Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 26 de febreiro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona acordo de devolución de ingresos duplicados ou excesivos de natureza tributaria pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Logui Service, S.L.).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria, pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra, en aplicación do artigo 127 da Lei 25/1995, do 20 de xullo, de reforma parcial da lei xeral tributaria, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos duplicados ou excesivos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de febreiro de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Logui Service, S.L.

NIF: B78064391.

r/ Glorieta López de Hoyos, 5, Madrid.

Procedemento: expediente devolución O.L. Cambados.

Expediente: T-787/2002.