Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.371

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Moyresa Molturación y Refino, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Moyresa Molturación y Refino, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-1-2003, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 16-1-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da Comisión Negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de xaneiro de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo. Táboa salarial ano 2002

(IPC real)

-Parte social:

Juan Jesús Montes Villares.

Jaime Mantiñán Méndez.

José Luis García López.

Manuel Outes Garaloces.

-Parte empresa:

Antonio Iglesias García.

Manuel del Fraile Pascual.

Jaime del Río Mosquera.

No Burgo-Culleredo (A Coruña), dezaseis de xaneiro de dous mil tres.

Reunidos.

Os representantes sociais e empresariais citados á marxe, co obxecto de practica-la revisión salarial definitiva convida para o segundo ano de vixencia do convenio colectivo de Moyresa Molturación y Refino, S.A., no seu centro de traballo do Burgo-Culleredo (A Coruña), conforme o acordo adoptado para o período 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002.

De conformidade co sinalado no artigo vintecinco do convenio colectivo de Moyresa Molturación y Refino, S.A., no seu centro de traballo do Burgo-Culleredo, unha vez coñecido o dato real do IPC resultando ó 31 de decembro de 2002, que para o dito ano quedou establecido no 4%, procede realiza-la revisón final definitiva das táboas salariais do ano dous mil dous, como consecuencia do acordo de convenio adoptado para o período 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002.

En tal sentido, confeccionáronse as táboas salariais de aplicación definitiva para o ano 2002 (segundo de vixencia do convenio), tendo en conta o IPC real resultante o 31 de decembro de 2002 que quedou establecido no 4%.

As ditas táboas salariais, complementos anuais, outras compensacións económicas e valor das horas extraordinarias refléctense nos anexos 1, anexo 2 e anexo 3 do citado acordo do convenio de Moyresa no Burgo, Culleredo.

Revisado por ámbalas partes o contido das táboas salariales, complementos anuais, outras compensacións económicas e valor das horas extraordinarias, que se citan, atopándoas conformes, ámbalas dúas partes dan a súa aprobación a estas, e en proba diso, asínanas, en unión da presente acta no Burgo-Culleredo o día dezaseis de xaneiro de dous mil tres.