Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.138

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 24 de febreiro de 2003, da Dependencia Especial de Navarra, de notificación de providencia de constrinximento.

Polo presente edicto, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a seguir se insire, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros da Administración tributaria ou que alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións as persoas que a lexislación autoriza para se faceren cargo delas, fáiselles saber que:

Notifícaselles ó/ós debedor/es, conforme o artigo 103 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro) que, ó non ser satisfeita a débeda de referencia no prazo de ingreso en período voluntario en virtude do establecido no artigo 127 da Lei xeral tributaria, o órgano competente arriba indicado acordou:

«En uso das facultades que me confiren os artigos 100 e 106 do Regulamento xeral de recadación, liquido a recarga de constrinximento polo 20% do importe da débeda pendente e dicto providencia de constrinximento para que se proceda executivamente contra o patrimonio ou garantías do/s debedor/es, no caso de non se produci-lo ingreso nos prazos sinalados no artigo 108 do citado regulamento».

Datos do contribuínte: 44812148-Y.

Caldelas Vidal, Francisco.

r/ Santa Bárbara, 9, 3, Corella.

Concepto: sanción.

Descrición: exp.: 2000/C-9.

Obx. trib.: Xustiza, Inter. e.

Clave liquidación: C1100002150050419.

Importe: 721,22.

D. prov. constr.: 14-1-2003.

Recursos.

Recurso de reposición ante o órgano que dictou a providencia de constrinximento, no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó da recepción desta notificación ou reclamación económico-administrativa, ante o tribunal competente da dita xurisdicción, no mesmo prazo, sen se poderen simultanear ámbolos recursos. A resolución das reclamacións económico-administrativas corresponderalles ós órganos económico-administrativos da Comunidade Autónoma.

Motivos de impugnación.

O procedemento de constrinximento poderá impugnarse polos seguintes motivos (artigo 138.1º da Lei xeral tributaria e artigo 99.1º do Regulamento xeral de recadación).

-Pagamento ou extinción da débeda.

-Prescrición.

-Aprazamento.

-Falta de notificación da liquidación ou anulación ou suspensión desta.

-Defecto formal no título expedido para a execución.

Suspensión do procedemento.

O procedemento de constrinximento, aínda que se interpoña recurso, soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados no artigo 101 do Regulamento xeral de recadación (R.D. 1684/1990, do 20 de decembro).

Solicitude de aprazamento.

Conforme establece o artigo 48 do Regulamento xeral de recadación, poderase aprazar ou fracciona-lo pagamento das débedas en período executivo.

A presentación das solicitudes de aprazamento ou fraccionamento efectuarase na delegación ou administracións da AEAT do territorio no que se deba efectua-lo pagamento.

Lugar de pagamento.

Na entidade que presta o servicio de caixa da Delegacion Administración da AEAT.

Xuros de demora.

As cantidades debidas, excluída a recarga de constrinximento, devengarán xuros de demora desde o día seguinte ó do vencemento da débeda en período voluntario ata a data do seu ingreso. O tipo de xuro fixarase de acordo co establecido noa artigos 58 da Lei xeral tributaria e 36 da Lei xeral orzamentaria, segundo se trate de débedas tributarias ou non tributarias respectivamente.

Custas.

No caso de se produciren custas no procedemento, a Administración repercutiralle o seu importe ó debedor, conforme o establecido nos artigos 153 e 157 do Regulamento xeral de recadación.

Prazos para efectua-lo ingreso.

(Artigo 108 do Regulamento xeral de recadación).

a) Recibida a notificación entres os días 1 e 15 de cada mes, ata o 20 do dito mes, ou inmediato hábil seguinte.

b) Recibida a notificación entre os días 16 e derradeiro de cada mes, ata o 5 do mes seguinte, ou inmediato hábil posterior.

Comparecencia do interesado.

Queda advertido o debedor de que pode comparecer, por sí mesmo ou por medio de representante, no expediente executivo que se lle segue. Transcorridos oito días desde a publicación deste anuncio sen comparece-lo interesado, teráselle por notificado de tódalas sucesivas dilixencias ata que remate a substanciación do procedemento, sen prexuízo do dereito que o asiste a comparecer.

Pamplona, 24 de febreiro de 2003.

Juan Antonio Moral Revilla

Xefe da Delegación Especial de Navarra