Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/16-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Coren, S.C.L.

Domicilio social: Juan XXIII, 33, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Granxas Coren.

Situación: A Xironda (Cualedro).

Descricións técnicas: liña aerosubterránea (20+2.730 m) con orixe no apoio nº 81 da L.M.T. Cualedro-A Xironda e remate no C.T. proxectado aéreo con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V nas granxas. Redes de baixa tensión subterránea en conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 7 de febreiro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense