Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2003, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se emprazan as persoas interesadas nos recursos contencioso-administrativos 0001299/2002, interposto polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, e 0001323/2002, interposto polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense.

A Inspección Xeral de Servicios recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admiten a trámite os recursos contencioso-administrativos número 0001299/2002, interposto polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra, e número 0001323/2002, interposto polo Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 26 de xullo de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2002, sobre modificación da relación de postos de traballo dos servicios veterinarios oficiais de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, esta inspección xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazdas para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2003.

Jaime Bouzada Romero

Inspector xeral de Servicios