Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 08 de abril de 2003 Páx. 4.442

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

ORDE do 31 de marzo de 2003 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local anunciada por Orde do 10 de febreiro de 2003.

Convocada por Orde do 10 de febreiro de 2003 (DOG nº 36, do 20 de febreiro) a provisión, polo sistema de libre designación, de seis postos de traballo vacantes na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, e xa resolta parcialmente por Orde do 11-3-2003 (DOG nº 54, do 18 de marzo), de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencionso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

ANEXO

NRP o DNI: 3497441613A2207.

Apelidos e nome: Vila Pérez, Diego Ramón.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar.

Código do posto: XUC020000015770001.

Denominación: secretario/a do secretario xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.