Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.987

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 25 de febreiro de 2003, aprobou o expediente de contratación do servicio de mantemento, conservación e reparacións ordinarias da iluminación pública e instalacións eléctricas do Concello de Moeche e a iniciación do correspondente expediente de licitación mediante concurso con procedemento aberto e tramitación urxente. De conformidade co artigo 78 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas anúnciase o correspondente concurso coas seguintes características:

1. Entidade adxudicadora e datos para a obtención de información:

Organismo: Concello de Moeche.

Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: mantemento, conservación e reparacións ordinarias da iluminación pública e instalacións eléctricas do Concello de Moeche.

Lugar de execución: termo municipal de Moeche.

Duración do contrato: dous anos prorrogables ata un máximo de catro anos.

3. Procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 30.000 A/anuais IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación 600 A.

6. Obtención de información.

Entidade: Concello de Moeche.

Domicilio: San Ramón s/n.

Localidade: Moeche (A Coruña).

Teléfono: 981 40 40 06.

7. Requisitos específicos do contratista: ningún.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: 13 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio (BOP ou DOG).

Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións.

Lugar de presentación: Secretaría Xeral do Concello de Moeche.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: Concello de Moeche.

Data e hora: ás 12 horas do 5 día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, excluídos os sábados.

Moeche, 26 de febreiro de 2003.

Xulio Cribeiro García

Alcalde