Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica L.M.T. á minicentral de Horta, no concello de Becerreá. (Expediente 15/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, e título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorizacións de instalcións de enerxía eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

-Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Finalidade: interconexión da minicentral eléctrica de Horta á rede de media tensión e mellora da subministración eléctrica na zona.

-Características técnicas principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Cervantes e remate na minicentral de Horta de 252 metros de lonxitude a 20 kV, sobre apoios metálicos en conductor LA-56.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da Lei 54/1997, e no capítulo V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poida examinarse o proxecto de instalacións, nesta delegación provincial (edificio administrativo-Ronda Muralla, 70,

Lugo) e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de vinte días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que estimen oportuno, podendo corrixi-los erros que se encontren ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 14 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 15/2001Provincia: Lugo

L.M.T. a minicentral de HortaConcello: Becerreá

ApoioVoo

predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

EnderezoNºmmlm

1CanceladaPradoManuel Rodríguez ValiñoAvda. Quiroga, 15

27640 Becerreá (Lugo)

25250