Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.033

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 28 de febreiro de 2003 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 52, do venres 14 de marzo de 2003, é necesario efectua-las seguintes rectificacións:

Na base común 2, punto 2.2.1 b), onde di: «Están dispensados deste requisito os aspirantes que posúan o título de mestres, diplomados en profesorado...», debe dicir: «Están dispensados deste requisito os aspirantes que posúan o curso de aptitude pedagóxica, o título de mestres, diplomados en profesorado...».

No anexo VII, disciplina Procesos en medios de comunicación, anúlase a redacción anterior e debe dicir: «A proba práctica consistirá na realización de: -Unha análise técnica e un comentario crítico sobre un audiovisual proposto polo tribunal. -Guionización, preproducción, posta en escena e organización dun producto audiovisual ou espectáculo. -Elaboración e tratamento de imaxes e sons en soporte electrónico e fotoquímico».