Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por decreto de alcaldía nº 128/2003, con data do 25 de febreiro de 2003, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización promovido por Óscar Fondevila Taboada, en representación de Rías de Bergondo, S.A., para realizar no predio sito en Carrio, parroquia de Bergondo, neste concello (correspondente ó estudio de detalle aprobado polo Concello Pleno en data do 10 de maio de 2001), que comprende as obras de: «a)

Pavimentación de calzada e beirarrúas. b) Execución de rede de saneamento con sistema separativo de pluviais e fecais. c) Execución de rede de abastecemento de auga. d) Execución de rede de enerxía eléctrica. e) Execución de rede de luz pública. f) Execución de instalacións de telefonía», segundo o proxecto técnico redactado polo arquitecto Valentín Souto García, e promovido por Óscar Fondevila Taboada, en representación de Rías de Bergondo, S.A., para realizar no predio en Carrio, parroquia de Bergondo, neste concello.

Segundo.-Antes do inicio das obras de urbanización deberase dar conta ós servicios técnicos municipais para os efectos da comprobación do replanteo delas.

As características e puntos de conexión dos servicios de subministración de auga, saneamento, electricidade e telefonía deberán coordinarse coas empresas subministradoras.

Terceiro.-Publica-lo presente acordo no BOP e no DOG e notificalo ós interesados en forma legal.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribuna Superior de Xustiza de Galicia; de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa no prazo de dous meses a contar do día seguinte ó da publicación do presente acordo. Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que dictou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, a contar do día seguinte ó da devandita publicación.

Tamén se poderá interpoñe-lo recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2º do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 26 de febreiro de 2003.

José Fernandez Ramos

Alcalde-presidente