Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso público aberto e tramitación urxente, para a contratación de asistencia técnica de deseño de imaxe de soportes para difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Instituto Galego de Promoción Económica (C.P. 5/2003).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica de deseño de imaxe de soportes para difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección de Servicios Xurídicos.

c) Número de expediente: C.P. 5/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica de deseño de imaxe de soportes para difusión e publicidade do marco regulador das axudas, actividades e servicios do Igape de acordo coas especificacións dos pregos de prescricións técnicas. (CNPA 22.15)

b) Prazo de vixencia: un ano prorrogable por acordo expreso das partes por outro ano máis.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 60.000 A IVE incluído, dos que 30.000 A IVE incluído, corresponden ó ano de vixencia inicial da contratación, e outros 30.000 A IVE incluído, ó ano de posible prórroga do contrato.

5. Garantía provisional: 1.200 A.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: contar con suficiente solvencia económica e medios para a execución do contrato, o que se acreditará coa documentación especificada na letra C da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás 14 horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir este en sábado ou domingo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

En sobre pechado e selado, e dentro do prazo sinalado, presentaranse en:

1. Entidade: Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica.

2. Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

Ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, télex, telegrama ou e-mail conforme ó previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, que deber ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data de imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

e) Admisión de variantes: non se admiten

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: no Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

b) Domicilio: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d)Data: en acto público, o décimo día hábil seguinte do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das proposicións técnicas e económicas.

e) Hora: 12.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: 1.300 A máximo, serán por conta do adxudicatario.

12. Páxina web onde figuran as informacións relativas á convocatoria ou onde poidan obter-los pregos: www.xunta.es/contratacion.

En Santiago de Compostela o 19 de marzo de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica