Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 28 de marzo de 2003 Páx. 3.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., no expediente de dilixencias previas 9/2002.

A Delegación Provincial de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 9/2002, seguidas en virtude de denuncia formulada por José Antonio Prieto Pérez como propietario da vivenda 4º B da rúa Carril das Flores, 34 de Lugo, contra a promotora inmobiliaria Carril Flores, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na referida vivenda.

As obras de reparación que se van realizar son as necesarias para emenda-las deficiencias observadas, consistentes en:

-Os rodapés do sollado de madeira presentan manchas de humidade en toda a vivenda.

-Condensación en dormitorios, no cerramento exterior.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión de proxecto e orzamento

a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 18 de febreiro de 2003.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo