Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos.

Por Resolución do 25 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 47, do 7 de marzo, apróbanse as relacións provisionais de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración a Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos.

Transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas relativas ás citadas relacións de admitidos e excluídos, de conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4.2. das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 27 de decembro, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos.

A lista definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A lista definitiva de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no servicio de información do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

De conformidade co establecido na base I.3.1, os aspirantes excluídos disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome, apelidos, NIF, grupo ó que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Contra esta resolución poderarse interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza

de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Relación definitiva de excluídos

Nome: González Outomuro, Elías Antonio.

DNI: 44446992-K.

Exclusión: 63.

Nome: Prego Filgueiras, Graciela.

DNI: 32686290-R.

Exclusión: 63.

Nome: Velázquez Palomera, Natalia.

DNI: 46885541-H.

Exclusión: 63.

Causas de exclusión:

63: non ter ou non acredita-lo requisito da base I.2.1.6 da convocatoria.