Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 31 de marzo de 2003 Páx. 3.976

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se fai pública a modificación da declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Farelo, nos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, faise pública a Resolución do 14 de xaneiro de 2003 da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do proxecto de Parque Eólico Farelo, no concellos de Antas de Ulla (Lugo) Agolada e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Elecnor, S.A., que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Con data 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do parque eólico de referencia, modificada posteriormente por Resolución do 27 de agosto de 2002.

Mediante escrito con data de entrada na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 19 de xuño de 2002, o promotor solicitou declaración de utilidade pública, autorización administrativa e aprobación do proxecto modificado do Parque Eólico Farelo, que xunto cos denominados Monte Cabeza, Chantada e Penas Grandes constitúen o aproveitamento eólico integral das serras do Faro e Farelo, promovido por Elecnor, S.A.

A modificación do proxecto consiste por unha banda no cambio de modelo de aeroxerador, que pasa de ter unha potencia unitaria de 1.300 kW a 1.600 kW (cambio que tamén se produce nos outros tres parques deste aproveitamento), e por outra a eliminación de 20 aeroxeradores (FA-3, FA-4 e FA-21 a FA-38, co que o parque quedaría constituído por 18 máquinas), co obxecto de non supera-la potencia total asignada ó conxunto dos catro parques eólicos. A potencia total instalada no parque de Farelo pasaría de 49,4 a 28,8 MW.

Agás a dita eliminación de aeroxeradores, para o resto da planta do parque non se atoparon modificacións en relación ás xa informadas favorablemente por esta dirección xeral no oficio de data de saída 29 de agosto de 2002, e recollidas na resolución desta dirección xeral de data 27 de agosto de 2002, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do referido parque eólico.

O proxecto modificado foi sometido polo órgano substantivo a información pública mediante Resolución do 6 de setembro de 2002, publicada no Dia

rio Oficial de Galicia con data 30 de setembro de 2002.

Recibido informe da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas sobre os resultados do trámite de información pública, así como tendo en conta a mencionada Resolución do 27 de agosto de 2002 e o indicado no oficio desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de data 14 de xaneiro de 2002, e non concorrendo outras circunstancias para efectos ambientais, resulta necesario proceder novamente á modificación da DIA do parque, co obxecto de reflecti-lo ámbito resultante do dito proxecto modificado.

En consecuencia, esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente resolución a modificación da DIA do Parque Eólico Farelo nos termos que a continuación se indican:

1. En relación á Resolución do 18 de decembro de 2001, pola que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto do Parque Eólico Farelo, o primeiro parágrafo do punto 1.-Ámbito da declaración, substitúese polo seguinte:

A presente declaración refírese en exclusiva ó proxecto denominado Parque Eólico Farelo. Proyecto modificado, que consiste na instalación e explotación dun parque eólico de 28,8 MW de potencia total nos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra), constituído por 18 aeroxeradores de 1.600 kW de potencia unitaria, dispostos en varias aliñacións na Serra do Farelo, dentro do polígono definido polas seguintes coordenadas UTM.

2. En relación coa Resolución do 27 de agosto de 2002, pola que se modifica a declaración de impacto ambiental do dito parque, introdúcense as seguintes modificacións:

2.1. O punto 1 queda redactado nos seguintes termos:

«A localización dos aeroxeradores e infraestructura asociada ó parque eólico será a que se recolle nos planos P.E. Farelo. Detalle de infraestructuras. Data: Abr/02. Planos FA-OC-01-1, 2, 3 e 4 a escala 1:4.000, incluídos na Documentación adicional ó estudio de impacto ambiental. Maio 2002», agás para o referente ós aeroxeradores FA-3, FA-4 e FA-21 a FA-38, que quedan excluídos no proxecto modificado.

2.2. O punto 2 queda redactado nos seguintes termos:

As coordenadas UTM dos 18 aeroxeradores previstos son as seguintes».

2.3. Da táboa de coordenadas UTM dos aeroxeradores que figura no punto 3, exclúense as correspondentes ós 20 aeroxeradores que non se instalarán: FA-3, FA-4 e FA-21 a FA-38, ámbolos dous inclusive.