Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.135

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno, en sesión do 27 de xaneiro de 2003, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono único do Plan parcial do solo urbanizable programado número 6 (SUP-6) de Santa Marta, redactado por Emuvissa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio. Alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do Concello, no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2003.

Luis Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo