Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.234

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (1109/2001-B).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial, certifico que neste recurso nº 1109/2001, dimanante dos autos do xuízo de cognición 624/2000 do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, se dictou sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva é de teor literal seguinte:

«Sentencia. Audiencia Provincial. Sección Terceira. Maxistrados: Juan Ángel Rodríguez Cardama, presidente. Juan Luis Pía Iglesias. Rafael Jesús Fernández-Porto García. Na Coruña o quince de xaneiro de dous mil dous. Vistos pola Sección Terceira desta audiencia provincial, constituída polos señores que se expresan, estes autos de xuízo de cognición número 646/2000 que ante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número dous da Coruña, nos que é parte apelante Construcciones Ángel Jove, S.L., representado polo procurador Sr. Dorrego Viéitez e baixo a dirección do letrado Sr. López Álvarez e doutra como apelado Aegón Unión Aseguradora S.A., representado polo procurador Sr. Blanco García e baixo a dirección do letrado Sr. González Novo Martínez, versando os autos sobre reclamación de cantidade. Resolvemos que desestimando o recurso de apelación interposto por Construcciones Ángel Jove, S.L. contra a sentencia resolta polo Xulgado de Primeira

Instancia número dous da Coruña, debemos confirmar e confirmámo-la devandita sentencia, con expresa imposición á parte apelante das custas causadas neste recurso».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación á demandada en situación procesual de rebeldía Policor, S.L., expídese e asínase este edicto.

A Coruña, vintedous de xullo de dous mil dous.

O secretario

Rubricado