Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

EDICTO.

De acordo co prego de cláusulas económico-administrativas aprobado pola Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día dezasete de decembro do dous mil dous, convócase a seguinte licitación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sarria.

b) Dependencia que tramia o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

As obras comprendidas no proxecto de dotación de servicios en rúa transversal a rúa Calvo Sotelo e camiño de Mendros.

Tipo de licitación. 59.576,88 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Sarria.

b) Domicilio: rúa Maior, 14.

c) Localidade e código postal: 27600, Sarria.

d) Teléfono: 982 53 50 00.

e) Fax: 982 53 09 16.

7. Data límite de obtención de documentación e información.

Ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de proposicións: vinteseis (26) días naturais, contados a partir do día seguinte á derradeira publicación da licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que integrará as ofertas: a especificada nos pregos de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Sarria, rúa Maior, 14; 27600 Sarria.

9. Apertura das ofertas.

O terceiro día hábil seguinte ó da celebración do acto de calificación da documentación que se celebrará á súa vez o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións (agás que coincidise en sábado), ás trece trinta horas, na casa do concello, rúa Maior, 14.

10. Gastos de anuncios.

Correrán a cargo do contratista adxudicatario e ascenderán á cantidade total de 331,13 euros.

Sarria, 24 de febreiro de 2003.

Claudio Melquiades Garrido Martínez

Alcalde