Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 01 de abril de 2003 Páx. 4.029

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 21 de marzo de 2003 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, publicada no Diario Oficial de Galicia número 250, do 27 de decembro, corrección de erros no Diario Oficial de Galicia número 251, do 30 de decembro e número 9 do 15 de xaneiro de 2003, e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

O número e composición do tribunal que deberá cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática, será o que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala de xestión de sistemas de informática

Titular:

Presidente: Enrique Paseiro Pardal, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

José Manuel Fidalgo Fernández, funcionario da Xunta de Galicia.

Juan Ares Casal, profesor da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Arturo Reguera López, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Mª Isabel Caramés González, funcionaria da Xunta de Galicia.

Suplente:

Presidente: Alfonso Blasco García, funcionario da Xunta de Galicia.

Vocais:

Francisco Nicolás Fernández Cortés, funcionario da Xunta de Galicia.

Rafael García Vázquez, catedrático da Área de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña, en representación da Escola Galega da Administración Pública.

Emilio Crespo Correa, en representación das organizacións sindicais.

Secretaria: Manuela Rego Romero, funcionaria da Xunta de Galicia.