Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MELIDE

CONCURSO con procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Melide.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 1C/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto.

Proxecto básico e de execución: para a pavimentación e dotación de servicios en: rúa e praza do Pozo Pequeno, rúa Doutor Alberto Lafuente, rúa e praza Ichoas.

b) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso. Os criterios de adxudicación e de valoración serán os da Deputación Provincial da Coruña, contidos na cláusula 15.3.2 do prego-tipo de cláusulas administrativas particulares que terán que rexer para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans provinciais, aprobado polo Pleno da Corporación Provincial en sesión celebrada o 15 de xullo de 2002 e publicado no BOP número 182, do 9 de agosto de 2002.

4. Orzamento base de licitación.

304.695,76 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Melide.

b) Enderezo: praza do Convento, nº 5.

c) Localidade e código postal: Melide, 15800 (A Coruña).

d) Teléfono: 981 50 50 03.

e) Fax: 981 50 62 03.

f) Correo electrónico: josecarmelo.sanchez*melide.dicoruna.es

g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación.

Grupo E (obras hidráulicas), subgrupo 7, categoría a-Anualidade ' 60.101 euros.

Grupo G (viais e pistas), subgrupo 6, categoría c-Anualidade entre 120.202 e 360.607 euros.

8. Presentación de proposicións.

a) Prazo: trece días naturais (13), contados a partir da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, rematando, para a presentación nas oficinas municipais, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12 do devandito prego-tipo.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada de Documentos do Concello de Melide.

9. Apertura de ofertas.

a) Lugar: Casa do Concello de Melide.

b) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. Se ese fose sábado, sería o luns seguinte.

c) Hora: ás 18.30 horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos de publicación de tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Melide, 19 de febreiro de 2002.

Miguel R. Pampín Rúa

Alcalde