Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o modificado do proxecto de L.M.T, C.T. e R.B.T. de Monte, Serra, Rente e Sabenche. (Expediente 25/2001 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. A Coruña.

Denominación: modificado do proxecto L.M.T., C.T., R.B.T., Monte, Serra, Rente e Sabenche.

Situación: Sarria.

Características técnicas:

-Liña de media tensión aérea o C.T. de Serra, cunha tensión nominal e de servicio de 20 kV, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Sabenche e remate no C.T. de Serra, cunha lonxitude de 0,938 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e 8 apoios de formigón.

-Liña de baixa tensión aérea do C.T. de Serra, con orixe no C.T. de Serra, lonxitude de 1,64 km e 21 apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo modificado do proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos minis

terios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 14 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL