Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra do edificio multiusos no Centro Infantil Príncipe Felipe.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da dita obra por importe de 300.457,86 A, IVE incluído.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupos 1, 2, 3, 4, 6, 7, 8, e 9, categoría b.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do segundo día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de marzo de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A.

(CEEI GALICIA, S.A.)