Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CENTRO EUROPEO DE EMPRESAS E INNOVACIÓN DE GALICIA, S.A. (CEEI GALICIA, S.A.)

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto e tramitación de urxencia, dos servicios de maquetación e publicación de material promocional da área de em-

prendedores do Centro Europeo de Em-

presas e Innovación de Galicia, S.A. (EM/EIP/2003/01-02-03-04-05).

Por acordo do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. apróbase a licitación, por procedemento aberto, tramitación urxente e adxudicación por concurso, da seguinte contratación:

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicios de maquetación e publicación de material promocional da área de emprendedores.

b) División por lotes e número:

-Lote 1: memorias 2002. 7 publicacións de 32 páxinas. Tamaño 17 x 24 cm. Maquetación e arte final de contido e portada. 2.625 A.

Lote 2: memorias 2002. 7 publicacións de 32 páxinas. Tamaño 17x24 cm. Edición, almacenamento e envíos. 30.975 A.

Lote 3: pequenas maquetacións. Traballos tipo: maquetación de publicacións de 24 páxinas, 48 páxinas e 300 páxinas. Follas de traballo xogos de 15 páxinas. Dípticos A5 (plegado A4). Folletos publicitarios de 20 páxinas tamaño A4. 6.000 A.

Lote 4: portada publicacións guías-ilustración. 100 xogos de portadas composto por portada exterior A3 e portada interior A4. 20.000 A.

Lote 5: cartelería-edición dípticos e carteis, 3 publicacións diferentes. Edición, almacenamento e envíos. 7.135 A.

2. Orzamento base de licitación: importe máximo total: 66.735 euros, IVE incluído.

3. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación para cada lote ó que se presente oferta.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: C.E.E.I. Galicia, S.A.

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, edificio Igape, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 68 23.

e) Telefax: 981 54 68 32.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-la data de finalización do prazo en día inhábil, entenderase prorrogado o prazo ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos que rexen o presente procedemento.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: C.E.E.I. Galicia, S.A.

2º Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, edificio Igape, 3ª planta.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

6. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios do presente procedemento serán por conta das adxudicatarias.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.

Carlos Pérez de Vega

Apoderado do Centro Europeo de Empresas

e Innovación de Galicia, S.A.