Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 07 de abril de 2003 Páx. 4.341

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se convocan exames extraordinarios para a obtención de carnés profesionais no ano 2003.

A Orde da Consellería de Industria e Comercio do 27 de decembro de 2000 pola que se establece o procedemento unificado para a obtención de carnés profesionais e esixencias a empresas autorizadas para instalación, mantemento e outras actividades en materia de seguridade industrial, modificada pola Orde do 25 de marzo de 2002 establece no seu artigo 5, que a convocatoria de exames se publicará anualmente, mediante resolución da dirección xeral competente en materia de industria.

Debido ó cambio de normativa nalgúns dos regulamentos e ó inicio doutras normativas, parece adecuado realizar una convocatoria extraordinaria co fin de facilita-lo acceso dos profesionais da Comunidade Autónoma a obte-los carnés profesionais correspondentes.

En virtude da citada competencia,

RESOLVO:

Convoca-los exames extraordinarios que se van celebrar no ano 2003 para a obtención de carnés profesionais, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

Primeira.-Obxecto da convocatoria.

O obxecto da convocatoria é a obtención de carnés profesionais nas seguintes especialidades:

Operador industrial de caldeiras.

Instalador electricista de baixa tensión.

Instalador de productos petrolíferos IP I.

Segunda.-Datas e lugares de realización dos exames. Tribunais cualificadores.

2.1. Os exames realizaranse nas catro provincias. As probas comezarán ás nove horas nos locais que se indicarán nas listas definitivas de admitidos e excluídos segundo se expón na base sexta desta convocatoria.

2.2. Os membros dos tribunais cualificadores así como as datas de cada unha das especialidades profesionais serán os que se indican a continuación

-Operador industrial de caldeiras, 28 de abril.

Tribunal nº 1.

Presidente: Antonio de la Hera Roldán.

Suplente: Juan José Iglesias Suárez.

Secretaria: Lourdes Courtier Ramos.

Suplente: Manuel Joaquin Aranda Riveiro.

Vocal A Coruña: José Jesús Mª Castro Gómez.

Vocal suplente: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal Lugo: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal suplente: Fernando López Díaz.

Vocal Ourense: Ángel Rodríguez Martínez.

Vocal suplente: Miguel Martín Mateos.

Vocal Pontevedra: Francisco Sánchez Ulloa-Villar.

Vocal suplente: Luis Alfaro Aguilar.

-Instalador electricista de baixa tensión 29 de abril.

Tribunal nº 2.

Presidente: Carlos Gómez Martínez.

Suplente: Carmen Vázquez Domínguez.

Secretario: José Boo Botana.

Suplente: Andrea Suárez Baquero.

Vocal A Coruña: Roberto Osé Otero.

Vocal suplente: Julián Lucas Ramírez.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Paz Dóniz.

Vocal Pontevedra: José Antonio González Cerreda.

Vocal suplente: Eugenio Fernández Piñeiro.

-Instalador de productos petrolíferos IP I, 30 de abril.

Tribunal nº 3.

Presidenta: Carmen Vázquez Domínguez.

Suplente: Carlos Gómez Martínez.

Secretaria: Andrea Suárez Baquero.

Suplente: José Boo Botana.

Vocal A Coruña: Alfredo García-Lorenzana Berroya.

Vocal suplente: Isidoro Martínez Arca.

Vocal Lugo: Alberto Mena Rodríguez.

Vocal suplente: Juan Carlos Martínez Suárez.

Vocal Ourense: Juan R. Velasco González.

Vocal suplente: Alfonso Tomás Dóniz.

Vocal Pontevedra: Juan Llorente Carazo.

Vocal suplente: Francisco Sánchez-Ulloa Villar.

2.3. O tribunal cualificador correspondente resolverá cantas incidencias se susciten no ámbito desta convocatoria. Para os efectos de comunicación e demais incidencias, os tribunais terán a súa sede

na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

2.4. Os membros dos tribunais percibirán as indemnizacións correspondentes segundo o establecido no Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Para seren admitidos á realización das probas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

-Ser maior de idade.

-Estar en condicións de obte-lo título ou certificado da especialidade solicitada, de conformidade co establecido no anexo da citada Orde do 27 de decembro de 2000 e, no caso de instaladores de productos petrolíferos, na Orde de 21 de novembro de 2001.

Estes requisitos deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Cuarta.-Solicitudes e documentación.

4.1. Os aspirantes deberán solicita-la súa admisión ás probas mediante instancia dirixida ó delegado provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio que corresponda, segundo o modelo que figura no anexo.

4.2. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, no das súas delegacións provinciais ou nos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4.3. Xunto coa solicitude modelo, será preciso presenta-la seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

b) Copia compulsada do certificado ou do título de estudios e/ou, se é o caso, certificado expedido pola entidade recoñecida pola Consellería de Industria e Comercio, de asistencia e superación das probas de aptitude do curso teórico-práctico impartido pola entidade acreditada, de conformidade co establecido no punto segundo desta resolución.

c) Xustificante para a administración do impreso correspondente de autoliquidación de taxas en concepto de dereitos de exame (32.07.01.) debidamente validado pola entidade bancaria onde se realice o ingreso.

Quinta.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes para a realización dos exames para a obtención do carné profesional nas especialidades que correspondan, comezará ó día seguinte da publicación desta resolución no DOG, e rematará ós 7 días naturais.

Sexta.-Admisión de solicitudes.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes a lista provisional de admitidos e excluídos publicarase no taboleiro de anuncios das delegacións provinciais.

6.2. Os aspirantes excluídos, así como os que non figuren nas relacións de admitidos nin excluídos, disporán de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da devandita publicación no taboleiro de anuncios da correspondente delegación provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio para a emenda de defectos.

Sétima.-Desenvolvemento dos exames.

7.1. Os exames estarán constituídos por dúas partes que se desenvolverán no mesmo día, nas datas que se recollen na base segunda desta resolución.

Primeira parte.-Estará constituída por un exercicio teórico escrito consistente na resolución dun cuestionario proposto polo tribunal sobre as materias regulamentarias establecidas para cada especialidade.

Segunda parte.-Consistirá nun suposto práctico ou nunha proba práctica que versará sobre unha ou varias operacións propostas polo tribunal en relación cos requirimentos prácticos establecidos para cada especialidade. Neste exercicio os candidatos poderán utiliza-lo correspondente regulamento técnico e calculadora.

7.2. Para a realización do exame os candidatos deberán ir provistos, para cada exercicio, do seu documento nacional de identidade.

Oitava.-Cualificación dos exames.

8.1. A puntuación mínima para superar cada parte corresponderá á metade do valor da puntuación máxima posible da devandita parte. Na parte teórica a nota formarase de acordo coa expresión «nº de respostas correctas-(nº de respostas incorrectas/3».

8.2. Os exames cualificaranse como aptos ou non aptos e para seren consolidados como aptos deberanse aproba-las dúas partes independentemente.

Novena.-Lista de aprobados.

O tribunal cualificador publicará a relación provisional de aprobados por provincias e dará traslado desta ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos seus respectivos taboleiros de anuncios.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días naturais desde a publicación da relación provisional de aprobados para formular reclamacións ante o tribunal. Finalizado o prazo o tribunal enviará proposta das listas de aprobados ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas que as elevará a definitivas mediante resolución e dará traslado delas ás catro delegacións provinciais para a súa publicación nos respectivos taboleiros de anuncios. Contra a devandita resolución poderase interpor recurso de reposición no prazo dun mes a partir da publicación nos taboleiros de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL