Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/8-2, 5987 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Título: L.M.T. sub. C.T. R. Muralla/R. Muralla 25-C.T. S. Pedro.

Situación: Lugo.

Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV, con 25 m de lonxitude, conductor tipo R.H.Z., entre o C.T. S. Pedro e C.T. R. Muralla 25. L.M.T.S. a 20 kV

con 220 m de lonxitude, conductor tipo R.H.Z., entre o C.T. Vilalba e o C.T. Muralla 197.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 13 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo