Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por Decreto de Alcaldía, do 19-3-2003, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares que deberá rexer para a contratación mediante concurso, con procedemento aberto urxente, da subministración de 370 contedores, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no

DOG, no BOP ou prensa, para que se poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Importe de licitación: 55.826,20 euros.

Prazo de subministración: tres (3) semanas.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 13.30 horas do sexto día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas; no caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación. Presentaranse no rexistro xeral da corporación, das 9 ás 14 horas (sábados das 9 ás 13 horas), dentro do prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación. Presentarase en dous sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 19 de marzo de 2003.

Manuel Varela Rey

Alcalde