiño.

-Vocais: titulares:

-Tomás Otero Ferreiro, interventor do Concello de Padrón.

-Suplente: Ángeles Alonso Bouza, funcionaria da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

-José Riesgo Boluda, secretario do Concello de Vigo.

-Suplente: Miguel Gómez Álvarez, secretario do Concello de Pazos de Borbén.

-Secretaria: a secretaria da Corporación, Catalina Echevarría Buades.

Secretarías de 3ª

Comunidade Autónoma de Galicia

* Concello de Begonte (Lugo).

Presidente: o alcalde-presidente do Concello, ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Titular: Francisco Javier Jiménez Miralles, vicesecretario da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Marco Antonio García-Gabilán Sangil, secretario-interventor do Concello do Corgo.

Titular: José A. Cerdeira Pérez, secretario do Concello da Cañiza.

Suplente: Luis Boullosa Nores, xefe Sección de Inspección e Sancións no Instituto Galego de Vivenda e Solo en Pontevedra.

Secretario: Franciso Javier Jiménez Miralles ou, se é o caso, o vocal que o supla.

* Concello de Forcarei (Lugo).

Presidente:

Titular: David Raposeiras Correa, alcalde-presidente do Concello de Forcarei.

Suplente: Francisco Rozados Rivas, primeiro tenente-alcalde.

Vocais:

Titular: Gabriel Vázquez García, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional, secretario do Concello de Piñor, que fará as funcións de secretario.

Suplente: María José Nartallo Penas, secretaria do Concello de Porqueira, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Titular: Carlos Cuadrado Romay, vicesecretario da Deputación de Pontevedra, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Suplente: Antonio Candal Caridad, secretario do Concello de Dozón, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Titular: María Dolores Villar Álvarez, secretaria do Concello de Cartelle, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Suplente: Luis Alberto Fernández Viz, secretario do Concello do Irixo, funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Titular: María Trinidad Rodríguez Suárez, secretaria do Concello de Ponteceso.

Suplente: Sonia Lorenzo Santos, secretaria da Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local en Vigo.

* Agrupación municipal A Rúa-Petín.

Presidente:

Titular: Vicente Solarat López, presidente da Agrupación Municipal A Rúa-Petín.

Suplente: Miguel Bautista Carballo, vicepresidente da Agrupación Municipal A Rúa-Petín.

Vocais:

Titular: José Luis Vázquez Méndez, secretario-interventor dos concellos de Guntín e Portomarín (Lugo).

Suplente: José Antonio Abeledo Magariños, secretario interventor do Concello de Maside (Ourense).

Titular: María Dolores Villar Álvarez, secretaria do Concello de Cartelle.

Suplente: Juan Ramón Costas Núñez, letrado da Delegación da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública en Ourense.

Secretario: José Antonio Abeledo Magariños, funcionario de Administración local con habilitación nacional.

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS

LABORAIS