Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: contratación de asistencia técnica consistente na execución do proxecto PERSO*, coa finalidade de capacita-los participantes para encontrar emprego ou crea-la súa propia empresa.

Tipo de licitación: 137.200 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: os traballos iniciaranse coa sinatura do contrato e rematarán o 10 de marzo de 2004.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 982 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 6.2º do prego de cláusulas administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 2.744 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde