Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.234

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relacionan resolucións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Manuel Agis Vidal e outro).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse resolucións de expe

dientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados dende o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3, soto, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Canelas Hidrocarburos Lubricantes, S.L.

CIF: B-36190114.

Obrigado ó pagamento: Manuel Agis Vidal.

NIF: 35312338-R.

Importe: 88.766,35 A.

Zona de Recadación: Pontevedra.

Suxeito pasivo: Pesquera Fonte da Area, S.A.L.

CIF: A-15420144.

Obrigado ó pagamento: Pesquera Laga, S.L.

CIF: B-15616329.

Importe: 1.812,43 A.

Zona de Recadación: A Coruña.