Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.139

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XENÉTICA FONTAO, S.A.

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2003 polo que se fai pública a convocatoria de proceso selectivo para a cobertura de prazas de persoal laboral fixo no cadro de persoal da Sociedade Xenética Fontao, S.A.

Dando cumprimento ó previsto no artigo 4 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación a sociedade Xenética Fontado, S.A., anuncia a convocatoria de proceso selectivo para a contratación, fixa das tres seguintes prazas pertencentes ó seu cadro de persoal: 1 de veterinario/a; 1 de auxiliar de laboratorio e 1 de oficial de 2ª.

Os ditos postos terán as seguintes funcións principais: veterinario/a: control sanitario dos animais; control dos medios de producción do centro e contrastación seminal; manexo, control e mantemento do banco de seme e das instalacións do centro, control informático das produccións e saídas do seme; manexo, control e desenvolvemento do laboratorio de fecundación in vitro e micromapulación embrionaria; implantación e desenvolvemento dun sistema de aseguramento da calidade no centro, así como as encomendadas polo director de producción. Auxiliar de laboratorio: aplicación de técnicas laboratoriais baseadas na biotecnoloxía do ADN (extracción de ADN a partir de diferentes mostras biolóxicas, técnica da PCR-reacción en cadea de polimerasa-, análise de RFLP-fragmentos de restricción de lonxitude polimórfica-, electroforese en xeles de agarosa e análise de fragmentos mediante electroforese en secuenciador automático de ADN); preparación do seme para envasamento, rotulación e envasamento de

palletas de seme; saídas do banco de seme; informatización e control de datos de producción e saídas de seme; coidado do banco de seme; funcións administrativas auxiliares do centro; así como as encomendadas polo director de producción. Oficial de 2ª: coidado, limpeza, alimentación e traslado dos animais e manipulación no salto; coidado do predio; así como as que lle sexan encomendadas polo director de producción.

O proceso selectivo axustarase ás seguintes bases da convocatoria:

1. Requisitos dos aspirantes: 1.1. Veterinario: titulación oficial de licenciado/a en veterinaria. 1.2. Auxiliar de laboratorio: titulación académica: 1.2.1. FP1 (rama química, profesión operador de laboratorio ou operador de planta) ou 1.2.2. graduado escolar, FP1 ou equivalente. Experiencia: soamente para o punto 1.2.2., ademais da titulación requírense dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. 1.3. Oficial 2ª 1.3.1. FP1 (rama agraria) ou 1.3.2. graduado escolar, FP1 ou equivalente. Experiencia: soamente para o punto 1.3.2., ademais da titulación, requírense dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada.

2. Méritos valorables: 2.1. Currículo. 2.2. Experiencia en centros de escolma e reproducción animal e 2.3. Coñecemento da lingua galega.

3. Solicitudes: 3.1. Para tomar parte nas probas de selección, deberase presentar unha solicitude, dirixida á Secretaría de Xenética de Fontao, S.A., indicando expresamente a praza á que opta, xunto coa seguinte documentación: 3.1.1. Fotocopia do documento nacional de identidade; 3.1.2. Fotografía tamaño carné; 3.1.3. Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e a experiencia, se é o caso, esixida, así como os méritos que se van valorar; 3.1.4. 3.2. As solicitudes faranse chegar a Xenética de Fontao, S.A., ó enderezo seguinte: Fontao-Esperante, apartado 128-Lugo (CP 27080). 3.3. O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) das naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. 3.4. Esgotado o prazo de presentación de solicitudes, as comisión de selección publicará nos taboleiros de anuncios de Xenética de Fontao, S.A., en Fontao-Esperante (Lugo), a lista previa de admitidos e excluídos ó

proceso selectivo, establecéndose un prazo de cinco (5) días naturais para que, se é o caso, os interesados poidan corrixi-los posibles erros emendables. 3.5. Transcorrido o prazo sinalado na base 3.4. publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo, estableceranse as puntuacións correspondentes á valoración dos méritos, e sinalarase o lugar, a data e a hora na que comezarán as probas de selección. A primeira proba realizarase transcorrido un prazo mínimo dun mes desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. 3.6. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicionada das bases da convocatoria.

4. Comisión de selección. 4.1. O proceso selectivo será efectuado por unha comisión de selección, integrada polo director xeral de Producción e Sanidade Apropecuaria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, ou subdirector xeral en quen delegue, como presidente; un funcionario do corpo superior de Administración xeral, licen

ciado en dereito, como secretario, e un membro do Consello de Administración ou o director de producción de Xenética de Fontao, S.A., como vocal. O secretario será designado polo director do Fondo Galego de Garantía Agraria e o vocal polo Consello de Administración de Xenética de Fontao, S.A., que poderán nomear, se ó o caso, as persoas que os substitúan, en representación, respectivamente, do Fogga e da sociedade. 4.2. A comisión de selección resolverá cantas dúbidas xurdan no desenvolvemento do proceso selectivo, con suxeición á normativa vixente e ó previsto nas presentes bases da convocatoria.

5. Probas de selección. Establécense dúas probas de selección. 5.1. Unha, de carácter teórico-práctico, sobre os coñecementos específicos para cada posto. 5.2. Outra, consistente nunha entrevista persoal, sobre os coñecementos dos aspirantes e a súa adecuación ós postos de traballo. 5.3. Os aspirantes terán que acudir ás probas provistas do documento nacional de identidade. 5.4. Efectuada a proba teórico-práctica, a comisión de selección publicará nos taboleiros de anuncios sinalados na base 3.4. as puntuacións de tódolos aspirantes, e establecerá o lugar, a data e a hora para que, os que superaron a dita proba, efectúen a entrevista persoal.

6. Baremo de puntuación. 6.6. Os méritos ós que se refiere a base 2 puntuaranse cun máximo de dez (10) puntos. 6.2. A proba téorico-práctica á que se refire a base 5.1 terá unha puntuación máxima de dez (10) puntos, e para que se entenda superada é necesario acadar un mínimo de cinco (5) puntos. De non obte-la dita puntuación mínima os aspirantes non poderán acceder á entrevista persoal. 6.3. A entrevista persoal (base 5.2.) puntuarase cun máximo de dez (10) puntos.

7. Selección dos candidatos. 7.1. Seleccionaranse os candidatos que obteñan a maior puntuación final, logo da suma das puntuacións parciais obtidas na fase de méritos e nas probas de selección. 7.2. A comisión de selección proporalle ó Consello de Administración de Xenética de Fontao, S.A. o nomeamento dos candidatos seleccionados, que procederá a autoriza-las correspondentes contratacións.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2003.

Miguel Fernández Rodríguez

Presidente do Consello de Administración