Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.044

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (151/2002).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, certifico que nos autos de xuízo de separación que neste xulgado se seguen baixo o número 151/2002 se dic

tou sentencia que ten o encabezamento e decisión xudicial do teor literal seguinte:

«Sentencia número 108/2002.

En Negreira, 26 de novembro de 2002.

Vistos por min, Luis Aláez Legerén, os presentes autos de separación matrimonial, promovidos por instancia de Dolores Blanco Calvelo, representada polo procurador José Andrade Suárez e asistida polo letrado Germán Rodríguez Conchado, contra Ramón Mouro Mouro, en situación procesual de rebeldía, e no que interveu o Ministerio Fiscal.

Decido que, estimada a demandada declaro a separación do matrimonio formado por Dolores Blanco Calvelo e Ramón Mouro Mouro, acordando as seguintes medidas: 1ª A filla do matrimonio, Silvia, quedará baixo a garda e custodia da súa nai. 2ª O réxime de visitas e estancia co seu pai queda a vontade da filla. 3ª A contribución que o esposo lle aboará como pensión alimenticia a favor da súa filla fixarase unha vez que sexan coñecidos os medios de vida dos que dispón aquel. 4ª A disolución do réxime económico do matrimonio unha vez firme esta resolución. Todo iso sen facer expresa condena en custas.

Contra esta sentencia poderase preparar recurso de apelación neste xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación para ante a Audiencia Provincial da Coruña. Unha vez firme esta resolución, comuníqueselles ó rexistro civil correspondente. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación ós autos de que dimana, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Ramón Mouro Mouro, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o dous de decembro de dous mil dous.

Rubricado