Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 03 de abril de 2003 Páx. 4.145

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 199/2003, do 27 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 327/1994, do 3 de novembro, polo que se regulan os servicios de automobilismo da Xunta de Galicia.

Os servicios de automobilismo da Xunta de Galicia están regulados no Decreto 327/1994, do 3 de novembro, así como na Orde do 23 de novembro de 1994 que desenvolve o devandito decreto. As citadas disposicións regularon fundamentalmente aspectos organizativos, a través da fixación das distintas unidades administrativas nas que se estructuran os servicios automobilísticos da Xunta de Galicia para unha mellora na súa xestión e organización. O tempo transcorrido desde a aprobación do Decreto 327/1994 e, polo tanto, a experiencia recollida desde o comezo da súa vixencia fan necesario que se proceda á modificación da devandita norma, precisando o ámbito de competencia da Comisión Central de Coordinación de Parques Móbiles precisión que vai contribuír a acadar unha uniformidade no desenvolvemento das súas actividades sobre todo o sector público da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia en sentido amplo e que, ademais de ser acorde coa natureza e composición dese órgano colexiado,

vai contribuír á unha mellora da xestión.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de febreiro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase a letra b) do artigo 4 do Decreto 327/1994, do 3 de novembro, polo que se regulan os servicios de automobilismo da Xunta de Galicia, que queda redactada nos seguintes termos:

«Artigo 4º

b) Emitir informe, previa e preceptivamente, sobre os expedientes de contratación para a adquisición de vehículos promovidos polos seguintes organismos e entidades:

1. Consellerías da Xunta de Galicia, organismos autónomos e entidades de dereito público dependentes dela.

2. Fundacións constituídas maioritariamente ou na súa totalidade por achegas da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, polos seus organismos autónomos ou entidades de dereito público vinculadas ou dependentes ou das que os seus ingre

sos proveñan maioritariamente de subvencións con cargo ós orzamentos da Comunidade Autónoma, sempre que neste último caso a Comunidade Autónoma forme parte dos seus órganos de goberno ou de dirección.

3. Sociedades mercantís, no capital das cales exista participación maioritaria, directa ou indirecta, da Administración da Comunidade Autónoma, dos seus organismos autónomos e das demais entidades de dereito público.

Exceptúase desta previsión a adquisición de vehículos do grupo E referidos no artigo 8. dous do presente decreto».

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública para dictar cantas disposicións sexan necesarias para a execución e desenvolvemento do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de febreiro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública