Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 04 de abril de 2003 Páx. 4.285

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

ORDE do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as axudas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia dependentes de entidades privadas de iniciativa social.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, asígnalle á Comunidade Autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, inclúe, no seu artigo 5.3º, como unha das áreas de actuación, os servicios sociais da familia, infancia e mocidade, e a Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega da familia, da infancia e da adolescencia establece no seu artigo 15 b) que a Xunta de Galicia promoverá os recursos destinados á atención á infancia, procurando que esta dispoña dos medios necesarios para o seu desenvolvemento integral.

Por outra banda, o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais é o órgano da Administración do Estado ó que lle corresponde a promoción e o fomento dos programas sociais no marco das obrigas estatais e da cooperación coas comunidades autónomas, cofinanciando estas axudas en materia de primeira infancia (0-3) xunto coa Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta orde adáptase ó disposto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, así como ó Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo en conta en todo caso os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia, e os demais requisitos esixidos na Lei 6/2002, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

As axudas que se establecen no articulado desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.02.212A.4810, recollida na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, e o importe destinado a elas ascenderá a 2.374.012,98 euros.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas e para a debida aplicación dos créditos orzamentarios ó fin para o que foron establecidos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta orde ten por obxecto a convocatoria de axudas económicas para mantemento de centros e servicios dedicados á atención á primeira infancia

dependentes de entidades privadas de iniciativa social que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 243/1995, do 28 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación de centros de servicios sociais e na Orde do 29 de febreiro de 1996, da extinta Consellería de Familia, Muller e Xuventude, modificada pola Orde do 6 de novembro de 2000, pola que se regulan os requisitos específicos que deben reuni-los centros de menores e os centros de atención á infancia, que presten atención educativa e asistencial a nenos/as de 0 a 3 anos. Non obstante poderá eximirse do límite de idade ós nenos de integración logo de informe dos equipos de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais ou do órgano correspondente na Administración do Estado ou nas respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de se é o caso.

Para efectos desta orde, enténdese por nenos/as de 0 a 3 anos, os nacidos con posterioridade ó 31 de decembro de 1999.

2. Co fin de adapta-lo seu calendario de apertura ás necesidades de conciliación da vida laboral e familiar dos pais ou representantes legais dos usuarios, os centros de atención á primeira infancia prestarán servicios cinco días á semana durante todo o ano, agás os días sinalados como festivos no calendario laboral.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar estas axudas as entidades privadas de iniciativa social que, cumprindo os requisitos anteriores, desenvolvan as súas actividades na Comunidade Autónoma e estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servicios Sociais da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, de acordo co disposto no Decreto 291/1995, do 3 de novembro.

Artigo 3º.-Requisitos e criterios de concesión.

1. Será requisito imprescindible para resultar beneficiario das axudas, a adaptación da tarifa de prezos do centro de atención á primeira infancia ó establecido no artigo 8º desta orde.

2. Serán criterios preferentes para a concesión das axudas previstas nesta orde, e co obxecto de dar continuidade ós centros en funcionamento:

a) Aqueles centros que fosen cofinanciados en anos anteriores con cargo ó programa de Atención á Primeira Infancia (0-3) polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais e a Comunidade Autónoma.

b) Os centros de atención á primeira infancia que recibiron subvencións da extinta Consellería de

Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en anos anteriores e obtiveran unha valoración satisfactoria.

c) As novas solicitudes atenderanse en función da dotación de recursos e criterios de necesidade e poboación.

Artigo 4º.-Tipo de axuda.

A axuda destinada a estas entidades concederase en forma de subvención de mantemento, entendéndose por tal os seguintes conceptos:

-Gastos de persoal.

-Gastos de alimentación.

-Outros gastos xerais de mantemento do centro.

Artigo 5º.-Normas xerais de subvención.

O importe das subvencións por mantemento reguladas nesta convocatoria en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que desenvolverá o beneficiario.

Artigo 6º.-Módulos de referencia para o cálculo da axuda.

1. Os módulos de referencia para o cálculo da axuda serán os seguintes:

A) Contía anual da axuda por gastos xerais do centro. Esta contía estará en función da capacidade total do centro de atención á primeira infancia.

CapacidadeCon servicio

de comedor (A)

Sen servicio

de comedor (A)

De 0 a 30 prazas2.404,051.803,04

De 31 a 50 prazas3.005,062.404,05

De 51 a 70 prazas3.606,073.005,06

Máis de 70 prazas4.207,083.606,07

No caso de que as prazas ocupadas no centro de atención á primeira infancia sexan inferiores ó 50 por cento da súa capacidade total, as contías que poidan corresponder segundo os tramos anteriores reduciranse nun 50 por cento.

B) Contía mensual da subvención en función do número de prazas ocupadas do centro de atención á primeira infancia.

Ocupación do centroNenos/as

con comedor (A)

Nenos/as

sen comedor (A)

De 0 a 20 prazas78,1360,10

De 21 a 30 prazas75,1357,10

De 31 a 40 prazas69,1251,09

De 41 a 50 prazas66,1148,08

De 51 a 70 prazas63,1145,08

Máis de 70 prazas60,1042,07

Para efectos desta letra B), considérase que os nenos/as de integración ocupan dúas prazas.

C) Contía mensual da subvención en función das circunstancias da unidade familiar.

a) Por cada neno/a atendido, integrante dunha unidade familiar cunha renda per cápita mensual inferior a 270,46 A:

-24,04 A máximo ó mes, con carácter xeral.

-18,03 A máximo ó mes, se utiliza servicio de comedor.

-12,02 A máximo ó mes, se utiliza horario ampliado, entendendo por tal aquel que exceda de 40 horas mensuais ó mínimo establecido.

-18,03 A máximo ó mes, se utiliza servicio de transporte escolar.

b) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia numerosa, percibirán unha subvención de 24,04 A máximo ó mes.

c) Por cada neno/a atendido, integrante dunha familia monoparental percibirán unha subvención de 24,04 A máximo ó mes.

d) Por cada neno/a que teña algún irmán no centro de atención á primeira infancia percibirán unha subvención de 24,04 A máximo ó mes.

1. Para os efectos de cálculo da axuda, en ningún caso o número de prazas que se subvencionen poderá supera-la capacidade máxima do centro de atención á primeira infancia.

2. Aqueles centros de atención á primeira infancia nos que, debido ó intervalo aplicado conforme o punto 1.B) deste artigo, a contía que se subvencione resulte inferior a aquela que lle correspondería a outro centro de atención á primeira infancia que se atope no límite superior do intervalo inmediatamente inferior, recibirán o importe que lle correspondería a esta última.

3. En caso de non existir crédito suficiente, reducirase a contía das axudas en igual proporción a tódalas entidades que resulten beneficiarias.

4. Tendo en conta os datos consignados nos cadros correspondentes (anexo I), cando a cantidade que se vaia subvencionar sexa superior á diferencia entre os gastos e ingresos (sen ter en conta esta axuda) previstos para o exercicio 2003, reducirase nesa proporción.

Artigo 7º.-Renda per cápita mensual.

1. Para efectos desta orde, enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir por doce a suma dos ingresos totais da unidade familiar.

Para estes efectos, enténdese por unidade familiar a formada polos pais e fillos menores de dezaoito anos ou fillos maiores de dezaoito anos, cunha minusvalidez superior o 33 por cento. No caso de familias monoparentais, e para os efectos do cálculo da renda per cápita a que se refire o parágrafo anterior, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar.

2. Para efectos desta orde, ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral maila parte especial da base impoñible previas á aplicación do mínimo persoal e familiar do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles a que se fai referencia obteranse como resultado de lles aplicar ós datos existentes na administración os criterios da lexislación do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Artigo 8º.-Cotas complementarias.

1. As entidades que sexan beneficiarias destas axudas deberan establece-los prezos por servicios prestados polo centro de atención á primeira infancia de acordo coas contías máximas reguladas no Decreto 70/2002, do 28 de febreiro (DOG do 13 de marzo), polo que se aproba o réxime de prezos dos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

2. Os prezos que se establezan de conformidade co disposto no número 1 deste artigo, refírense ós servicios básicos prestados polo centro ás unidades familiares. Para estes efectos, enténdese por servicios básicos, a asistencia ó centro, o comedor e o transporte.

3. Si algún centro presta outro tipo de servicio distinto ós especificados no punto anterior, o prezo deste servicio será establecido libremente pola entidade titular do centro, e en todo caso, a súa utilización será voluntaria pola unidade familiar.

Artigo 9º.-Solicitudes e documentación.

1. As solicitudes presentaranse segundo modelo oficial (anexo I) acompañadas da seguinte documentación:

A) Proxecto educativo do curso 2002-2003, adaptado á seguinte estructura:

a) Previo: análise do contexto.

-Realidade sociocultural e económica da zona.

-Características do alumnado.

-Características do centro.

b) Sinais de identidade.

Principios asumidos polo centro, baseados:

-Na Lei orgánica 1/1990, de 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

-Noutras fontes.

c) Obxectivos do centro.

Prioridades de actuación nos diversos ámbitos:

-Pedagóxicos.

-Organizativos.

-Institucionais.

d) Organización do centro.

Estructura e funcionamento de:

-Órganos unipersoais e colexiados.

-Profesorado: adscrición, horarios e coordinación.

-Colaboración cos pais.

-Utilización dos espacios escolares.

-Equipamento e recursos didácticos.

-Horario xeral do centro.

B) Certificación bancaria da conta corrente na que se ingresará, se é o caso, o importe efectivo da subvención concedida (anexo II) agás no caso de que se manteña unha conta anterior, xa certificada; neste caso será suficiente unha declaración xurada nese sentido.

C) Memoria do centro do curso escolar 2001/2002.

D) Acreditación da personalidade e representación do solicitante.

E) Fotocopia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.

F) Declaración de tódalas subvencións efectuadas ou concedidas para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou entidades privadas.

G) O permiso de inicio de actividades do centro será comprobado de oficio pola Administración.

H) As entidades que no ano 2002 percibiran axudas para o mantemento do centro de atención á primeira infancia deberán presentar copia da tarifa de prezos vixente no centro de atención á primeira infancia, adaptada ó disposto no artigo 8º. As entidades que soliciten por primeira vez as axudas desta orde, deberán envia-la tarifa de prezos adaptada ó disposto nesta orde, no prazo dous meses desde a notificación da resolución favorable. Así mesmo, no caso de que a tarifa de prezos sufra modificacións durante o ano 2003, deberán enviar información destas modificacións no prazo dun mes desde que estas tiveran lugar.

I) No caso de que se acollan á subvención en función dos recursos familiares (artigo 6º.1 B.a), ademais da documentación anterior deberán presentar:

a) Persoas que presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

Copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas da unidade familiar. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.

b) Persoas que non presentaron declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas.

-Os solicitantes de devolución rápida (modelo 104), presentarán copia da comunicación que lles enviou a Axencia Estatal de Administración Tributaria en aplicación do artigo 81 da Lei 40/1998, do 9 de decembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas.

-As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida (modelo 104), presentarán certificación dos datos existentes na Administración que, en aplicación do artigo 16 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes, expide a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

c) Cando se produzan causas sobrevidas que afecten os recursos da unidade familiar, é preciso un informe da asistente social do concello neste sentido. Así mesmo, é preciso o devandito informe naqueles casos que por distintas razóns non se poidan acredita-las rendas dos pais con escasos recursos.

A documentación xustificativa de ingresos a que se refiren as letras a) e b) anteriores, corresponde ó ano fiscal 2001.

J) Xustificación de circunstancias da unidade familiar.

a) No caso de familia numerosa, unidade familiar monoparental ou asistencia ó centro doutros irmáns, deberán acreditarse estas condicións.

b) No caso de nenos/as de integración deberán presentar informe do equipo de valoración e orientación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, ou do órgano correspondente na Administración do Estado ou nas respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de se-lo caso.

2. As entidades solicitantes deberán presentar, ademais da documentación requirida, a documentación estatística relativa á institución, debidamente cuberta, no modelo oficial conforme os anexos IV e V desta orde.

3. Aquelas entidades que soliciten subvencións por primeira vez, ou as que, aínda solicitándoas en anos anteriores, sufrisen variacións estatutarias, deberán presentar ademais fotocopia compulsada dos seus estatutos ou das variacións que haxa neles.

4. Non será necesario presentar documentos xa achegados en convocatorias anteriores, agás que se producisen modificacións ou variacións nestes, de acordo co previsto no artigo 35 f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Tódolos documentos que se acheguen deben presentarse en orixinal ou fotocopia compulsada.

Artigo 10º.-Lugar e prazo de presentación das solicitudes.

A solicitude e maila documentación requirida presentaranse nas delegacións provinciais da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, sendo de aplicación en todo caso, o disposto no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación das solicitudes será de corenta días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 11º.-Tramitación dos expedientes.

1. As delegacións provinciais da consellería comprobarán que os expedientes reúnen tódolos requisitos recollidos na presente orde. De non ser así, requirirase o interesado para que, no prazo de dez días, emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, de acordo co artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se considerará desistido da súa petición, logo de resolución que deberá dictarse nos termos previstos no artigo 42 desta lei.

2. Revisados os expedientes, e completados se é o caso, remitiranse á comisión provincial de valoración para que, unha vez baremados, dicte a proposta de resolución, propoñendo ó órgano competente para a súa resolución a concesión ou denegación das axudas.

Inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, cando no procedemento se teñan en conta feitos, alegacións ou probas distintas das aducidas pola entidade interesada, poráselle de manifesto para que no prazo de dez días, alegue ou presente os documentos e xustificación que estime pertinentes, de acordo co disposto no artigo 9.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidente: xefe/a do Servicio de Familia e Infancia.

Vocais: tres funcionarios da respectiva delegación designados polo delegado provincial, un dos cales actuará como secretario.

Artigo 12º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, por proposta da comisión de valoración, e despois da súa fiscalización pola Intervención, correspóndelle á conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado, no prazo máximo de tres meses contados a partir do día seguinte á data de publicación desta orde. Transcorrido o dito prazo sen recaer resolución expresa, as solicitudes poderanse entender desestimadas.

2. As resolucións recaídas neste procedemento esgotan a vía administrativa, e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o mesmo órgano que dictou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da notificación da resolución. Neste caso non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou por desestimación presunta o recurso de reposición.

3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

4. Se a entidade estivera tramitando o permiso de inicio de actividades, a concesión da subvención entenderase condicionada á efectiva obtención deste permiso.

Artigo 13º.-Pagamento e xustificación das subvencións.

1. No momento da xustificación da execución do proxecto, e en calquera caso antes do derradeiro pagamento, o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución para un mesmo proxecto das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

2. Unha vez dictada a resolución pola que se conceda a subvención procederase ó pagamento e xustificación da seguinte forma:

2.1. Para aquelas que non superen o importe de 6.012,12 euros poderá anticiparse ata un 80% da contía outorgada, librándose o 20% restante unha vez presentada pola entidade certificación, na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto de axuda. En todo caso, o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida.

2.2. Nos demais casos poderá facerse efectivo o pagamento da axuda do seguinte xeito:

a) Un primeiro prazo do 50% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión.

b) O 50% restante unha vez presentada pola entidade certificación, expedida polo órgano competente, na que se especifique a cantidade exacta do gasto realizado na finalidade obxecto da axuda. En todo caso, o importe do gasto certificado ha de ser igual ou superior á axuda concedida.

3. A entidade receptora deberá presentar antes do 31 de xaneiro do exercicio seguinte, perante a Dirección Xeral de Familia, un balance de ingresos e gastos compresivo de todo o ano natural conforme o anexo III. O cumprimento deste trámite considérase requisito previo para a concesión das subvencións nos exercicios seguintes.

Artigo 14º.-Outras obrigas das entidades subvencionadas.

As entidades subvencionadas deberán cumprir, ademais, as seguintes obrigas:

A) En relación coas solicitudes de novo ingreso para o curso 2003-2004:

a) Facilitarlles unha copia do modelo de solicitude de axudas que figura como anexo VI a esta orde ós solicitantes de praza, co obxecto de que poidan exerce-la opción por unha praza do programa Cheque Infantil en caso de figurar en lista de espera no centro.

b) Remitirlle á delegación provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado, antes do 1 de xuño de 2003, a relación de solicitantes de prazas do centro que se atopen en lista de espera para o curso 2003-2004 e que á súa vez estes optan polo programa Cheque Infantil. A esta relación xuntaranse as solicitudes de axuda do programa Cheque Infantil efectuadas polos solicitantes, segundo o modelo que figura no anexo VI.

B) Remiti-los informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

C) Facilita-la inspección e control dos órganos competentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado respecto dos centros subvencionados.

D) Enviar á delegación provincial correspondente antes do 31 de decembro unha lista detallada de dos nenos/as beneficiarios coas cotas complementarias que aboaron. O cumprimento deste trámite considérase requisito imprescindible para a concesión de novas subvencións.

E) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

F) As entidades que soliciten por primeira vez estas axudas, no caso de resultaren beneficiarias, deberán adapta-los prezos do centro de atención á primeira infancia ó disposto no artigo 8º, no prazo dun mes contado desde a data de notificación da resolución de concesión da axuda.

Artigo 15º.-Reintegro.

Procederá o reintegro, total ou parcial, da subvención ou axuda pública percibida e os xuros de demora devengados desde o momento do seu pagamento, nos casos establecidos no artigo 78.9º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, así como no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión de axudas reguladas nesta orde terá como límite global o crédito asignado nos orzamentos para estes fins. En todo caso, as actuacións que se van subvencionar deberán realizarse dentro do exercicio económico 2003.

Segunda.-Sen prexuízo do disposto no título sexto da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, as entidades beneficiarias destas axudas quedan suxeitas o réxime de infraccións e sancións previsto para esta materia no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a directora xeral de Familia para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude e Voluntariado