Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

APROBACIÓN definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana das avenidas Eduardo Pondal e José Malvar Figueroa, con requirimento a propietarios non adheridos ó sistema de xestión desta unidade de actuación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 13-1-2003, acordou aprobar definitivamente o proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de execución 18 do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU), polígono sito entre as avdas. Eduardo Pondal e José Malvar Figueroa, e formulado o citado proxecto polas entidades mercantís Construcuatro, S.A., Lagar de Saín, S.A., Inmobiliaria Nino Mirón, S.L., José Manuel Otero

Rey e Francisco Mariño Barreiro como propietarios que representan máis do 50% da superficie dos terreos que conforman a citada unidade de actuación; así mesmo, acordou requirirlles ós propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, no prazo de tres meses desde a firmeza en vía administrativa do acto de aprobación de estatutos e bases, do que o texto definitivo é o presentado no rexistro deste Concello o 12-11-2002 con número de asento 31.132/2002.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo adoptado, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º da Lei 30/1992, podéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados consideren procedente consonte a dereito.

Pontevedra, 11 de febreiro de 2003.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral