Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se corrixe o erro material na que anuncia concurso público aberto e tramitación urxente para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a captación de investimentos para Galicia.

I. No DOG nº 57, do 21 de marzo de 2003 e no BOE nº 69 da mesma data, anunciouse concurso público para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a captación de investimentos para Galicia, aprobado por resolución da directora xeral do Igape do 14 de marzo de 2003 (C.P. 2/03).

II. Detectado erro material no epígrafe 7 do anuncio e na alínea D da folla de especificacións, no relativo ós requisitos específicos do contratista, debe corrixirse e, onde di: «Clasificación: grupo T, subgrupo 4, categoría C equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C, da Orde do 24 de novembro de 1982», debe dicir: «Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría C, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C da Orde do 24 de novembro de 1982».

Polo exposto, en aplicación do artigo 105.2º da Lei 30/1992, de procedemento administrativo e en virtude das facultades ó meu favor conferidas por acordo de delegación de facultades do Consello de Dirección do Igape do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 81, do 27 de abril),

RESOLVO:

Primeiro.-A corrección do erro material contida no epígrafe 7 do anuncio e na alínea D da folla de especificacións, referente ó concurso público para a contratación dos servicios de realización e producción dun anuncio publicitario de Galicia e o Instituto Galego de Promoción Económica para a captación de investimentos para Galicia, no sentido de que, onde di: «Clasificación: grupo T, subgrupo 4, categoría C, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C da Orde do 24 de novembro de 1982», debe dicir: «Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría C, equivalente ó grupo III, subgrupo 3, categoría C da Orde do 24 de novembro de 1982».

Segundo.-Facer pública a presente corrección, permanecendo invariable o prazo de presentación de proposicións (ata as 14 horas do 16 de abril de 2003).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica