Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 02 de abril de 2003 Páx. 4.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia, convocado pola Orde do 6 de febreiro de 2003.

O Decreto 288/1994, de 30 de setembro, (modificado no seu artigo 5 polo Decreto 286/1995, do 19 de outubro) polo que se crea o Premio das Letras e das Artes de Galicia, dispón no seu artigo 4 (publicada corrección de erros no DOG nº 13, do 19 de xaneiro) a composición do xurado do premio mediante proposta das institucións citadas na devandita disposición.

En cumprimento do citado artigo cómpre proceder ó nomeamento dos membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia. Na súa virtude,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear presidente e membros do xurado do Premio das Letras e das Artes de Galicia as seguintes persoas:

1. Presidente: José López Calo, por delegación do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

2. Vocais:

Ramón Castromil Ventureira, proposto polo Consello da Cultura Galega.

Xosé Ramón Barreiro Fernández, proposto pola Real Academia Galega.

Luis Iglesias Feijoo, proposto pola Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Recuero Astray, proposto pola Universidade da Coruña.

Jesús Hernández Sánchez, proposto pola Universidade de Vigo.

Ramón Otero Núñez, proposto pola Real Academia de Belas Artes A Nosa Señora do Rosario.

Agustín Sixto Seco, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

José Manuel García Iglesias, nomeado polo conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

3. Secretaria: Mª del Carmen García Campelo, directora xeral de Promoción Cultural.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL