Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.030

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 9, do 15 de xaneiro de 2003, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo administrativo da Administración da Xunta de Galicia (grupo C), escala tecnica auxiliar de informática

Titular:

Presidente: Jesús Mediavilla Cañibano, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

Manuel Mauro Fernández Dobouza, funcionario da Xunta de Galicia.

Esteban García Martín, profesor titular da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Francisco Neves Becerra, en representación das organizacións sindicais.

Secretario: Juan José Docampo Regengo, funcionario da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidente: Ricardo A. Reboredo Vázquez, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

Mª Teresa González Díaz, funcionaria da Xunta de Galicia.

Alfonso Ruipérez Puente, profesor titular da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Xermán Domínguez Pardo, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Ana Pedrosa Castillo, funcionaria da Xunta de Galicia.