Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.307

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 250, do 27 de decembro, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia nº 251, do 30 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de biólogos

Titular:

Presidente: Alejandro Guerra Díaz, director do Centro de Investigacións Mariñas da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Vocais:

Miguel A. Lastres Couto, director do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Francisco Javier Amigo Vázquez, profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Eloy Jesús Areoso Casal, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Eduardo Suárez Campo, subdirector xeral de Ensino e Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Suplente:

Presidente: José Iglesias Estévez, investigador do Instituto Español de Oceanografía.

Vocais:

Alba Paz Boubeta, subdirectora xeral de Xestión Administrativa e de Usos do Litoral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Javier Ángel Guitián Rivera, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, en representación da Escola Galega de Administración Pública.

Demetrio Talavero Sanguino, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: José R. Díaz Presedo, subdirector xeral de Recursos Humanos e Coordinación Administrativa da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.