Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.403

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público restrinxido e tramitación urxente para a contratación de asistencias técnicas para a elaboración de proxectos de diagnósticos integrais en Pemes.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público restrinxido e tramitación urxente para a contratación de asistencias técnicas para a elaboración de proxectos de diagnósticos integrais en Pemes.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.R. 1/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: elaboración de proxectos de diagnósticos integrais en Pemes desagregado por lotes.

b) División por lotes e número:

Lote 1. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 01; 02; 05; 10; 11; 12; 13; 14; 15 e 16.

Lote 2. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 17; 18; 19; 20; 21; 22; 23; 24; 25; 26 e 27.

Lote 3. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 28; 29; 30; 31; 32; 33; 34 e 35.

Lote 4. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 36; 37; 40; 41; 45.

Lote 5. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 50; 51.

Lote 6. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos: 52; 55.

Lote 7. Realización de diagnósticos integrais en Pemes galegas con códigos CNAE de 2 díxitos non incluídos nos lotes anteriores.

c) Lugar de entrega: na sede central do Igape en Santiago de Compostela.

d) Prazo de vixencia: 14 meses de vixencia inicial da contratación e outros 14 meses de posible prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: restrinxido.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 1.009.590 A. O orzamento máximo total aprobado para esta contratación ascende á cantidade de 1.009.590 A, IVE incluído, dos que 504.795 A, IVE incluído, corresponden ós 14 meses de vixencia da contratación, e 504.795 A, IVE incluído, ós 14 meses de posible prórroga, co seguinte desagregamento por lotes e prezos unitarios por diagnóstico integral:

Presuposto máximo por lotes.

Lote 1: 30.288 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial máis prórroga 60.576 A).

Lote 2: 85.816 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial máis prórroga 171.632 A).

Lote 3: 70.672 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial mais prórroga 141.344 A).

Lote 4: 85.816 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial mais prórroga 171.632 A).

Lote 5: 85.816 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial máis prórroga 171.632 A).

Lote 6: 60.576 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial máis prórroga 121.152 A).

Lote 7: 85.811 A, IVE incluído por 14 meses (total vixencia inicial mais prórroga 171.622 A).

Orzamento máximo unitario por diagnóstico integral, determinado en función do número de traballadores da PEME obxecto de diagnóstico.

Menos de 10 traballadores: 5.410 A, IVE incluído.

Entre 10 e 25 traballadores: 6.010 A, IVE incluído.

Entre 25 e 50 traballadores: 6.610 A, IVE incluído.

Mais de 50 traballadores: 7.210 A, IVE incluído.

5. Garantía provisional: por importe do 2% do orzamento máximo total (28 meses) dos lotes ós que se concorra.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non procede.

b) Solvencia económico-financeira e técnica: segundo os criterios e documentación acreditativa especificados na cláusula 4.1.7. do prego de cláusulas administrativas particulares e 4.2 e 4.3 do prego de prescricións técnicas.

Criterios de selección de participantes: de entre as solicitudes de participación presentadas, seleccionaranse as que cumprindo os requisitos mínimos fixados na cláusula 4.2 do prego de prescricións técnicas, obteñan, con respecto a cada lote, unha puntuación total mínima de 50 puntos na avaliación dos seguintes criterios:

Solvencia económico-financeira (cifra de negocios global do último exercicio pechado): ata 5 puntos.

Solvencia técnica: ata 95 puntos, co seguinte desagregamento:

a) Xenérica para tódolos lotes: ata 35 puntos.

Experiencia do persoal responsable da execución do contrato nos grupos de cotización 1 e 2, réxime de autónomos o similares, que excedan do mínimo requirido na cláusula 4.2 do prego de prescricións técnicas: ata 25 puntos.

Aseguramento da calidade do servicio prestado: ata 10 puntos.

b) Específica para cada lote: ata 60 puntos.

Titulacións universitarias dos integrantes dos equipos de traballo relacionadas cos códigos CNAE obxecto de cada lote: ata 20 puntos.

Experiencia da empresa candidata na prestación de asistencias técnicas nos ámbitos de xestión e organización empresarial a empresas con códigos CNAE incluídos dentro do lote: ata 40 puntos.

A selección realizarase por lotes, de xeito que unha empresa candidata poderá ser seleccionada para un, varios ou tódolos lotes.

8. Presentación das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación das solicitudes de participación: 14 horas do 12 de maio de 2003.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex, telegrama ou e-mail conforme o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Se é o caso, número previsto (o número máximo e mínimo) de empresas ás que se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): segundo o especificado no punto 7.b deste anuncio.

9. Outras informacións. Ás empresas seleccionadas concederáselles un prazo de 21 días naturais desde o envío da invitación escrita para presentar ofertas. A mesa de apertura das ofertas será comunicada na invitación.

10. Gastos de anuncios: 6.600 A máximo. Serán por conta do adxudicatario. En caso de varios adxudicatarios, ratearase o importe correspondente.

11. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 1-4-2003.

12. No caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde se poidan obte-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica